O Declive do Franquismo: Crise, Oposición e a Transición en España (1973-1975)

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Historia

Escrito el en español con un tamaño de 3,42 KB

T.D.

A crise enerxética de 1973 e o inicio dun novo ciclo tecnolóxico afectaron gravemente á economía mundial. Os países occidentais reduciron o consumo de petróleo, buscaron enerxías alternativas e iniciaron un proceso de reconversión industrial. Malia isto, o Estado franquista non adoptou ningún tipo de medidas e a crise sacou á luz os problemas estruturais (doc3): dependencia enerxética, aumento do desemprego, necesidade de reconverter a industria.

A Sucesión Política e as Primeiras Tentativas de Reforma

En 1973, Franco cedeu a presidencia do goberno ao seu máis fiel compañeiro Carrero Blanco, home da súa máxima confianza que representaba o inmobilismo a todos os niveis. Pero o novo goberno presidido por Carrero non tivo tempo de se estrear porque o 20 de decembro de 1973 falecía vítima dun atentado de ETA (doc1).

Tras a morte de Carrero, Franco nomeou a Arias Navarro presidente. En febreiro de 1974, este presentou nas Cortes un conxunto de reformas coñecido como o Espírito do 12 de Febreiro, que anunciaba maior liberdade de prensa, elección de alcaldes, etc.

O Incremento da Oposición ao Réxime

Tras a morte de Carrero, incrementouse a oposición tanto nas forzas que xa se opuñan como nos sectores tradicionalmente fieis ao réxime.

  • Políticos e Intelectuais: Diversos políticos e intelectuais do réxime pretenderon unha transformación do réxime cara a posicións máis democráticas desde dentro do propio sistema. Moitos destes políticos formaron parte do goberno de Suárez tras a morte de Franco.
  • A Igrexa: Na Igrexa aumentaron as críticas e o distanciamento. O problema máis grave foi o caso do bispo de Bilbao que defendía o uso do éuscaro nas igrexas.
  • O Exército: No exército a oposición estivo representada pola Unión Militar Democrática (UMD) que defendía non ser un obstáculo cara ao camiño á democracia.
  • Obreiros e Universitarios: Os obreiros e universitarios intensificaron a súa actividade a través de folgas.
  • Actividade Terrorista: A actividade terrorista contribuíu ao clima de malestar social con numerosos atentados de ETA, FRAP e GESTAPO.

A Resposta do Réxime e a Consolidación da Oposición Democrática

A pesar de todo, o réxime non cedía. En marzo de 1974 era executado o anarquista Antich e en agosto de 1975 aprobouse unha nova lei antiterrorista que ampliaba a aplicación da pena de morte.

En xullo de 1974, constituíuse en París por iniciativa do líder do PCE Carrillo, a Xunta Democrática (doc5). En xuño de 1975 organizouse a Plataforma de Converxencia Democrática, liderada polo PSOE. Os contactos entre ambas as dúas organizacións deron como resultado a Plataxunta.

Os Últimos Días de Franco e o Fin dunha Era

A saúde de Franco foi deteriorándose desde 1974. O 1 de outubro de 1975 organizouse un acto multitudinario na Praza de Oriente no que Franco pretendía demostrar ao mundo enteiro que seguía contando co apoio popular. Nas semanas seguintes presentáronse todo tipo de complicacións que lle ocasionaron unha longa agonía. A súa morte tivo lugar o 20 de novembro de 1975.

No seu testamento político, lido aos españois por TV por Carlos Arias, reiteraba as ideas básicas que sustentara o réxime desde 1936: catolicismo, patriotismo, autoritarismo.