A dimensión cristiá: fe, servizo e a civilización do amor
Enviado por Chuletator online y clasificado en Religión
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,47 KB
A pertenza a Cristo e as dimensións do ser humano
A pertenza a Cristo ilumina todas as dimensións do ser humano. O ser humano goza de tres dimensións básicas:
- Dimensión física: a relación do ser humano coa natureza.
- Dimensión social: a interacción humana, é dicir, a relación dos seres humanos entre si.
- Dimensión transcendente: a que pregunta polo sentido último da vida, a experiencia relixiosa, etc.
Estas tres dimensións chegan á súa plenitude no encontro con Cristo, porque Xesús é o Fillo de Deus que crea o mundo. Deus crea tamén ao ser humano, e este atopa o seu sentido social na relación cos demais; deste xeito, a forma de vida de Xesús convértese en norma que regula as relacións humanas. Alcanzamos en Xesucristo tamén a plenitude na terceira dimensión, que é a do sentido da vida e da esperanza dunha vida máis aló da morte. Esta esperanza é o que dá sentido á existencia.
A autoridade eclesiástica ao servizo da verdade
Unha diferenza básica entre a concepción do poder e a autoridade entre as sociedades civís e a Igrexa é que, na Igrexa, tomamos —ou deberiamos tomar— o poder do xeito que Xesús nos ensina no Evanxeo: "O que queira mandar, ten que servir". É dicir, Xesús equivale ao poder do servizo: ser máis e servir máis.
O poder non está para asoballar aos pobos, senón para que a cidadanía poida desenvolverse en liberdade, xustiza e dignidade. As veces que a propia Igrexa entendeu o poder como dominio e non como xenuína autoridade, non estaba facendo ben as cousas. Se queremos ver como exercer a autoridade, teremos que fixarnos en Xesús: a autoridade como servizo e nunca como poder.
A misión do cristián: construír a civilización do amor
O amor é un concepto moi amplo, incluso polisémico. O Deus cristián defínese no Novo Testamento como amor. O amor implica:
- Tenrura e doazón.
- Xenerosidade.
- Poñer o ben común por diante do propio beneficio.
Pero o amor é tamén esixente coa verdade, coa xustiza e coa solidariedade. O amor non é rancoroso, agoniante nin escravizante. Un amor, calquera que sexa o tipo, que mingüe a liberdade dos demais, que intente dominar ou que non respecte, non é amor. Deste xeito, Xesús permanece no medio de nós, na Eucaristía, na comunidade e no amor, no verdadeiro amor.