Composición do Universo e Evolución: Big Bang, Teorías da Evolución e máis

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,61 KB

Composición e Formación do Universo

Materia Normal, Escura e Enerxía Escura

Composición do universo: 4% materia normal, 21% materia escura, 75% enerxía escura.

Diferenza entre materia normal e escura: Coñécese a composición da materia normal, e da escura non.

Formación do Universo: A Teoría do Big Bang

En 1948, Gamow propuxo que o universo creouse tras a explosión do Big Bang. Toda a materia do universo atopabase concentrada nunha zona extremadamente pequena e, ao producirse a explosión, saíu impulsada en todas direccións. Ao concentrarse a materia nalgún lugar do espazo, formáronse as primeiras estrelas e galaxias, e a partir de aquí, o universo atópase nunha continua e constante evolución.

Nucleosíntese Primordial

Proceso de fusión de protóns en neutróns, orixinando núcleos de átomos de elementos lixeiros.

O Universo Primitivo

Por que estaba formado o universo primitivo? Por un conxunto de protóns, electróns, fotóns e núcleos de elementos lixeiros.

Componentes das Galaxias

Materia invisible, materia escura, po e enerxía escura.

Estruturas Galácticas

Cúmulo galáctico: Agrupación de galaxias.

Supercúmulo: Agrupación de cúmulos galácticos.

Estruturas que se atopan no interior das galaxias:

  • Cúmulos estelares: agrupación de estrelas unidas pola forza da gravidade.
  • Sistemas estelares.

Sistemas Estelares

Sistemas formados por máis dunha estrela, unidas pola forza da gravidade e xiran entorno a un centro común.

Sistemas binarios: Sistemas estelares formados por dúas estrelas.

Tipos de Galaxias

Galaxias máis frecuentes e características:

  • Galaxias elípticas: Forma de elipse e nelas abundan estrelas vellas e teñen pouco po e gas.
  • Galaxias espirais: Nelas existen nubes de gas e estrelas novas atopadas nos brazos da espiral e no centro teñen unha protuberancia.
  • Galaxias irregulares: Formadas por estrelas novas e gran cantidade de po interestelar.

O Sistema Solar

Composición do Sistema Solar

Polo Sol, planetas, satélites e corpos menores.

Planetas Interiores e Exteriores

Planetas interiores: Mercurio, Venus, Terra, Marte.

Planetas exteriores: Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno.

Diferenzas planetas exteriores e interiores: Os interiores, en comparación cos exteriores, son pequenos, afastados do Sol, superficies rochosas e unha atmosfera gasosa pouco extensa ou inexistente.

Satélites e Outros Corpos

Que é un satélite? Corpo celeste que xira arredor dos planetas.

Planetas sen satélite: Mercurio e Venus.

Troianos: Asteroides situados na órbita de Xúpiter.

Centauros: Asteroides situados na órbita de Saturno.

Estrelas fugaces: Fragmentos de asteroides ou cometas que entran en contacto coa atmosfera terrestre.

Protosol: A colisión das partículas da masa central do sistema solar.

Planetesimais: Partículas que formaban o disco xiratorio, agrupáronse e formaron gránulos que chocaron e fusionáronse orixinando os planetesimais.

Procedencia dos planetas primitivos: Da colisión e unión dos planetesimais.

A Terra: Estrutura e Tectónica de Placas

Diferenzas entre a Codia Continental e Oceánica

A continental é máis grosa, lixeira e antiga que a oceánica.

Capas da Terra

Capa D: Capa que está debaixo do manto inferior (200 km) formada por un material fundido.

Elementos que forman o núcleo: Níquel, ferro (ou NIFE), osíxeno e silicio.

En que está baseado o modelo dinámico? No comportamento dos materiais.

Litosfera: Comprende a codia e os primeiros km do manto, está dividida en placas e ten comportamento ríxido.

Relación entre manto e mesosfera: A mesosfera atópase no manto inferior e ten como base a capa D.

División da Terra en capas segundo o modelo composicional e dinámico:

  • Composicional: Codia (33 km), manto superior (670 km), manto inferior (2900 km) e núcleo (ata o centro da Terra).
  • Dinámico: Litosfera (pouco máis que a codia), astenosfera (ata o remate do manto superior), mesosfera (todo o manto inferior), endosfera (todo o núcleo).

Placas Tectónicas e Limites

3 placas tectónicas cos seus respectivos límites:

  • Norteamericana (coa Pacífica, Eurasiática, Africana, Caribe e Cocos).
  • Eurasiática (coa Norteamericana, Africana, Pacífica, Filipina, Arábiga e Indoaustraliana).
  • Africana (coa Eurasiática, Norteamericana, Suramericana, Caribe, Arábiga e Antártica).

Dorsal: Grandes cadeas submarinas situadas nos centros dos océanos.

Límite diverxente: Consiste na separación das placas creando litosfera.

Formación dos arcos illas: Mediante o achegamento das placas, ao destruírse a litosfera, aparecen os límites converxentes, entón, a placa oceánica subduce baixo outra placa oceánica.

Zonas máis activas da Terra (terremotos e volcáns): Zonas de subdución e as dorsais oceánicas.

Orixe da Vida

Hipótese da Panspermia

Afirma que a vida foi sembrada na Terra por seres intelixentes que procedían de sistemas solares cun avanzado grao de evolución.

Etapas Iniciais da Hipótese de Oparin

Formación das moléculas orgánicas sinxelas, das complexas e a formación de coacervados.

Caldo primordial: É o conxunto de moléculas orgánicas complexas.

Relación entre a hipótese de Oparin e o experimento de Miller: Miller realizou un experimento seguindo as instrucións da hipótese de Oparin.

Teorías da Evolución

Teoría de Lamarck

Coñecida como a teoría dos caracteres adquiridos ou transformismo, fundaméntase en:

  • Lei do uso e desuso dos órganos.
  • A función crea o órgano.
  • A herdanza dos caracteres adquiridos.

Erros da teoría de Lamarck: Defensa de que os caracteres adquiridos son herdados e que os animais teñen unha necesidade interna de perfeccionarse e de facerse máis complexos.

Teoría de Darwin

Tamén coñecida como a evolución das especies por selección natural, fundaméntase nos seguintes puntos:

  • Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir.
  • Nas poboacións existen variacións ou diferenzas herdables.
  • Prodúcese unha selección natural.
  • A poboación cambia gradualmente.

Fallos da teoría de Darwin: Afirmaba que a selección natural só se manifesta se hai variabilidade nos individuos, pero nunca chegou a coñecer a orixe desas variacións nin o modo en que se transmitían.

Neodarwinismo

Tamén chamada teoría sintética da evolución, os puntos máis importantes son:

  • A unidade evolutiva non é un individuo senón a poboación.
  • As mutacións espontáneas e a recombinación xenética son a fonte da variabilidade hereditaria nas poboacións.

Relación entre darwinismo e neodarwinismo: O neodarwinismo serve para darlle sentido ás teorías do darwinismo, xa que grazas a ela obtense os porqués de por que a teoría de Darwin é correcta.

Probas a Favor da Evolución

Probas anatómicas e morfolóxicas: Divididos en órganos homólogos, órganos análogos e órganos vestixiais.

Probas fósiles, probas embriolóxicas, probas bioxeográficas e probas moleculares.

Órganos homólogos: Son os que teñen a mesma estrutura interna.

Órganos análogos: Son os que posúen a mesma función pero as estruturas internas son diferentes.

Órganos vestixiais: Restos de estruturas que nun pasado foron necesarios pero que perderon a súa función.

Series filoxenéticas: O descubrimento de fósiles de épocas distintas pertencentes a especies emparentadas, podendo apreciar nestes fósiles cambios lentos mais progresivos.

Entradas relacionadas: