Conceptos Fundamentais de Electricidade e Leis de Newton
Liñas de forza do campo eléctrico
O campo eléctrico pode representarse por medio dunhas liñas imaxinarias chamadas liñas de forza, que son tanxentes en cada punto ao correspondente vector intensidade de campo, E, co mesmo sentido que este.
Circuíto eléctrico
Para mantermos unha corrente eléctrica ao longo dun condutor é necesario que o condutor forme parte dun percorrido pechado chamado circuíto eléctrico. Para que exista un circuíto son necesarios, como mínimo, dous elementos:
- Xerador: é o elemento que causa a diferenza de potencial.
- Cables condutores: permiten circular os electróns.
Ademais, inclúe:
- Interruptor: abre ou pecha o circuíto.
- Receptor: aproveita a enerxía subministrada polo xerador.
Instrumentos de medida
- Amperímetro: mide a intensidade de corrente que pasa a través do circuíto, polo que debe conectarse de modo que toda a intensidade teña que pasar por el (en serie).
- Voltímetro: úsase para medir a diferenza de potencial entre dous puntos dun circuíto e hai que conectalo en paralelo.
Influencia da temperatura
Os electróns libres do condutor teñen unha axitación térmica desordenada, superpoñéndose coa corrente eléctrica un movemento ordenado do polo negativo ao polo positivo. Ao aumentar a temperatura, a axitación térmica dificulta o movemento ordenado da corrente, aumentando os choques e a enerxía perdida, é dicir, a resistencia.
Características xeométricas e natureza do condutor
Ao conectar os extremos dos cables libres do circuíto aos puntos de conexión das distintas resistencias do taboleiro, vemos que, para fíos dun mesmo material, a intensidade aumenta:
- Ao diminuír a súa lonxitude.
- Ao aumentar a súa sección.
Para fíos de distinto material, a intensidade de corrente depende da natureza do condutor; chámase resistividade ou resistencia específica.
1ª Lei de Newton
A materia é incapaz de modificar por si mesma o seu estado de repouso ou de M.R.U. Permanecer nunha destas dúas situacións é o que se chama inercia.
2ª Lei de Newton
A aceleración que pode adquirir un corpo depende da súa masa e da forza aplicada sobre el.
con un tamaño de 2,46 KB