Sexenio Absolutista e Trienio Liberal en España: comparativa do reinado de Fernando VII
Clasificado en Historia
Escrito el en
español con un tamaño de 4,7 KB
Actualizado el
Resumen
O documento compara o Sexenio Absolutista (1814-1820) e o Trienio Liberal (1820-1823) durante o reinado de Fernando VII. Explica o contexto de cada período, as políticas aplicadas e as causas que puxeron fin a cada un deles. Tamén achega unha conclusión sobre os dous momentos opostos da historia de España no século XIX.
Puntos clave
- Fernando VII regresa a España en 1814 e anula a Constitución de 1812 mediante o Decreto de Valencia, restablecendo o absolutismo.
- Durante o Sexenio Absolutista restáurase a Inquisición, os antigos consellos, a Mesta, os gremios e o réxime señorial.
- O Trienio Liberal (1820-1823) comeza cunha sublevación liderada por Rafael del Riego para restablecer a Constitución de 1812.
- Durante o Trienio Liberal recupéranse as leis das Cortes de Cádiz, decrétase a liberdade de prensa e suprímese a Inquisición.
- O Sexenio Absolutista rematou por tensións interiores e pronunciamentos; o Trienio Liberal rematou pola intervención da Santa Alianza co exército dos Cen Mil Fillos de San Luís.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Reinado de Fernando VII: Sexenio Absolutista e Trienio Liberal (1808-1833)
O reinado de Fernando VII de España, que se estendeu entre 1808 e 1833, estivo marcado por momentos de gran convulsión política e social. Entre estes, destacan o Sexenio Absolutista e o Trienio Liberal, dous períodos que presentan características e consecuencias moi distintas e que definiron a loita entre o Antigo Réxime e as novas ideas liberais.
Contexto Histórico de Ambos os Períodos
O Sexenio Absolutista (1814-1820)
Tras o Tratado de Valençay, Fernando VII regresa a España como rei en 1814. Desembarca en Valencia e, tras sentirse apoiado polo Manifesto dos Persas, asina o Decreto de Valencia, onde anula a Constitución de 1812, que fora aprobada nas Cortes de Cádiz, restablecendo o absolutismo monárquico.
O Trienio Liberal (1820-1823)
Este período comeza cando un grupo de oficiais do exército, liderados por Rafael del Riego, se alzaron en armas para restablecer a Constitución de 1812, que fora derrogada por Fernando VII.
Política e Lexislación Aplicada
Política do Sexenio Absolutista (1814-1820)
A política aplicada neste período por Fernando VII consistiu nunha idea obsesiva de volta ao pasado (Restauración). As principais medidas foron:
- Restauración da Inquisición.
- Restablecemento dos antigos consellos, a Mesta e os gremios.
- Restauración do réxime señorial e das institucións feudais.
- Establecemento da devolución dos bens desamortizados.
Política do Trienio Liberal (1820-1823)
Este período caracterizouse pola recuperación da obra lexislativa das Cortes de Cádiz e pola adopción de novas medidas para conseguir un sistema de liberdades políticas e modernización do Estado. Entre as medidas máis salientables atópanse:
- Concesión da liberdade a todos os presos políticos.
- Restablecemento nos seus cargos nos concellos e nas deputacións a todos aqueles que foran depostos durante o Sexenio.
- Convocatoria de eleccións a Cortes.
- Creación da Milicia Nacional para a defensa da Constitución.
- Restablecemento da liberdade de prensa, que foi o instrumento que garantía a diversidade ideolóxica xunto coas sociedades patrióticas nas que se debatían todos os temas de actualidade política e social.
- Supresión da Inquisición e das ordes monacais.
- Co fin de sanear a facenda, desamortizáronse os bens da Igrexa e suprimíronse as vinculacións e morgados da nobreza.
Tensións e Finalización de Ambos os Períodos
Final do Sexenio Absolutista
A represión iniciada en 1814 non detivo a acción dos liberais. Iniciouse así unha longa serie de pronunciamentos que caracterizarán o século XIX en España. Os liberais, ao careceren de apoio popular para chegar ao poder, necesitaban aos militares. Producíronse ata oito pronunciamentos no Sexenio Absolutista (como os de Espoz e Mina ou Juan Díaz Porlier na Coruña), todos eles fracasaron agás o oitavo, onde Rafael del Riego, en Las Cabezas de San Juan, encabeza unha sublevación do exército alí reunido para partir cara a América e sofocar a insurrección. A revolución foise estendendo por Andalucía e outras cidades españolas como A Coruña, polo que Fernando VII tivo que xurar a Constitución. Polo tanto, foron as tensións interiores as que remataron este período.
Final do Trienio Liberal
A tensión política e social persistiu, debido á oposición entre liberais moderados e liberais exaltados, ás intrigas do rei e á oposición dos absolutistas. O rei francés Luís XVIII, ante a situación que se estaba a dar en España, e cumprindo co compromiso das monarquías absolutas europeas de axudarse entre si, enviou por orde da Santa Alianza ao exército dos Cen Mil Fillos de San Luís, ocupando o territorio español co apoio das tropas realistas e dando fin a esta etapa liberal. Neste período, a diferenza co anterior, non só foron as tensións interiores as que o remataron, xa que a intervención do exterior foi fundamental para poñer fin a esta curta etapa.
Conclusión
A comparación entre o Sexenio Absolutista e o Trienio Liberal amosa dous momentos opostos na historia de España: un caracterizado pola represión e a falta de liberdade, e outro, aínda que breve, marcado por tentativas de modernización e democratización. Ambos os períodos tiveron un impacto significativo na evolución política do país e na consolidación da loita ideolóxica do século XIX.
Preguntas frecuentes
Como acabou o Sexenio Absolutista?
Acabou por tensións interiores, despois de que a sublevación de Rafael del Riego en Las Cabezas de San Juan se estendese por Andalucía e outras cidades, obrigando Fernando VII a xurar a Constitución.
Por que terminou o Trienio Liberal?
Terminou pola intervención exterior: o rei francés Luís XVIII, por orde da Santa Alianza, enviou o exército dos Cen Mil Fillos de San Luís, que ocupou España co apoio das tropas realistas.
Que medidas se aplicaron durante o Trienio Liberal?
Concedeuse liberdade aos presos políticos, convocáronse eleccións a Cortes, creouse a Milicia Nacional, restableceuse a liberdade de prensa, suprimiuse a Inquisición e desamortizáronse os bens da Igrexa.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.