Cuestionario de Currículo e Organización Escolar

Enviado por Chuletator online y clasificado en Electricidad y Electrónica

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,68 KB

Cuestionario sobre o currículo e a organización escolar

  1. O primeiro nivel de concreción curricular elabórao o Estado e as administracións educativas; falamos de: O CURRÍCULO
  2. "As miñas alumnas/os de 2 anos non poderán realizar este puzle de tantas pezas"; con esta afirmación estamos referíndonos á fonte do currículo: PSICOLOXÍA
  3. Non existen prescricións por parte de autoridades educativas no currículo: ABERTO
  4. Os obxectivos que se indican no currículo da Educación Infantil de Galicia están sinalados: PARA TODA A ETAPA E PARA CADA UNHA DAS ÁREAS
  5. As orientacións metodolóxicas no currículo da educación infantil veñen indicadas: PARA CADA UN DOS CICLOS
  6. A opción confesional que asume a escola e os valores que se queren destacar é un apartado de: OS SINAIS DE IDENTIDADE DO PROXECTO EDUCATIVO
  7. Onde se recolle o 1º nivel de concreción curricular para o 1º ciclo de educación infantil en Galicia?: NOS DOUS DOCUMENTOS ANTERIORES
  8. Para organizar a secuencia temporal das actividades dun proxecto de intervención emprégase: UN DIAGRAMA DE GANTT
  9. A análise do contexto é un elemento fundamental de: O PROXECTO EDUCATIVO
  10. Se quero consultar os obxectivos xerais dunha escola infantil, terei que facelo en: O PROXECTO EDUCATIVO
  11. "O desenvolvemento das potencialidades" aparece recollido no currículo como: UNHA ORIENTACIÓN METODOLÓXICA
  12. Indica a afirmación incorrecta: AS COMPETENCIAS BÁSICAS QUEDAN RECOLLIDAS NA LOMCE
  13. "Construción progresiva e toma de conciencia mental do propio corpo": É UN CONTIDO DA ÁREA: COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
  14. "Apreciar algúns elementos significativos propios da cultura galega": COÑECEMENTO DO ENTORNO / É UN OBXECTIVO
  15. A xestión económica dunha escola está planificada en: O PROXECTO DE XESTIÓN
  16. O proceso de adaptación quedará recollido: NA PROPOSTA PEDAGÓXICA
  17. Conxunto de actividades concretas, coordinadas e interrelacionadas entre si para acadar uns obxectivos específicos: PROXECTO
  18. Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento da lingua galega quedarán recollidos: NO PROXECTO LINGÜÍSTICO
  19. Achéganos a información para decidir como organizamos os contidos e como os seleccionamos: A FONTE EPISTEMOLÓXICA
  20. O réxime de cobramento quedará reflexado: NO NOF

Entradas relacionadas: