Nun contexto de crise política e social, o 13 de setembro de 1923, o xeneral Miguel Primo de Rivera pronunciouse
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,33 KB
DICTADURA PRIMO DE RIVERA//
A ditadura de Primo de Rivera foi Un réxime político autoritario, de imitación fascista, que se instaurou en España entre o 13 de setembro de 1923 e o 28 de xaneiro de 1930, entre o golpe De estado e a marcha ao exilio do ditador. O rei, Alfonso XIII, aceptou este Novo réxime, que se divide en dúas etapas: Directorio Militar (1923-25) e Directorio Civil (1925-1930).
A crise final da Restauración, desde 1917, co aumento dos conflitos sociais e a Incapacidade dos gobernos para resolvelos, provocou que a oligarquía Tradicionalmente dominante pensara de novo en recorrer ao Exército. Á crise política e social sumouse o Desastre de Annual (1921), que mesmo afectou á Coroa, que tamén viu con bos ollos a 'solución militar' para non ter que asumir Responsabilidades (expediente Picasso).
Neste Contexto de crise é cando se pronuncia Miguel Primo de Rivera, capitán xeral de Cataluña, contra a legalidade constitucional. No manifesto expresa o seu Propósito de "libarala dos profesionais da política" (a España). É Dicir, dos partidos políticos e do propio réxime parlamentario establecido na Constitución de 1876. Alude tamén ao desastre do 98 ("o cadro de desgrazas E inmoralidades que encetaron o ano 98"), tan presente no vida pública Española, como a data que iniciou a decadencia da patria. Primo quere Presentarse como o 'cirurxán de ferro' que demandaba o rexeneracionista Joaquín Costa e recuperar a suposta grandeza de España. Con esta mentalidade, o Movemento non podía ser máis que "de homes", símbolo de forza fronte á debilidade feminina.
A Monarquía, o exército e os sectores máis conservadores apoiaron o golpe, e Mesmo os socialistas colaboraron nas institucións ditatoriais ata os anos Finais. Só se amosaron abertamente en contra os anarquistas e os comunistas. Pero ninguén defendeu o sistema político liberal da Restauración. A ideoloxía Do novo réxime é unha mistura do pensamento católico tradicional, dos vellos Principios militares de orde e unidade da patria e dalgúns aspectos do fascismo Italiano de Mussolini, no poder desde 1922.
No
Directorio Militar o goberno estivo formado só por militares, gobernando
Mediante decretos. Entre as medidas tomadas podemos destacar a suspensión da
Constitución, a substitución das autoridades vixentes por outras adictas ao
Novo réxime e a creación dunha especie de partido único: a Unión Patriótica, en
1924. A tarefa desta organización sería servir de apoio e propaganda da
Ditadura, pero non chegou a consolidarse. O programa da Unión Patriótica
Reflicte a ideoloxía conservadora, autoritaria, populista e católica dos
Gobernantes: "A santidade da familia...; A defensa da monarquía. O
Acatamento da autoridade e a disciplina...; A defensa da unidade nacional...; A
Santa rebeldía do alzamento militar que, baixo as ordes do xeneral
Primo de
Rivera, salvou España da súa inmediata ruína.". O seu lema era 'Patria,
Religión, monarquía".
A orde Pública foi unha das obsesión do réxime, recorrendo a medidas de forza, máis Que sociais ou políticas, para impoñela: estado de guerra, persecución da CNT e Do PCE, creación da milicia do Somatén para colaborar coa Guardia Civil... O Número de folgas e atentados diminuíu, pero a costa dunha forte represión. A Unidade da patria foi outro dos principios inamovibles dos golpistas, reprimindo Calquera tipo de reivindicación e manifestación nacionalista; prohibición das Bandeiras e símbolos, clausura das organizacións e xornais, prohibición do Emprego público de calquera lingua que non fose o castelán...
Un dos éxitos de Primo de Rivera foi o control efectivo da colonia española no Rif, en Perigo desde Annual. En colaboración cos franceses, realizouse o desembarco de Alhucemas en setembro de 1925, que foi un éxito. A derrota de Abd el-Krim Permitiulle a España reconquistar a colonia.
A política Económica (proteccionista e intervencionista) tamén tivo efectos positivos, Amparada polo desenvolvemento económico mundial, 'os felices anos vinte'. Como Vemos na gráfica o PIB de España aumentou moito nos anos da Ditadura, para Frearse ao final da mesma como consecuencia dos efectos da crise de 1929. Porén, o crecemento económico foi moi desigual, subsistindo unha gran masa de Campesiños que vivía na máis absoluta miseria. Os principais beneficiarios Foron os grandes terratenentes, e a burguesía financeira e industrial.
Primo, Despois do éxito en Marrocos e a boa marcha da economía, pretendeu perpetuarse, O que provocou un aumento da oposición á ditadura. En decembro de 1925 Constituíu un Directorio con participación de civís vinculados á Unión Patriótica. Este novo goberno pretendeu crear un sistema corporativo similar ao italiano, Mesmo creou unha Asemblea Nacional en 1927, de carácter só consultivo, formada Por representantes das corporacións do Estado, dos sectores económicos e da Unión Patriótica.
O Intento de establecer un réxime duradeiro fracasou ante o incremento da Oposición de republicanos, liberais, estudantes, anarquistas e nacionalistas. Mesmo entre os militares houbo sectores que se opuñan a permanencia de Primo no Poder, e moitos pasaron ás filas republicanas. A falta de apoio levou a Primo De Rivera a presentar a dimisión ao rei en xaneiro de 1930. Este aceptouna e Substituíuno polo xeneral Berenguer. Uns meses máis tarde, Primo morreu no Exilio en París.
A Monarquía pretendeu salvar o trono regresando ao sistema constitucional da Restauración, pero as forzas republicanas antimonáquicas tiñan cada vez máis Partidarios. En Agosto de 1930, as organizacións republicanas reuníronse en San Sebastián, comprometéndose a derrocar a manarquía, o que conseguirán o 14 de Abril de 1931. Só cinco anos despois, os instigadores e partidarios da Ditadura De Primo de Rivera, volverán a impoñer a súa vontade pola forza das armas.