Como deseñar e crear un plan de formación empresarial
Enviado por Chuletator online y clasificado en Español
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,7 KB
Deseño e creación do plan de formación
O deseño e creación dun plan de formación require o desenvolvemento dun conxunto de tarefas que se enumeran a continuación:
- Fixar os obxectivos: Deben quedar claramente definidos e ser coherentes cos obxectivos estratéxicos da empresa.
- Analizar as necesidades: Detectar as carencias formativas dos traballadores e establecer unha priorización das mesmas, elixindo o contido, xa que non sempre se poderá atender a todas.
- Concretar os destinatarios: Determinar os traballadores que van ser afectados polo plan.
- Seleccionar os formadores: Decidir quen se encargará de realizar a formación e se esta se desenvolverá dentro ou fóra da empresa.
- Planificar recursos: Decidir como, onde e con que recursos se vai desenvolver a formación (este apartado é de gran importancia).
- Temporalizar: Establecer un calendario que precise as datas nas que os traballadores participarán na formación.
- Comunicación e aprobación: O plan elaborado debe ser comunicado á dirección da empresa para a súa aprobación.
- Informe do comité: O comité de empresa ten dereito a emitir un informe sobre o plan de formación profesional con carácter previo á súa execución.
- Implantación: Supón o desenvolvemento do plan ao longo do tempo decidido e para os traballadores designados.
- Avaliación: É a última fase e proporciona información sobre os resultados e datos sobre as necesidades de formación futuras.
O plan de formación
O plan de formación está formado tanto polo conxunto de actividades ordenadas que se van poñer en marcha para cubrir as necesidades da empresa, como polos recursos necesarios para levalas a cabo. Exixe o desenvolvemento das seguintes actividades:
- Deseño e elaboración do orzamento.
- Desenvolvemento e execución.
- Avaliación.
Métodos relacionados coa planificación e desenvolvemento
- Estudo dos postos de traballo: Consiste en analizar todas as tarefas dun posto concreto e ver que necesita aprender de novo a persoa que o ocupa ou vai ocupar.
- Análise de fallos: Analiza os defectos producidos na actividade dun posto de traballo e a súa relación coa falta de formación.
Nesta etapa de detección de necesidades formativas é de vital importancia a tarefa dos mandos medios. Son eles quen aprecian primeiro as necesidades do seu equipo e quen poden impulsar e apoiar a súa formación.