Conceptos Fundamentales de Física y Geología: Movimiento, Fuerzas, Energía y Rocas
Posición e o lugar que ocupa un corpo no espazo
Un corpo móvese cando cambia de posición con respecto ao punto de referencia.
- Traxectoria é o conxunto de puntos por onde pasa un corpo que se move.
- Percorrido é a lonxitude da traxectoria dun móbil.
- Desprazamento é a distancia entre o punto de orixe e o punto final.
- Velocidade é a rapidez coa que os corpos cambian de posición.
Forzas e dinámicas
Forza é a acción dun corpo sobre outro; pode ter dous resultados: cambios de forma e cambios de velocidade.
Leis de Newton
- Primeira lei: Se sobre un corpo non actúan forzas, ou as que actúan se compensan con outras, o corpo está en repouso ou móvese en liña recta con velocidade constante.
- Segunda lei: Cando unha forza actúa sobre un corpo, este adquire unha aceleración que é directamente proporcional á forza.
Masa é a medida da cantidade de materia que posúe un corpo. Peso é a forza que a Terra exerce sobre os corpos.
Traballo, enerxía e calor
Traballo é unha medida dos cambios que as forzas realizan sobre un sistema. Se as forzas non consiguen cambiar o estado dos obxectos, non traballan. Exemplo: soster unhas pesas non é traballo, pero pedalear si o é.
Enerxía é a capacidade dos corpos para realizar traballo tanto sobre eles mesmos como sobre outros.
Calor e temperatura
Calor é unha forma de transmisión da enerxía e pode medirse polos efectos que produce: aumenta o volume, a temperatura e cambia o estado físico.
Formas de transmisión de calor
- Condución: A calor transmítese por interacción entre as partículas que forman as substancias.
- Convección: A calor transmítese polo desprazamento das partículas que forman os corpos.
- Radiación: A calor propágase sen axuda da materia.
Dilatación e contracción
- Dilatación: Aumento de volume ao aumentar a temperatura.
- Contracción: Diminución de volume que os corpos experimentan ao diminuir a temperatura.
Cambios de estado
- Fusión: De sólido a líquido.
- Evaporación: De líquido a gas.
- Ebullición: De líquido a gas.
- Sublimación: De sólido a gas, sen pasar por líquido.
Tipos de enerxía e fontes
- Enerxía química: Enerxía que achegan os átomos.
- Enerxía térmica: Debida ao axitamento das partículas.
- Enerxía cinética: A dos corpos debido a unha velocidade.
- Outras formas: Potencial, elástica, eléctrica, electromagnética e nuclear.
Fontes de enerxía
Fonte de enerxía é aquello do que o ser humano obtén enerxía.
- Non renovables: Carbón e petroleo.
- Biomasa: Materia orgánica procedente dalgúns seres vivos.
Sonido e xeoloxía
Son: Propagación de enerxía mediante partículas por onde se propaga. A reflexión é o cambio de dirección que experimenta cando chega á superficie dun medio.
Rochas magmáticas
Forman-se a partir da solidificación dun magma:
- Rochas intrusivas (formanse abaixo a superficie): Plutónicas e filonianas.
- Rochas extrusivas ou volcánicas.