Comentarios de texto de cantares gallegos de rosalia de castro

Enviado por david y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,26 KB

Cantares gallegos
.

O 17 de maio do ano 1863 é a data do comezo do Rexurdimento propiamente dito, o Rexurdimento pleno1, marcado pola publicación dos Cantares gallegos.

Estrutura


.O libro está composto por 36 poemas, unha serie de cantares ou de ditos populares onde pretende reproducir o que ela considera o verdadeiro espírito do noso pobo, dándolles aparencia de cántigas populares, mais cun transfondo ideolóxico claro: a reivindicación e defensa da Galiza e da lingua galega fronte as humillacións sufridas2. Todo o libro é unha constante reivindicación, unha denuncia, tanto nos cantares de poesía social coma nos máis amorosos.No primeiro dos poemas a voz lírica é dunha moza invitada a cantar na lingua do país, petición que acepta insegura (tiña medo de non o facer ben), mais gustosaO derradeiro poema é unha caste de resposta ao primeiro, onde a moza se desculpa pola súa impericia á hora de cantar todas as marabillas da GalizaContra da visión ‘tradicional’ española da Rosalía ‘chorona’, neste libro evidénciase a fortaleza desta muller, mesmo a súa ousadía no terreo político. Destacábel é a súa identificación de Galiza como elemento con sentido propio en oposición a España, chegando a formulacións próximas (ou ben xa dentro) ao nacionalismo, como no poema ‘A gaita gallega’.

Os poemas

Temática


.Nos Cantares gallegos podemos distinguir catro temáticas principais: a amorosa, a costumista, a intimista e a social-patriótica.
  • Temática amorosa


    . Nestes poemas os amantes falarán do seu amor, das súas coitas... das súas vivencias amorosas, en definitiva. Dende un punto de vista popular, trata diversas situacións amorosas.
  • Temática costumista


    . Nestas composicións nárranos as romarías, crenzas, tradicións, etc., do rural galego. Non se trata de composicións meramente folclóricas, pois ademais da narración tamén fai unha defensa da nosa cultura contra as ultraxes e burlas foráneas.
  • Temática intimista


    . É a Rosalía máis persoal, anticipando o que serían En las orillas del Sar e Follas novas
    . Son esencialmente os poemas ‘Campanas de Bastabales’ e ‘Como chove miudiño’.
  • Temática social-patriótica


    . Aquí aparecen explicitamente as súas reivindicacións de Galiza e de todo o galego (as xentes, a lingua, as paisaxes...). Carga contra a emigración (e mais as súas causas e as súas consecuencias), contra Castela, contra o abandono do País, contra a inxustiza...

Follas novas


.

Como xa dixemos, a meirande parte desta obra foi escrita a fins dos anos 60 en Simancas (así nolo di a propia Rosalía: “Máis de dez anos pasaron (...) desque a maior parte destes versos foron escritos (...)”); porén, foi publicado no 1880).


Estrutura e temática


.

Os temas fundamentais deste libro son a emigración, a denuncia social e tamén unha temática intimista: a saudade, a soidade, a presenza da morte, a obsesión da negra sombra.

Rosalía estruturou Follas novas en cinco apartados, dos que os dous primeiros serían de poesía subxectiva (de carácter existencial, intimista; con pensamentos imbuídos de tristura, pesimismo e angustia fronte a vida chegando a unha especie de determinismo da desgraza1), e os dous últimos de poesía obxectiva (constante reivindicación, unha caste de prolongación dos Cantares gallegos, mais cun ton máis crítico e reflexivo).

I)Vaguedás. A autora reflexiona sobre a súa propia poesía. É a iniciación ao que será o resto do libro

II)

Do íntimo

. A voz lírica é a da autora (aínda que por veces non o pareza), que fala a través de diferentes personaxes.

III)

Varia

. O seu nome vénlle da diversidade temática que trata. Poderiámolo considerar como a ponte entre a poesía subxectiva (‘Vaguidades’ e ‘Do íntimo’) e a obxectiva (apartados IV e V).

IV) Da terra. Como xa dixemos arriba, é coma unha prolongación dos Cantares Gallegos.

V)As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos. É unha loita contra as desgrazas da emigración

Entradas relacionadas: