Cliserie dos Pirineos: Distribución da Vexetación
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,42 KB
Cliserie dos Pirineos
Este debuxo mostra a distribución escalonada da vexetación dos Pirineos. O eixo vertical marca a altitude da montaña, e a horizontal mostra, mediante debuxos, a variación da vexetación no perfil das ladeiras. As temperaturas diminúen coa altura (0,6 ºC por cada 100 m de ascenso) e as precipitacións increméntanse polo arrefriamento do aire, polo que o escalonamento climático explica o escalonamento da vexetación.
Vertente norte (avesedo)
Comezamos por describir a flora da vertente norte (avesedo), que recibe menos radiación solar que a sur:
- Piso basal (ata os 600 m): Predomina a encina, especie de folla perenne que mostra adaptacións aos ambientes máis secos.
- Piso montano (600 m - 1250 m): É frecuente o piñeiro albar, árbore perennifolio que soporta xeadas e calquera tipo de chan; pode chegar a medir máis de 35 m.
- Piso subalpino (1250 m - 2400 m): Está dominado pola faia, especie que precisa precipitacións elevadas e frecuentes, tamén gran humidade do aire, polo que é favorable a presenza de néboa e rocíos.
- Piso alpino (2400 m - 3000 m): A vexetación é escasa debido ás baixas temperaturas e repetidas nevadas, aínda que podemos atopar prados alpinos, que desenvolveron curiosas e complicadas adaptacións ao medio.
- Piso nival (por encima dos 3000 m): Característico do clima de alta montaña, no que as temperaturas son especialmente baixas con numerosas xeadas; as neves son continuas durante todo o ano.
Vertente sur (solaina)
Na parte sur, orientada a recibir maior número de horas de sol (solaina), podemos ver que o piso basal posúe flora e altitude similares á vertente norte.
- Piso montano: Predomina un novo tipo de vexetación, o carballo, especie que crece en chans con humidade; non se pode empregar en silvicultura debido ao seu lento crecemento, aínda que a súa madeira é unha das máis apreciadas.
- Piso subalpino: Podemos atopar o piñeiro negral, árbore de gran tamaño, cuxas acículas longas e fortes agrúpanse de dúas en dúas e dan como froito as piñas; o seu crecemento é moderadamente rápido e adoita ter unha forma cónica redondeada.
Para rematar, tanto o piso alpino como o nival presentan as mesmas propiedades que a ladeira contraria.