Dinámica do Relevo Terrestre e Procesos Xeolóxicos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 4,31 KB
O Relevo e o Ciclo Xeolóxico
O relevo é o conxunto de formas da codia terrestre que se modifica co tempo por procesos xeolóxicos internos e externos, relacionados no ciclo xeolóxico (proceso continuo que describe a evolución e transformación da Terra). Os axentes xeolóxicos son os que orixinan os procesos xeolóxicos e poden ser internos ou externos.
A Paisaxe
A paisaxe defínese como a extensión do terreo que se pode observar, formada por elementos de carácter obxectivo e subxectivo.
Procesos Xeolóxicos Internos
Os procesos xeolóxicos internos son resultado da enerxía interna da Terra que se orixina debido ás variacións de temperatura entre capas do planeta, que crean fluxos de magma chamados correntes de convección. Estas provocan o movemento do magma no interior do planeta, o que ocasiona o desprazamento, choque ou separación das placas litosféricas. Estes procesos dan lugar á creación de estruturas do relevo.
Procesos Xeolóxicos Externos
Os procesos xeolóxicos externos modifican o relevo debido á acción da auga, vento, xeo ou seres vivos, o que desencadea nos procesos de meteorización, erosión, transporte e sedimentación. Estes procesos teñen un papel crucial na modificación e destrución do relevo terrestre. Son impulsados pola enerxía solar, que quenta a superficie terrestre e contribúe na transformación do relevo, ou pola enerxía gravitacional, que actúa como unha forza constante e inflúe na redistribución de materiais.
A Modificación do Relevo por Axentes Internos
As placas tectónicas ou litosféricas interactúan entre elas, o que ocasiona fenómenos que dan lugar á formación de novas estruturas no relevo como:
- Montañas e cordilleiras: o choque de placas tectónicas levanta grandes cadeas montañosas.
- Fallas e pregues: cando as tensións internas xeradas polo movemento de placas tectónicas causan rupturas e deformacións na cortiza terrestre.
- Volcáns: cando as placas litosféricas se separan permitindo que o magma ascenda desde a astenosfera e salga á superficie durante unha erupción. Ocorre na litosfera onde a acumulación de lava e cinzas dá lugar a estruturas volcánicas.
- Fosas oceánicas: cando unha placa tectónica afúndese baixo outra nun proceso chamado subducción. Este movemento xera profundas depresións no fondo mariño. Estas fosas son características dos límites converxentes de placas.
No movemento das placas tectónicas, as rochas sométense a altas presións e temperaturas, o que provoca o proceso de metamorfismo e a formación de rochas metamórficas. Este proceso transforma rochas preexistentes e xera rochas metamórficas nas que as propiedades físicas e químicas das rochas cambian.
A Modificación do Relevo por Axentes Externos
Os procesos xeolóxicos externos son fenómenos naturais que actúan na superficie terrestre, contribuíndo á modelaxe e transformación do relevo. Xéranse por xeo, mar, augas superficiais, augas subterráneas, vento e seres vivos, e desencadean procesos xeolóxicos:
Meteorización
A meteorización é o proceso natural no que rochas e minerais se descompoñen e desintegran debido a axentes atmosféricos e ambientais. Os fragmentos de rocha resultante son clastos.
Tipos de meteorización:
- Meteorización química: proceso que altera a composición química dos minerais, provocando disgregación e fragmentación. Os procesos químicos son:
- Carbonatación: reacción química da acción do dióxido de carbono disolto na auga sobre as rochas.
- Oxidación: reacción na que o osíxeno da auga se combina con elementos dos minerais (oxidándoos). O resultado é que o ton da rocha vira a avermellado pola oxidación do ferro.
- Meteorización física ou mecánica: fragmentación sen modificar a súa composición mineralóxica debido a