As Cortes de Cádiz e Francisco de Goya: Contexto Histórico e Obra
As Cortes de Cádiz
Como os españois non estaban de acordo co reinado de Xosé I Bonaparte, os revolucionarios decidiron formar un goberno paralelo: A Xunta Central, con base en Cádiz. Entre as medidas que tomou a Xunta, está a convocatoria dunhas cortes extraordinarias en Cádiz en 1810 co fin de redactar unha constitución, a Constitución de 1812, chamada A Pepa (19 de marzo), que establecía:
- Soberanía nacional, con sufraxio masculino restrinxido.
- División de poderes (executivo, para o rei; lexislativo, para o rei e as cortes; e o xudicial, para os tribunais de xustiza).
- Dereitos e liberdades individuais (igualdade ante a lei, expresión, reunión...).
- Monarquía constitucional como forma de goberno.
- Relixión católica.
Francisco de Goya
Foi un pintor da Corte de Carlos IV, Xosé I Bonaparte e Fernando VII, dos que fixo moitos retratos. A súa pintura non se pode clasificar dentro dun estilo concreto. A súa carreira divídese en varias etapas:
1771-1808
Comezou pintando cartóns (obras para copiar en tapices) que retratan festas populares, escenas de vida do campo e da cidade. Foi pintor de cámara de Carlos IV, do que fixo moitos retratos, así como de membros da nobreza. Destacan A familia de Carlos IV, A Maja espida e A Maja vestida. Tamén destacan pinturas relixiosas e gravados nos que critica os costumes españois, como Os Caprichos.
1808-1820
A invasión napoleónica sérvelle para crear cadros de tema histórico. Foi acusado de afrancesado, polo que con eles quería demostrar a súa oposición a esta invasión e o seu patriotismo. Nesta etapa tamén fai gravados.
1820-1828
A guerra e a xordeira inflúen no seu carácter e na súa obra, facendo que se peche en si mesmo e que pinte cadros pesimistas, tenebrosos, con temas sobre a morte, a aldraxe... Son as chamadas Pinturas negras. Usa cores escuras.
Goya foi un gran liberal que tivo problemas coa Inquisición e con Fernando VII, polo que tivo que exiliarse a Francia en 1824. Instalouse en Burdeos, onde faleceu en 1828. Alí pintou a súa derradeira obra, A leiteira de Burdeos.
gallego con un tamaño de 2,22 KB