Conceptos clave de xeografía e política internacional
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,92 KB
Conceptos de urbanismo e ordenación do territorio
- Área metropolitana: Rexión urbana formada por unha cidade central e unha serie de cidades satélite (dormitorio, industriais ou de servizos). Funciona como un sistema único e centralizado grazas aos medios de transporte.
- PXOU (Plan Xeral de Ordenación Urbana): Instrumento municipal de ordenación integral do territorio. Clasifica o solo, define as infraestruturas (espazos libres, equipamentos, comunicacións) e fixa os prazos de execución.
- Xentrificación: Proceso de revalorización dun barrio degradado que implica a expulsión da poboación orixinal de clase obreira e a súa substitución por novos veciños de clase media-alta, cambiando o comercio e a estética da zona.
- Cidade difusa: Modelo de expansión dispersa e de baixa densidade que mestura o rural e o urbano. Caracterízase pola zonificación de usos, o uso excesivo do transporte privado e a existencia de "baleiros urbanos".
- Cidade de 15 minutos: Modelo sostible que busca que todos os servizos básicos (traballo, saúde, ocio) estean a menos de 15 minutos a pé ou en bici. O obxectivo é reducir a contaminación e mellorar a calidade de vida.
Administración territorial
- Parroquia: División administrativa menor que o municipio, típica de Galicia e Asturias, que agrupa varias aldeas ou núcleos de poboación.
- Municipio: Entidade territorial básica composta polo termo municipal e o Concello. O goberno exérceo o Alcalde e os concelleiros, elixidos por sufraxio universal para prestar servizos á veciñanza.
- Provincia: Entidade local formada por unha agrupación de municipios. A súa función é coordinar servizos e fomentar os intereses provinciais a través da Deputación.
- CCAA (Comunidade Autónoma): Entidade formada por provincias limítrofes ou territorios insulares con identidade histórica. Teñen autonomía lexislativa e capacidade de autogoberno sobre as súas competencias.
Xeopolítica e economía global
- Fondos estruturais: Instrumentos financeiros da UE (como o FEDER ou o FEAGA) destinados a reducir as desigualdades económicas e sociais entre as distintas rexións europeas.
- Movementos antiglobalización: Conxunto heteroxéneo de organizacións que critican o capitalismo neoliberal e a perda de control político e social fronte ás decisións das grandes potencias e institucións globais.
- ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible): 17 obxectivos globais impulsados pola ONU en 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade. Teñen como meta o ano 2030.
- Espazo Schengen: Área de libre circulación de persoas onde se aboliron os controis fronteirizos internos. Inclúe a maioría de países da UE (agás Irlanda e Chipre) e varios non comunitarios (Suíza, Noruega).
- BRICS: Bloque de economías emerxentes (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) que en 2024 se ampliou (Exipto, Irán, etc.). Buscan crear unha orde mundial multipolar e alternativa ao dominio occidental.
- G-20: Foro anual que reúne ás 19 maiores economías do mundo, a Unión Europea e a Unión Africana. O seu obxectivo é a cooperación económica e a estabilidade financeira global.
- Banana azul: Gran eixo industrial e económico europeo que vai do sur de Inglaterra ao norte de Italia. É a zona con maior densidade de poboación, tecnoloxía I+D e poder adquisitivo da UE.
- Brexit: Proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea, formalizado en 2020. Supuxo a recuperación da soberanía británica e o fin da libre circulación de persoas e mercadorías coa UE.