Diferenzas entre Réximes Democráticos e Totalitarios

Enviado por Claudia y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,77 KB

1. Réxime democrático vs. Réxime totalitario

  • Réxime democrático: Todos os cidadáns poden desempeñar cargos públicos e participar na elección de quen os ha de exercer. Loitan pola igualdade de dereitos, tanto económicos coma sociais.
  • Réxime totalitario: Caracterízase pola concentración de poderes nun partido único e o seu xefe, a abolición dos dereitos individuais e a pretensión do Estado de dirixir todas as facetas da vida social e privada.

2. Principais trazos do fascismo

O fascismo defínese polos seguintes elementos:

  • Nacionalismo radical.
  • Antiparlamentarismo e antiliberalismo.
  • Xustificación do racismo.
  • Estado forte e único.
  • Liderado absoluto do xefe e partido único.
  • Subordinación dos individuos ao Estado.

3. Hitler e o nazismo

O partido nazi foi fundado en 1920 e formaba parte da extrema dereita nacionalista. Nos primeiros anos tiña escaso eco na sociedade alemá, pero contaba co apoio dalgúns grandes militares.

Hitler converteuse no principal dirixente desde 1921. Foi condenado a cinco anos de cárcere por un intento golpista, pero só cumpriu nove meses, durante os cales escribiu o Mein Kampf. Esta obra resume as súas ideas políticas:

  • Nacionalismo e racismo.
  • Superioridade da raza aria e antisemitismo.
  • Expansionismo.
  • Desprezo do liberalismo e odio ao socialismo e ao comunismo.

O partido nazi era máis coñecido pola violencia das súas Seccións de Asalto contra comunistas e xudeus que polos resultados electorais. Os maiores apoios logrounos nas clases medias arruinadas pola crise económica e grazas ao apoio financeiro de grandes industriais.

4. Glosario de conceptos históricos

  • Fascismo: Réxime totalitario que gobernou Italia entre 1922 e 1945. Tamén se chama así o movemento que o orixinou e a súa ideoloxía.
  • Nazismo: Movemento político alemán dirixido por Adolf Hitler, vinculado á extrema dereita nacionalista e racista xermana.
  • Democracia: Réxime político no que todos os cidadáns poden desempeñar cargos públicos, así como participar na elección de quen os ha de exercer.
  • Racismo: Conxunto de teorías que afirman a desigualdade das razas humanas e a superioridade dunhas sobre outras.
  • Resistencia: Nome co que se coñece o conxunto de accións que xurdiron en Europa durante a 2ª Guerra Mundial contra a ocupación alemá, o réxime nazi e os seus aliados.
  • Colaboracionismo: Política de apoio á Alemaña nacionalsocialista durante a 2ª Guerra Mundial.

Entradas relacionadas: