A Era dos Descubrimentos, o Renacemento e as Grandes Reformas Relixiosas na Idade Moderna

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,36 KB

Instrumentos de Navegación e a Ruta cara á India

  • Compas (compás): Permitiu navegar sen ter costa á vista.
  • Astrolabio e cuadrante: Posibilitaron calcular a latitude.
  • Corredeira e ampoleta: Axudaron a medir a velocidade á que navegaba o barco.

Por que Portugal quería chegar á India bordeando África?

Para atopar unha ruta distinta ás demais, que evitase a navegación polo Mediterráneo, e porque crían que podían facerse co comercio das especias e da seda de Extremo Oriente.

O Tratado de Tordesillas

Nel decidiuse trazar un meridiano situado a 370 leguas (uns 2.000 km) ao oeste das illas dos Azores.

Grandes Civilizacións Precolombinas

Os Maias

Os maias atopábanse na península do Iucatán e outros territorios do actual México. Alcanzaron grande esplendor entre os anos 300 e 900 da nosa era. Non formaban un estado, senón que eran cidades independentes, gobernadas por un xefe supremo. A sociedade dividíase en diferentes grupos: nobres, sacerdotes, artesáns, campesiños...

A súa economía baseábase principalmente no cultivo do millo, algodón, cacao, tomate... O comercio entre cidades foi moi activo.

Os maias eran politeístas. Os sacerdotes estudaban as estrelas para predicir o futuro.

Os Incas

Atopábanse nas cordilleiras dos Andes. A autoridade máxima exercíaa o Inca, considerado fillo do Sol. A sociedade estaba formada polos nobres, o pobo, os servos e os escravos. O pobo estaba formado por artesáns e campesiños. Os incas obtiñan das llamas e das alpacas alimento e la para confeccionar roupa. Eran politeístas.

Os Astecas

Atopábanse no val de México desde o século XII. No século XIV fundaron Tenochtitlán, que xunto con Texcoco e Tlacopan, constituíu unha confederación de tres cidades. Dirixidos polo emperador, que exercía o poder político e relixioso, a principal actividade económica era a agricultura, pero os aztecas destacaron tamén na fabricación de cerámica e na ourivaría do ouro e prata. Os aztecas adoraban a varios deuses.

Humanismo e a Arte do Renacemento

O Humanismo

  • Antropocentrismo
  • Curiosidade polo mundo físico e espiritual
  • Linguas vernáculas
  • Interésaronse polo coñecemento e a procura da verdade a través da razón e da experiencia.
  • Literatura, filosofía e arte da antigüidade.
  • Factores clave: imprenta, frecuentes relacións entre humanistas, as academias e as universidades.

A Arte do Renacemento

  • Ideal de beleza
  • Antigüidade clásica
  • Formas harmoniosas
  • Obras proporcionadas

Ten dúas etapas:

  • Quattrocento: Século XV
  • Cinquecento: Século XVI

Características do Quattrocento

  • Arquitectura (Filippo Brunelleschi): Edificios adaptados á medida do ser humano, simetría e proporción, recuperación de elementos clásicos.
  • Escultura (Lorenzo Ghiberti): Centrouse nos modelos clásicos e no corpo humano; importancia ás proporcións, á beleza e aos estudos anatómicos.
  • Pintura (Masaccio): Perspectiva lineal, claroscuro e perpendicularidade.

A Crise da Igrexa e a Contrarreforma

A Crise da Igrexa na Idade Moderna

  • Luxo excesivo
  • Venda de indulxencias polo papa
  • Escasa formación do clero
  • Cargos eclesiásticos comprados
  • Clima crítico na sociedade

As Ideas de Lutero

  • As persoas sálvanse pola súa fe, non polas súas obras.
  • Relaciónanse con Deus a través da oración.
  • Toda a verdade está escrita nas Sagradas Escrituras.
  • Recoñecemento do bautismo e a eucaristía.
  • Rechazo ou revisión do culto á Virxe e aos santos, e do celibato do clero.

O Concilio de Trento

  • Reafirmouse a doutrina tradicional da Igrexa: a validez dos sete sacramentos, a primacía do papa, o culto á Virxe e aos santos...
  • Ditáronse normas para evitar a mala conduta do clero e fomentar a súa moralidade. Fundáronse os seminarios para mellorar a formación sacerdotal.
  • Buscáronse novos métodos para estender a doutrina católica, como o catecismo e a creación de escolas.

Entradas relacionadas: