Como son os ollos dos peixes e dos crustacios?

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,78 KB

GRUPO ESCULT ANUNCIACION E VISITAC D PORTIC OCC D CATED D REIMS. Aut:Mestre da visitacion, mestre do sorriso, mestee de Amiens. Cronolox: 1245-1255. Estil: gotic clasic. -coment: a fachad e de triple portada(habitual no gotic clasic) Destacan as esculturas q invaden os espazos dispoñibles, sen embargo as portas non teñen timpanos, q son sustituidos por rosetons von vidreiras. Os temas principais colocanse nas columnas e gabletes. Nas xambas estan as estatuas columna cos grupos escultoric da anunciac e a visitac.  -Grupo escult d anunciac:iconografia: tema da anunciac como se relata no evanxeo san Lucas. Un anxo anuncia a María q vai concibir un fillo por obra e graza do espiritu santo. Componse da figura da virxe e dun anxo sonrrinte. Analise formal e tecnico: movemento reflictid pola xesticulac dos brazos. María sen expresion. Vestimenta primitiva e os pregues acentuan a verticalidade. O anxo observa a virxe e esta mira ao exerior. Diferenzas entre o ropaxe no anxo e na virxe fannos pensar na intervencion de dous mestres, un mais arcaizante na virxe e outro mais moderno no anxo. O mestee do Sorriso e o autor do anxo, q representa un arte cortesa, amable, humano, ageadable e caracterizado polo preciosismo tecnico. O mestre de amneis e autor da virxe de anunciacion, ten un estilo q deixa d lado a antiguidade clasica. E in arte frio, distante, sen sentimentos, uniforme e estilizado no q as figuras visten tunicas iguais. -Grup escultoric visitac: iconograf: encontro entee María e sabela embarazadas coml se relata ni evanxeo san lucas. Autor descoñecido. Analise formal: tema ds visitacion de María e a sua curma sabela ocupa duas estatuas-columnas do port central. Aparecen vestidas d matronas romanas con tunicas feitas coa tecnica dos panos mollados cos seus pregados movidos. Recursos como a perna de apoio, a perna libre e a curva praxiteliana, demostran q o coñecement do artista non e suoerficial ainda q non supera o principio d disxuncion. Parecido da cabeza d María coa Venus d medici e evidente, a inspiracion nun sarcofago leva ao escultorr a desbotar a iconografia tradic do tema da visitacion sustituindoa por unha escea de filosofos axeitada a tipoloxia das estatuas columna. Composicion en contraposto (cabezas inclinadas e xesticulando), rostros expresivos e diferenciados ambos,  modelaxe intenso da roupa. Recordan a Fidias co uso dos panos mollados. Figuras insertadas nun espazo q se comunican entre elas. A lei do marco condiciona o cano pero queren liberarse dese marco e se proxectan cara ao exterior. Non hai convencionalismo como na escultura románica. -Simboloxia: o S.XIII e o das catedrais, cidades e no q a burguesia e o grupo social emerxente. As esculruras evolucionan na tecnica q e mais detallista e na conexion coa nova estetica e pensamento filosofico. Superouse o terror do ano 1000. A nova espiritualidade reflicte o despertar das cidades, confianza do home e o rexurdir do comercio e artesania. Esculpense figuras naturalistas, preto do ser humano. A virxe non e so obprincipal persoeiro fem, tb e nai d Deus.





PRANTO POR CRISTO MORTO: aut: Giotto. Cronol: princip S.XIV. Estil: Gótico. Tecnic: fresco. Localiz: capela Scrovegni (Padua). Comentario
Introdución:
pintura realizados coa técnica do fresco, con retoques ó temple. Esta escena,corresponde a un dos episodios recollidos nas paredes da capela dos Scrovegni en Padua. O conxunto mural, recolle momentos diferentes da vida de Xesús e da Virxe Asunción e Pentecostés pasando por escenas da Paixón, son un total de 36 escenas enmarcadas por orlas con medallóns, semellando cadros independentes, organizadas en tres franxas superpostas. A bóveda de canón que cobre a única nave da capela, pintada en azul, queda convertida en bóveda celeste coa única presencia de tondos presidida por Cristo dando a súa bendición. No muro da contrafachada represéntase o Xuízo Final, no lado dos xustos, a Enrico Scrovegni ofrecendo á Virxe a construción da capela, sería un xeito de expiar os pecados do pai. Giotto foi discípulo de Cimabue e pronto obtivo un amplo recoñecemento social recibindo encargos dos máis poderosos da época. Con Giotto ábrese un novo camiño: o recoñecemento do artista en tanto persoa que non só domina as técnicas como un bo artesán senón que ademais é un creador, do que se valora o xenio da súa inventiva. 
-Contexto: a estética gótica non chegou a ter demasiado éxito en Italia. O mesmo sucedeu na pintura que se mantivo ligada á tendencia bizantina. No Trecento dúas escolas italianas, Siena con Simone Martini e Florencia con Giotto, rompen coa tradición gótica bizantina, a denominada pintura á grega, e os seus convencionalismos. Dan un paso adiante na procura do Naturalismo tanto na representación dos espazos, como nas figuras. Paralelamente mellorouse a técnica do fresco empregando substancias menos oleaxinosas que escurecían as cores, o que permitiu que as cores acadasen unhas tonalidades claras e vivas antes nunca vistas. Foron factores fundamentais do cambio: a presenza no entorno inmediato da cultura clásica e a riqueza das Repúblicas obtida a través da actividade comercial.
 -Análise: o tema era tradicional na iconografía cristiá bizantina, pero na obra de Giotto resulta novidoso. Diferenza dous espazos, inferior e superior, a parte terreal onde ten lugar a morte e o drama, e a parte celeste na que dez anxos, sobre un fondo azul intenso, choran tamén a morte de Cristo, cun sentimento que os achega ó home. Ambas áreas quedan separadas pola árida paisaxe. -Iconografía: A lamentación sobre o corpo de Cristo non se menciona no Novo Testamento, é un tema de orixe bizantino inspirado nos ritos dramáticos e introducido en Italia a finais do século XIII por Coppo di Marcovaldo. 
A escena principal céntrase no corpo inerte de Cristo acollido por María que o mira amorosamente, mentres no seu redor outras figuras contemplan a escena con contida emoción, entre elas as tres Marías (María Magdalena, María de Cleofás e María Salomé),  San Xoán cos brazos en alto, detrás del e de pé, Xosé de Arimatea e Nicodemo. Todos eles distinguibles polas aureolas que nimban as súas cabezas.
-Análise formal: unha clara diagonal vai de esquerda a dereita, da cabeza de Cristo morto ata o alto da montaña rochosa cunha pequena e sinxela árbore, seca, sen follas, que tamén semella simbolizar a morte. Esa diagonal rompe a habitual disposición frontal pero tamén descentra a figura principal, Cristo non está no eixe da pintura senón desprazado á esquerda. Pese a todo, esa asimetría non lle resta relevancia, son outros os elementos que o revalorizan: a súa nudez que destaca no medio das cores das roupas dos demais e as miradas de todos que a el se dirixen. A distribución das figuras é diferente no espazo terreal e celestial.  
 Os anxos aparecen claramente separados con baleiros entre eles, cun tratamento moi variado de disposicións destacando algúns escorzos moi ben logrados. No mundo terreal, as figuras individualízanse claramente no plano principal e no lado dereito, onde podemos recoñecer a María que se achega chea de dor ao rostro do fillo, a María Magdalena que suxeita con suavidade os pés feridos de Cristo, a San Xoán, o seu mais ben querido discípulo, que no centro se inclina cara ao seu mestre abrindo o brazos en actitude de desolación, á dereita Xosé de Arimatea e Nicodemo recollidos nun xesto de resignación.  Hai pois unha distribución clara e racional: dúas figuras á dereita, tres no centro e tres á esquerda, todas rodeando o corpo de Cristo, de xeito que os personaxes principais son claramente recoñecibles, pero ademais engade un grupo á esquerda con figuras anónimas e incompletas que fan a composición máis compacta e que coa súa disposición de pé equilibran a elevación do outro lado. Giotto inserta a natureza, esa árbore resulta desproporcionada en tamaño, pero xa non recorre aos fondos dourados, aínda así teñen algo de telón de fondo posto que está subordinada aos feitos que se narran, haberá que esperar para encontrar na pintura unha natureza de verdade. Igualmente constrúe un espazo físico, hai profundidade, unha terceira dimensión que ven dada pola propia composición, a diagonal principal, pola paisaxe e polas figuras de costas que crean profundidade, vemos que hai aire ou espazo entre as formas. Fisicamente as personaxes non son retratos, nin sequera tomados do natural, todos presentan clara similitude sendo o mais característico os ollos achinados, negros ou castaños fortemente rasgados que aparecen sempre en todos os seus personaxes. En canto ao tratamento plástico, as formas son contundentes e monumentais, sólidos volumes con verdadeira sensación de masa, ben definidos polo trazo dos contornos que lles outorga un certo carácter escultórico favorecido pola luz plasmada nas tonalidades da cor. A cor axuda a lograr o obxectivo final, así a conexión do amarelo claro da primeira figura da esquerda e da montaña rochosa da dereita unifican a escena, o azul do ceo outorga neutralidade a ese espazo, mentres que abaixo as gamas de vermellos e verdes alternándose dinamizan o conxunto. En todo caso tratase dun colorido brillante que outorga un carácter táctil á pintura. Pero sen dúbida o aspecto mais salientable e o sentimento, a expresión da dor por medio de xestos claros e individualizados, contundentes, é unha dor real, humana que se reflicte nas mans, nas bocas entreabertas e nos ollos chorosos. O patetismo máximo está en María e en San Xoán, un patetismo que Giotto aprende da realidade inmediata. Sen embargo está lonxe do exceso, todo as expresión rebordan unha solemnidade acorde ós acontecementos.
A tridimensionalidade lógrase coa introdución da paisaxe do fondo, a disposición de figuras en distintos planos detacando as figuras de espalda ao espectador, nos escorzos dos querubíns voadores e na propia monumentalidade escultórica das figuras.
Considérase que o seu cadro é unha “ventá aberta á realidade”.
-Influencias: hai pois un afondamento humanista que nada ten de gótico aínda que algo quede do pasado como os nimbos dourados realizados en estuco. A obra de Giotto rompendo cos convencionalismos e co hieratismo, acada un Naturalismo cheo de vigor, unha humanización que enlaza co espírito franciscano, responde a un sentimento relixioso polo que o individuo é digno de redención se practica virtudes, e co novo gusto burgués e antiseñorial do patriciado italiano. Terá claros seguidores en figuras coma Masaccio ou Miguel Anxo.
A búsqueda de profundidade acércano aos artistas do Renacemento.



Entradas relacionadas: