Conceptos básicos de sociolingüística: linguas e sociedade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en con un tamaño de 2,55 KB

Conceptos básicos de sociolingüística

A sociolingüística é a disciplina que estuda as linguas e a relación que estas teñen coa sociedade.

Tipoloxía das linguas

  • Lingua maioritaria: É a máis falada nun territorio multilingüe e goza de gran prestixio social (ex. inglés, español).
  • Lingua minoritaria: Conta con poucos falantes nunha comunidade onde hai outras linguas (ex. islandés).
  • Lingua minorizada: Non se usa con normalidade en todos os ámbitos sociais dentro do seu territorio. Está afastada dos ámbitos de prestixio (medios de comunicación, ensino, xustiza...) pola lingua dominante, que presiona e incorpora os seus usos (ex. o galego ou o gaélico irlandés).

Na maioría dos países fálanse varias linguas, o que dá lugar ao fenómeno coñecido como contacto lingüístico e á existencia de sociedades bilingües ou plurilingües.

Bilingüismo e diglosia

O bilingüismo é a situación lingüística na que unha persoa ou unha comunidade utiliza dúas linguas de maneira habitual e funcional:

  • Bilingüismo individual: É o coñecemento e uso de dúas ou máis linguas por parte dun mesmo individuo.
  • Bilingüismo social: É o contacto nun mesmo territorio de dúas ou máis linguas.

A diglosia é a convivencia desigual de dúas linguas dentro dun territorio, xa que unha delas se superpón á outra.

O conflito lingüístico

O contacto entre linguas dentro dun territorio pode ser estable ou producir un conflito lingüístico, case sempre derivado de circunstancias políticas, económicas e sociais de desequilibrio entre os grupos lingüísticos implicados.

O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro do mesmo territorio, pois ambas queren posuír un maior número de falantes e asumir máis funcións e ámbitos de uso. Este conflito ten dúas saídas:

  • O abandono da lingua propia e a asimilación da dominante.
  • A normalización lingüística: o proceso de poñer en marcha unha serie de medidas (políticas, sociais, educativas, xurídicas...) para que esa lingua vaia recuperando os ámbitos de uso que tiña no pasado e se empregue en todos os ámbitos (ensino, medios de comunicación, relacións interpersoais...), ademais de ser o vehículo de comunicación normal dentro da súa comunidade.

Entradas relacionadas: