Conceptos Clave de Xeografía Política e Economía Global
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,88 KB
Conceptos fundamentais de xeografía, política e economía
1. Fondos estruturais
Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son fondos dirixidos a apoiar a cohesión económica, social e territorial e concretar os obxectivos da estratexia «Europa 2020» da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo.
2. Municipio
Entidade administrativa de carácter local e división territorial que constitúe o nivel básico da organización do Estado español. O seu goberno e administración corresponden ao concello.
3. Parroquia
Unidade administrativa de base relixiosa, que organiza o territorio a partir dos membros pertencentes a unha mesma freguesía. Esta institución apareceu en Galicia na época sueva e mantense ata a actualidade.
4. Movementos antiglobalización
Corrente de protesta mundial que inclúe a ducias de grupos de diferentes países que teñen en común o seu rexeitamento ao capitalismo e ao modelo neoliberal. Nestes movementos danse cita colectivos que inclúen:
- Sindicatos
- Intelectuais de esquerda
- Ecoloxistas
- Indixenistas
- Grupos desfavorecidos que acusan o sistema económico de amoral e inxusto
5. Espazo Schengen
Conxunto dos territorios dos Estados europeos —membros ou non da UE— nos que se aplica a supresión de controis nas fronteiras interiores e as persoas circulan libremente. Foi previsto no Acordo de Schengen de 1990 e entrou en vigor en 1995.
6. G20
Grupo de discusión económica, formado por 19 Estados máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente desde 1999 xefes de Estado, gobernadores centrais e ministros de finanzas. Intégrano os países máis industrializados do G7, xunto con outros emerxentes de distintos continentes, e teñen por obxectivo coordinar medidas para impulsar o crecemento e o intercambio económico mundial.
7. Brexit
Concepto utilizado para referirse á saída do Reino Unido da UE no ano 2020. Durante ese ano, no denominado «período de transición», o goberno británico e a Comisión Europea negociaron os termos das súas relacións futuras. A palabra Brexit é o resultado da fusión de British (británica) e exit (saída).
8. BRICS
Siglas que fan referencia ao conxunto de países formados por Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica. É o grupo de países máis adiantados dentro das economías emerxentes. Trátase dunha asociación político-económico-social que, en 2024, se ampliou co ingreso de:
- Arxentina
- Arabia Saudita
- Emiratos Árabes Unidos
- Irán
- Exipto
- Etiopía
Coa súa asociación, preténdese un maior equilibrio dentro da economía mundial.