A Crise de 1929: Causas e Consecuencias da Gran Depresión
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,83 KB
A Crise de 1929 e a Gran Depresión
Crecemento económico desequilibrado
- Aumento da produción agraria e descenso das rendas no campo.
- O sector das materias primas tamén se ve afectado.
- Diferenzas de rendemento entre os sectores clásicos e os novos.
Dificultades do sistema monetario internacional
A inseguridade monetaria era o signo externo máis destacable. A inflación (suba xeneralizada dos prezos) fixo que os problemas monetarios e financeiros se puxesen de manifesto.
- O dólar converteuse na divisa internacional.
- As restantes moedas depreciábanse.
- O aforro privado desapareceu, arruinando os seus posuidores.
Causa inmediata: O Crack da Bolsa de Nova York
O Xoves Negro: a fácil obtención de créditos para comprar accións aumentou a especulación. O xoves 24 de outubro púxose á venda un número moi elevado de accións, o que se traduciu nunha caída dos prezos. Aquel día sinalou o final do proceso de alza permanente dos valores.
Manifestacións da crise
- A quebra bolsista converteuse en financeira: os bancos quedaron arruinados.
- Do sector financeiro pasouse á economía produtiva: as fábricas pechan ante a diminución da demanda.
- A industria pasou dunha situación de expansión á superprodución, o que provocou a baixada dos prezos e a diminución dos beneficios.
- Ruína de moitos campesiños, incapaces de facer fronte ás débedas polo incremento do prezo.
Contaxio internacional
En primeiro lugar, afectou aos países que baseaban a súa economía na produción de materias primas. En Austria e Alemaña produciuse a repatriación de capitais estadounidenses. O Reino Unido depreciou a libra, o que arruinou numerosas moedas. A URSS tamén vai sufrindo as consecuencias negativas da depresión.
Consecuencias da Crise
Económicas
Afundimento de todos os sectores económicos. Produciuse unha caída da produción (-40%), o afundimento dos prezos e a redución do consumo debido á caída do poder adquisitivo.
Sociais
- Incremento do paro: moi grave polo escaso desenvolvemento dos sistemas de protección social.
- Miseria e precariedade debido ao desemprego prolongado.
- Emigración e aumento das diferenzas sociais entre ricos e pobres.
- Malestar social con enfrontamentos e disturbios.
Políticas e territoriais
Fortalécense as ideoloxías extremas e radicais (extrema esquerda e dereita). Existe unha gran inestabilidade política e cuestiónase a democracia como sistema. Impóñense os sistemas autoritarios e adóptanse medidas políticas para intentar solventar a crise.