Conceptos clave de economía, demografía y turismo sostenible

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 3,73 KB

Conceptos fundamentales de economía, sociedad y medio ambiente

Turismo y Sociedad

  • Ecoturismo: Nova tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Neste enfoque priviléxiase a sustentabilidade, a preservación e a apreciación do medio natural e cultural. Preténdese manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o ambiente. Exemplos: visita ao Timanfaya, Parque de Doñana (rutas de sendeirismo e ciclismo, observación de aves, centros de interpretación, tours en 4x4, interacción con comunidades locais, etc.).
  • Turismofobia: Fenómeno caracterizado polo rexeitamento das poboacións locais ao turismo masivo, que xera grandes incomodidades e dificultades aos residentes. Cando nun destino turístico se produce masificación e se desborda a capacidade de carga sobre os recursos medioambientais e a vivenda, as protestas arrecian e o malestar está próximo á fobia.

Economía y Comercio

  • Balanza comercial: Rexistro das exportacións e importacións dun país durante un período determinado. É un dos compoñentes da balanza de pagamentos. O saldo é a diferenza entre o valor dos bens que un país vende ao exterior e o dos que merca a outros países. É positiva se o valor das exportacións é maior que o das importacións.
  • Plataforma loxística: Zona delimitada estratéxicamente conectada a diversas redes de transporte (terrestre, marítimo, férreo), é dicir, conectividade intermodal, onde diversos operadores realizan actividades de almacenamento, manipulación, empaquetado e distribución de mercadorías. O seu obxectivo principal é optimizar a cadea de subministracións, reducir tempos e custos operativos, conectando fabricantes e consumidores con sustentabilidade. Exemplo: empresa Covirán en Santiago.
  • Economía circular e colaborativa: A economía circular é un modelo de produción e consumo que busca alargar a vida útil de produtos e materias, priorizando reducir, reparar, reutilizar e reciclar, fronte ao modelo lineal de “usar e tirar”. Exemplo: empresa de moda sostible como Ecoalf, segunda vida de mobles usados, compostaxe doméstico, etc. Pola súa parte, a economía colaborativa baséase no intercambio, alugueiro ou uso compartido de bens e servizos, a miúdo xestionado a través de plataformas dixitais.

Demografía y Tecnología

  • Inverno demográfico: Situación que se produce actualmente en países que están no réxime demográfico moderno, con taxas de fecundidade por debaixo da taxa de reposición (2,1 fillos por muller). Isto provoca un avellentamento da poboación e a necesidade de favorecer a inmigración para cubrir os postos de traballo necesarios. Esta problemática é significativa nos países máis avanzados da UE, Xapón e Rusia.
  • Fenda dixital: Desigualdade existente entre as persoas respecto ás posibilidades de acceso, calidade e formación no uso das TIC (tecnoloxías da información e comunicación). Esta desigualdade dáse entre grupos de distinta condición socioeconómica e entre habitantes das zonas rurais e urbanas, dado que a cobertura de internet é mellor en áreas densamente poboadas.
  • Padrón municipal de habitantes: Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén información sobre as características da poboación, sendo un rexistro vivo e dinámico (padrón continuo). É de vital importancia para os concellos, xa que o financiamento que reciben depende directamente da poboación rexistrada.

Entradas relacionadas: