Crise da Restauración e Ditadura de Primo de Rivera
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,95 KB
O reinado de Alfonso XIII e a crise da Restauración
Os inicios do reinado. Alfonso XIII, o novo rei, mostraba unha forte inclinación por intervir nos asuntos políticos e iniciativas persoais. Durante o reinado de Alfonso produciuse unha progresiva desarticulación do sistema canovista da Restauración borbónica, debido aos seguintes factores:
- Excesivas intervencións do monarca en asuntos políticos e militares.
- Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos (conservador e liberal), tras a desaparición de Cánovas e Sagasta.
- Crecente papel do exército na vida política. Deste modo, o poder militar impúxose ao poder civil ao conseguir, co consentimento do rei, a aprobación da nova Lei de Xurisdicións pola que sometía a código militar o xuízo de delitos de opinión e obra contra a unidade da patria e contra o exército.
- Mantemento da fraude electoral e do caciquismo, cada vez máis insoportable para a opinión pública.
- Crecente contestación pública por parte das clases medias urbanas.
- Atentados anarquistas.
- Enfrontamento irreconciliable entre o catolicismo intransixente da Igrexa, apoiado pola Coroa, e as correntes anticlericais estendidas entre os republicanos e as organizacións obreiras.
- Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos, zona na que España trataba de dominar para compensar a perda de Cuba e Filipinas.
As reformas de Maura
Antonio Maura, político liberal conservador, foi nomeado presidente do Goberno. Era partidario de emprender unha revolución desde arriba, desde o poder. Quixo introducir numerosas reformas das que destacan:
- Lei de reforma electoral, que pretendía unha maior efectividade do sistema sen ter que recorrer aos métodos fraudulentos, pero logrou o efecto contrario pola aplicación do artigo 29.
- Lei da administración local, que pretendía incrementar as competencias e autonomía administrativa dos concellos e contemplaba a posibilidade de crear mancomunidades provinciais.
A Semana Tráxica
As reformas de Canalejas
Canalejas propuxo unha serie de reformas para ampliar a base social do sistema da Restauración atraendo ás clases populares. Destacan:
- Lei de asociacións relixiosas, que limitaba o establecemento de novas ordes relixiosas en España.
- Lei de mancomunidades para complementar as competencias dos concellos.
- Lei de Recrutamento, que establecía o servizo militar obrigatorio.
A quebra do sistema de Restauración
O fracaso das reformas deseñadas tanto polos conservadores como polos liberais orixinou un deterioro progresivo do funcionamento do sistema e a existencia de crises políticas e sociais, facilitando o golpe de estado.
A crise de 1917
Aínda que España foi neutral na Primeira Guerra Mundial, o conflito tivo un grande impacto na sociedade española, tanto desde o punto de vista ideolóxico como polo punto de vista económico, pois a guerra converteu a España en subministradora de todo tipo de produtos aos países belixerantes. Pero tamén provocou un aumento dos prezos, acentuándose así o malestar social e político. Así, en 1917 produciuse a crise máis profunda do sistema de Restauración en 3 tipos de conflitos:
A crise militar: as Xuntas de defensa
Iniciouse coa aparición das Xuntas de Defensa militares. A perda do poder adquisitivo dos salarios e a débil situación económica da oficialidade explican que se estendesen por toda España, engadíndose rapidamente outras reivindicacións. O goberno disolveu as Xuntas e os seus dirixentes foron detidos. Pero a reacción de solidariedade entre os oficiais e a súa aberta rebelión obrigou ao goberno a recoñecelas. O conflito puxo de manifesto unha vez máis a debilidade do poder civil ante o militar.
A crise política: a Asemblea de Parlamentarios
Aproveitando a debilidade do Goberno provocada pola actuación das Xuntas militares, o desprestixio do rei, Francisco Cambó fixo presión sobre o goberno para conseguir unha auténtica democracia e autonomía para Cataluña. Considerada como ilegal unha convocatoria das cortes constituíntes, a iniciativa da Asemblea de Parlamentarios fracasou pola falta de apoio e polas divisións internas entre os seus protagonistas.
A crise social: a folga revolucionaria
A masiva exportación de produtos españois aos países belixerantes na Guerra europea xerou a subida de prezos, provocando un malestar social e manifestacións, sobre todo das clases traballadoras. O seu obxectivo era o derrocamento do réxime e a convocatoria de Cortes Constituíntes. O goberno reaccionou cunha forte represión, provocando o fracaso da folga e así os obreiros volverían ao traballo.
A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
Primo de Rivera, contando co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado. Os protagonistas xustificaron o acto pola situación do momento en España: fracaso da guerra en Marrocos, críticas ao rei polo desastre de Annual, radicalización das manifestacións catalanistas, inestabilidade dos gobernos para controlar a situación, etc. A falta de apoio do monarca provocou a súa dimisión. Alfonso XIII chamou entón a Primo de Rivera para que asumise o poder, aceptando así o golpe de Estado.
O golpe de estado contou inicialmente cunha ampla aceptación popular, presentándose como unha medida excepcional para solucionar os problemas. Presentouse así mesmo como o rexenerador que o país precisaba para restaurar a vida pública e solucionar os problemas máis urxentes do momento: caciquismo, corrupción política, separatismo, terrorismo, etc. O seu pensamento era de base ideolóxica católica e conservadora, tendo principios militares de orde e autoridade. Estivo tamén influenciado por Mussolini e o fascismo italiano, do que imitou algunhas cousas.