O compromiso social de Rosalía de Castro e o Rexurdimento literario galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,33 KB

Rosalía de Castro

O compromiso social: foi dotada dunha aguda sensibilidade perante a marxinación, a inxustiza e a opresión. Por iso a súa obra ten un forte compoñente social, como nos demostrou no prólogo de Follas Novas. a) A defensa da cultura e do idioma galego, da nosa maneira de ser colectiva frente a visión de que o galego era sinónimo de atraso e ignorancia./ b) A defensa de valores sociais e morais do pobo galego fronte aos novos da sociedade burguesa./ c) A identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas./ d) A denuncia das inxustizas, insultos e abusos contra Galiza e cos galegos(emigración)./ e) A reivindicación dos dereitos das mulleres.// O feminismo: 2ª metade S.XIX o feminismo irrompeu en todos lados con forza(debate). A figura feminista de Rosalía está presente en toda a obra. ("Lieders", "La hija del mar", "Falvio").//////////////////////// OBRA LIT: Cantares Gallegos(1863), 1er libro pub. íntegramente en galego. 36 poemas, todos eles vinculados a unha cantiga popular que Rosalía reproduce e glosa con maior ou menor extensión. En algúns dos poemas Rosalía é a protagonista pero en voz doutros personaxes. Vaise compoñendo unha especie de retablo do que era Galiza na época, dos seus costumes, creenzas, etc... Cantares Gallegos é tanto un libro folclórico, como un doc. apoloxético e dignificador de Galiza, unha epopea popu. escrita no preciso momento hist. en que o novo mundo burgués substituía á soc. patriarcal precapitalista. Os 36 poemas van precedidos por un prólogo, Rosalía pide perdón polos defectos do libro. Ten un triplo obxectivo:a) reivindicar a validez  e capacidade do noso idioma/b) denunciar o maltrato  e a marxinación que padece o noso país e o menosprezo e explotación de que son obxeto os seus habitantes(labregos, emigrantes e mulleres)/c)combater a falsa e nagativa imaxe de Galiza que se tiña aínda nesa época./// A temática: a) O Prólogo("has de cantar") e o Epílogo("eu cantar, cantar cantei"), como intoducción e despedida./b)Poemas de tem. folclórico-etnográfica: reflectir a idiosincracia do pobo gal.+costumista+amor./c)P.tem. social e, ou patriótica: trata a penuria e marxinación dos galegos+denuncia da emigración+defensa de Galiza vs Castela./d)P.tem. intimista: vivencias e sentimentos persoais(saudade, lembranza do pasado, soidade, desgraza)//Follas Novas(1880), pub. en Madrid pero a desgusto e obrigada(editoriais). Consta de dun prólogo en prosa e 137poemas clasificados en 5 apartado: "Vaguedás" "¡Do íntimo!", "Varia", "Da terra" e "As viúdas dos vivos e.." Trátase dunha obra máis persoal e filosófica que Cantares aínda que haxa poemas que pareza que o continúen. No prólogo non é a mesma aspiración que en Cantares por que é máis escéptica e pesimista. Divídese en 2 apartados; a)A lírica solitaria ou subxectiva("Vaguedás" e "Do íntimo")./ 1º, fai de prólogo poético(20poemas), reflexiona sobre a escrita feminista e sobre os trazos e contidos da súa propia obra, o seu estado anímico caracterizado polo desasosego, o pesimismo, a saudade, a melancolía e a intranquilidade, ao final di que os seus versos non poden reflectir todos os seus sentimentos(prologo: "pobres enxendros da miña tristura").//2º, con 36 poemas exterioriza as súas particulares reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana, etc..//b)A lírica solidaria ou obxectiva("Da terra" e "As viúdas dos..")./ 1º, só 9 poemas, clara identificación co pobo galego(costumes, cultura, idioma)./2º, 31 poemas, centrase no tema da emigración e nas causas que o provocan, faino sobre todo desde a solidariedade e admiración das mulleres galegas(viúdas)./ Como ponte está "Varia".//Conto gallego(1864), Ambientado na aldea, dous amigos apostan sobre cal deles consegue conquistar a unha viúva o día do enterro do seu marido, créese que é pola indefensa muller pero é un poema claramente feminista


Eduardo P.

OBRA: 1ª composición en galego "A campana de Anllóns"(1858), soldado galego prisioneiro que sente morriña das paisaxes bergantiñás. Logo Pondal comeza a colaborar con revistas e xornais con poemas soltos. En 1877 aparece o libro "Rumores de los pinos", con 21 poemas en total. No 1884 edita o opúsculo "Gandreiras".//Queixumes dos pinos(1886), 91 composicións, 89 delas en galego e 2 bilingües, o celtismo, bardismo, misoxinia e helenismo son os compoñentes temáticos e ideolóxicos básicos. A temática da obra trata da evocación do pasado celta glorioso, a loita pola dignidade e a reivindicación do idioma.//Os Eoas, trátase dun longo poema narrativo onde canta a fazaña de Cristovo Colón e dos mariñeiros galegos que presuntamente o acompañaron, cántase as fazañas dos eoas e dos lusíadas na conquista de novos territorios. A Pondal custoulle moito publicar esta obra por medo o fracaso.//Principais liñas temáticas; Celtismo, Pondal cre que a base étnica do pobo galego é celta. Moitos poemas de Pondal fan alusión, en ton épico, aos feitos e figuras dos heroes celtas. A propia Galiza pasa a ser denominada "fogar de Breogán", en alusión ao principal xefe celta galaico, presentando a Galiza como un pobo con historia propia e cun pasado glorioso reivindicando o seu pasado e para motivar aos galegos de recuperar a súa autoestima. Bardismo, os bardos eran sacerdotes-poetas-adiviños celtas que gardaban e transmitían poéticamentea sabedoría da tribo, como o anterior trata de revelar aos galegos do seu pasado histórico, máis ser bardo resultaba unha tarefa ingrata, pois a figura aparece como un ser solitario... Iberismo; nalgúns poemas soña coa futura unidade ibérica, coa galiza facendo o papel de ponte entre hispanos e lusitanos. O idioma galego serve para establecer un vínculo de unión entre galegos e portugueses, esta idea da lingua como lazo de unión con Portugal sería retomada polas Irmn no S.XX. Misoxinia e machismo; manifesta un pensamento machista e misóxino(desprezo da muller), aparece como unha presa de caza e a relación amorosa preséntase como unha "conquista" con violencia// Helenismo ou Clasicismo, admira profundamente o pasado de Esparta, o helenismo ponse de manifesto na mención de personaxes históricas e míticas da Grecia clásica. Como o poeta Tyrteo, Pondal concibe a súa poesía como un himno encamiñado a soeguer o ánimo dos galegos na loita.// Misticismo panteísta; a natureza ocupa un papel moi relevante na poesía de Pondal(a veces personificada), as árbores, o vento , as aves poden falar e escoitar ("¿Que din os rumorosos..?)//


Lingua e estilo de Pondal; esforzouse por crear un rexistro culto, refinado e literario para o idioma. O seu estilo é solemne, grave e sobrio e caracterízase por; 1.uso abundantísimo de adxectivos correspondentes ás oposición semánticas, 2.uso constantes de epítetos e de frases feitas, 3.uso frecuente de elmentos naturais como símbolos, 4.abundante emprego de topónimos e de antropónimos, de resonancias célticas e heróica, 5.+cultismos do grego e do latín.


Manuel Curros Enríquez

OBRA POÉTICA; Curros é a 3ªgran figura do Rexurdimento literario, a súa actitude de compromiso con quen sufría os males do seu tempo convérteo no gran poeta cívico do XIX. Os ataques púbicos e o procesamento por mor dos poemas de ton anticlerical que figuran en Aires da miña etrra fixeron que a sona de Curros se espallase por toda Galiza e que a obra tivese moi boa acollida, de xeito que acabou por ser o poeta galego do XIX máis coñecido popularmente, mesmo por riba de Rosalía. Comezou como escritor galego, co poema "Cántiga"(1869), ao que o seguiron "Ben chegados"(1873) e outros. A  súa instalación plena no galego como lingua poética prodúcese a partir de 1877con 29 ano, tamén se presenta ao "Certame Literario" de Ourense onde obteu o 1º premio con "A Virxe de Cristal", "Unha bida en Einibó" e "O gueiteiro". A súa consagración viría da man de "Aires da niña terra"(1880) e "O divino sainete"(1888).// 

Aires da miña terra(1880), poemas moi heteroxeneos, empeza con 17 e acaba con 32 na 3ªedicion en 1886, podemos agrupar tematicamente as poesias do libro en 3; a)Poemas sociais ou cívicos, defende aspectos do seu ideario progresista, democrático e galeguista e expón críticas á sociedade do seu tempo, posicionase contra os abusos de poder, a tiranía../b) P.intimistas e de circunstancias; forman este grupo algúns poemas que teñen a súa orixe nalgún acontecemento persoal e familiar ou nalgunha desgraza na vida do autor ("Ben chegado", "Ai", "Na morta da miña nai")./ O divino sainete (1888), longo poema de carácter satírico-burlesco composto por 512 tríades de versos octosílabos con rima consoantes, que parodia unha das obras cume da lit. occidental, "Divina Comedia" de Dante, Curros pretendía con esta obra 3 obxectivos básicos: a)Facer unha crítica as institucións de goberno e aos sectoresreaccionarios da sociedade en xeral a igrexa católica/.b) Desenvolver unha defensa do Rexurdimento e reivindicar o dereito á existencia dunha literatura galega autónoma/. c)Satarizar determinados inimigos persoais, ideolóxicos e lit. O divino sainete adopta como motivo argumental unha peregrinación de Curros a Roma, acompañado polo poeta Añón, van en distintos vagóns que representan cada un dos sete pecados capitais, tamén en cada vagón hai diferentes poetas aos que Curros satiriza.// Principais liñas estéticas, temáticas e ideoloxías da poesía de Curros; defínese como un home "de ideas e conviccións", a ideoloxía de Curros fundamentalmente en; a)Progresismo, defende con firmeza e autenticidade nos seus versos as libertades e os dereitos individuais que cometen os poderosos./b)Compormiso social, cre apaixonadamente que ten como misión ética de denunciar a inxustiza e poñerse ao lao dos que sofren, dos maltratados para ser a voz dos que non teñen voz, atacando os privilexios dos mais ricos.//c)Anticlericalismo; ataca sen desmaio a igrexa católica, o Papa, os xesuítas, por consideralos viva imaxe da intolerancia, represores da libertade de pensar e facer ciencia, fariseos, etc.../ Curros experimentou unha evolución ideolóxica provocada polo contraste entre os seus esquemas teóricos optimistas e as evolucións, case sempre negativas, da realidade histórica.// De confiar plenamente no modo de producción capitalista para rematar co atraso e traer a libertade e o progreso pasou a combatelo, ao comprobar que non só non corrixía as desigualdades do pasado, senón que creaba as súas propias./ De ver na emigración unha boa solución para os galegos condificultades económicas ou políticas, ao vivila en carne propia, pasou a combatela./ De ter como preocupación a forma de goberno do Estado(instauración da República), súmase ao rexionalismo galego. O noso poeta opinará entón que "na unión dos bos galegos, está da Patria o porvir".

Entradas relacionadas: