A Constitución de 1876: Claves da Restauración Borbónica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,68 KB
A Constitución de 1876 e o sistema da Restauración
Por último, era esencial que, en materia de dereitos da cidadanía, os partidos do sistema realizasen os avances a partir dun pacto, o que se denominou transaccionismo.
A aprobación da Constitución de 1876
Cánovas convocou eleccións constituíntes e as novas Cortes, con maioría de deputados do Partido Conservador, aprobaron a Constitución de 1876. Esta era unha mestura entre a doutrinaria de 1845, para as cuestións principais de funcionamento, e a de 1869, en materia de dereitos.
Establecía un réxime oligárquico e de carácter centralista, rexido por unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora. A soberanía estaba compartida entre o rei e as Cortes.
Poderes da Coroa
A Coroa gozaba de amplas prerrogativas:
- Nomeaba libremente ao presidente do Consello de Ministros.
- Sancionaba e promulgaba as leis.
- Tiña dereito de veto.
- Exercía o mando supremo das forzas armadas.
- Dirixía a política internacional.
Como consecuencia, o rei, ademais de reinar, tamén gobernaba. Todos estes poderes debían ser exercidos por ministros responsables ante as Cortes.
Estrutura das Cortes e dereitos
As Cortes bicamerais estaban constituídas por:
- Congreso: membros elixidos polos cidadáns segundo a lei electoral.
- Senado: membros permanentes designados polo rei, por dereito propio ou polos maiores contribuíntes.
Ambas as cámaras compartían a iniciativa legal co rei.
Dereitos, sufraxio e relixión
Os dereitos e liberdades individuais eran amplos, aínda que a súa regulación quedaba en mans do poder executivo:
- Os gobernos conservadores aplicáronos de xeito restritivo.
- Os gobernos liberais fixérono de xeito máis amplo e permisivo.
En canto ao sistema electoral, a Lei de 1878 estableceu o voto censatario, mentres que en 1890 aprobouse o sufraxio universal masculino. Finalmente, a Constitución establecía o catolicismo de Estado, aínda que recoñecía a liberdade de conciencia e de culto.
A oposición ao sistema
A Restauración marxinou da actividade política amplos sectores da sociedade española. Isto deu lugar a unha crecente oposición política á que os mecanismos da quenda impediron obter representación suficiente para formar goberno ou constituír unha minoría parlamentaria influente.