Desenvolvemento Económico en España nos Anos 60

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,21 KB

Nos anos 60 prodúcese un desenvolvemento da economía española:

A industria modernizouse debido á importación de tecnoloxía estranxeira e diversificouse: cabe destacar o fulminante crecemento da industria do automóbil, sobre todo nas grandes cidades. De feito, un dos emblemas desta etapa foi o Seat 600 (Doc.4).

A agricultura experimentou un incremento no seu rendimento e unha mellora no nivel de vida dos agricultores. A pesar disto, prodúcese nos anos 60 un importante éxodo rural, con grandes migracións cara ás cidades para ocupar postos de traballo na industria e no turismo; e ao mesmo tempo, tamén tivo lugar un incremento da emigración cara ao exterior, nesta década con respecto á anterior (Doc.5), tendo como novidade que descende a emigración a América e iníciase cara a Europa, sendo Francia e Alemaña os principais destinos. A man de obra da emigración foi tamén unha fonte de divisas para España, ao repatriar unha boa parte dos seus salarios.

Paralelamente á expansión industrial, tivo lugar o espectacular desenvolvemento do turismo, grazas a unha entrada masiva de turistas europeos, sobre todo a partir da segunda metade da década (Doc. 6), sendo as principais áreas turísticas Baleares, Cataluña, Andalucía e Canarias. O turismo tivo gran influencia no panorama español, por un lado, impulsou o traballo e a construcción, foi unha fonte de entrada de divisas; e por outro, tivo un impacto negativo na paisaxe costeira. Tamén influíu nas costumes e na maneira de pensar dos españois, o que supuxo unha forma de minar as ideas tradicionalistas do réxime.

A partir de 1973 chegará unha crise económica motivada pola crise do petróleo, que se engadirá á inestabilidade dos últimos anos do franquismo.


POLÍTICA ECONÓMICA DURANTE O FRANQUISMO

Finalizada a guerra, producírase un gran descenso da poboación activa, debido aos enfrontamentos (mortos e mutilados) e á represión (encarcerados e exiliados). Ademais, a producción agraria e industrial era moi inferior á de 1935, as reservas de ouro e divisas desapareceran e a rede de transportes estaba deteriorada.

Iníciase na posguerra a Autarquía, que é un sistema económico segundo o cal unha nación debe ser capaz de abastecerse a si mesma e sobrevivir a todas as súas necesidades cun mínimo de intercambios comerciais co exterior e rexeitando os capitais estranxeiros co obxectivo de lograr a autosuficiencia económica (Doc.1). Para conseguilo, tomáronse unha serie de medidas, polas que a Administración interviña nas actividades tanto de comercio interior (fixando os prezos arbitrariamente) coma do exterior, exercendo o control das importacións e exportacións (“Suprimir importacións que non sexan indispensables. Intensificar as nosas exportacións…”), así como nas industriais, fomentando as industrias de interese militar e creando o INI. As consecuencias foron negativas, xa que se producirá un encarecemento e un desabastecemento de produtos, que levaron ao racionamento e a un auxe do mercado negro.

A finais dos anos corenta, podemos dicir que o resultado (Doc.2) da intervención da Administración foi o bloqueo do crecemento económico (“remate do crecemento moderado”), a redución da competitividade e o desaproveitamento do auxe da economía europea (“fenda que separa... de outros países europeos”). Tal e como apunta o autor deste documento, este resultado tan negativo da política económica dos anos corenta estaría ligado directamente coa actuación dun réxime represivo e totalitario (“o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social”).

Iníciase a década dos 50 tocando fondo económicamente e en febreiro de 1951, como consecuencia dun boicot aos transportes pola subida dos prezos, Franco formou un novo goberno co obxectivo de mellorar a economía. Comeza aí unha nova etapa, que se denominou como “desarrollismo”.

O novo goberno levará a cabo un inicio de liberalización da economía, que fai aumentar as importacións e as exportacións, mellorar a producción agraria, polo que se suprimen as tarxetas de racionamento; e unha redución do gasto público. Sen embargo, en 1956, paralízase o crecemento e en 1957, os especialistas en economía, os tecnócratas do Opus Dei logran convencer a Franco de cambiar a autarquía e o intervencionismo por un sistema económico liberal. En 1959, España incorpórase ao FMI e ao Banco Mundial, que lle esixen a España unha serie de medidas, que acepta e recolle no Plan de Estabilización (Doc.3), no cal dan unha xustificación á mala situación económica, basándose nas consecuencias da Guerra Civil (“insuficiencia de recursos… como consecuencia da contenda”) e da Guerra Mundial (“pecharon gran parte dos mercados e fontes de aprovisionamento normais…”); e marcando o inicio dunha nova etapa de “maior flexibilidade económica…” Grazas a este Plan saneouse a economía e séntanse as bases do crecemento económico.

Entradas relacionadas: