Conceptos básicos de IoT, M2M, VoIP, WWW, TCP, IP, HTTP, SMTP, POP3, FTP, SSH e IPv4

Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,22 KB

IoT: Internet das cousas

(en inglés, Internet of things) é un concepto que se refire á interconexión dixital de obxectos cotiáns con internet.

M2M: machine to machine

('máquina a máquina') é un concepto que se refire ao intercambio de información ou comunicación en formato de datos entre dúas máquinas remotas.

VoIP: Voz sobre protocolo de internet

tamén chamado voz sobre IP, voz IP, vozIP ou VoIP, é un conxunto de recursos que fan posible que o sinal de voz viaxe a través de Internet empregando o protocolo IP (Protocolo de Internet).

WWW: a World Wide Web

ou rede informática mundial é un sistema de distribución de documentos de hipertexto ou hipermedios interconectados e accesibles vía Internet.

TCP: Protocolo de control de transmisión

(en inglés Transmission Control Protocol), un dos protocolos fundamentais en Internet.

IP: Dirección IP

o número que identifica a cada dispositivo dentro dunha rede.

HTTP: Hypertext Transfer Protocol

ou HTTP (en español protocolo de transferencia de hipertexto) é o protocolo de comunicación que permite as transferencias de información na World Wide Web.

SMTP: O Simple Mail Transfer Protocol

(SMTP), é un protocolo de rede utilizado para o intercambio de mensaxes de correo electrónico entre computadoras ou outros dispositivos.

POP3: o Post Office Protocol

(POP3, 'Protocolo de Oficina Postal') en clientes locais de correo para obter as mensaxes de correo electrónico almacenados nun servidor remoto, denominado Servidor POP.

FTP: File Transfer Protocol

(FTP, 'Protocolo de Transferencia de Arquivos') en informática, é un protocolo de rede para a transferencia de arquivos entre sistemas conectados a unha rede TCP (Transmission Control Protocol).

SSH: Secure SHell

(en español: intérprete de ordes seguro) é o nome dun protocolo e do programa que o implementa, e serve para acceder a máquinas remotas a través dunha rede

IPv4: Internet Protocol version 4

(IPv4), é a cuarta versión da Internet Protocol (IP). É un dos protocolos centrais dos métodos estándares de interconexión de redes baseados en Internet.

Entradas relacionadas:

Etiquetas:
TCP IP IoT WWW VoIP M2M