Climas de España: Tipos e Factores Determinantes
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 11,33 KB
Elementos do Clima
Insolación e Nebulosidade
- Insolación: Cantidade de radiación solar recibida pola superficie terrestre. En España supéranse as 2000 horas ao ano.
- Nebulosidade: Estado da atmosfera no que o ceo aparece cuberto de nubes.
Temperatura do Aire
É o grao de calor do aire. Mídese en °C e represéntase mediante isotermas. En España, as temperaturas presentan notables diferenzas debido á latitude, á distancia do mar e á altitude. Aspectos importantes:
- Amplitude térmica anual: Diferenza entre a temperatura do mes máis cálido e do mes máis frío.
- Xeadas: Prodúcense cando a temperatura baixa de 0 °C. A auga conxélase e deposítase sobre a superficie. Poden ser de irradiación ou advección.
Humidade, Néboa e Calima
- Humidade: Cantidade de vapor de auga que contén o aire. Depende da proximidade do mar e da temperatura.
- Néboa: Suspensión de diminutas gotas de auga na capa inferior da atmosfera, limitan a visibilidade. Prodúcese cando o aire arrefría e condénsase.
- Calima: Bruma seca que reduce a visibilidade. Causada pola presenza de po nas capas baixas da atmosfera. Fórmase na España seca.
Presión e Vento
- Presión: Depende das características das masas de aire. Na Península, no inverno hai altas presións, no outono e na primavera baixas e no verán altas.
- Vento: Movementos horizontais do aire en relación coa superficie terrestre. Prodúcense a causa das diferenzas de presión.
Precipitacións
Auga que cae á superficie terrestre provinte das nubes, tanto líquida como sólida. Mídese co pluviómetro en mm, e represéntase mediante isohietas. Pode ser orográfica, convectiva ou de fronte. Inflúenlle diversos factores:
- Latitude e situación: Determinan o predominio e a sucesión anual de anticiclóns e borrascas.
- Apertura ao mar: Nas zonas illadas do mar, o frío do inverno favorece os anticiclóns e a calor do verán a condensación do aire.
- Relevo: As precipitacións aumentan coa altitude.
Evaporación, Evapotranspiración e Aridez
- Evaporación: Proceso polo cal a auga se transforma en vapor. Crece cando aumenta a temperatura.
- Evapotranspiración: Perda de humidade da superficie terrestre, debida á insolación e á transpiración das plantas e do solo. Pode ser real ou potencial.
- Aridez: Insuficiencia da auga no solo e na atmosfera. Depende da relación entre precipitación e temperatura. Para calculala:
Aridez mensual: índice de Gaussen. 2 T °C maior ou igual P.
Aridez anual: Índice de Martonne: P/t máis 10.
Tipos de Clima en España
1. Clima Oceánico
- Área: Cornixa Cantábrica e Galicia.
- Precipitacións: Abundantes, regulares e suaves.
- Total Anual: >800 mm.
- Distribución: Bastante regular (zona de continua acción de borrascas). Máximo relativo no inverno, mínimo relativo no verán (anticiclón das Azores). Dous meses secos como máximo (Transición ao Mediterráneo Continentalizado).
- Forma: Choiva fina e suave (favorece a filtración no chan).
- Temperaturas: Baixa oscilación térmica.
- Costa: Oscilación térmica baixa (presenza do mar), veráns frescos e invernos moderados.
- Interior: Oscilación térmica moderada. Invernos fríos.
2. Clima Mediterráneo
- Área: Territorio peninsular ao sur da zona do c. atlántico, Baleares, Ceuta e Melilla.
- Precipitacións: Escasas ou moderadas, irregulares e tormentosas.
- Total Anual: <800 mm (500>x>800 = moderadas / <500 = Escasas).
- Distribución: Irregular. Veráns secos. Máximos na primavera e outono, salvo na zona do Atlántico (inverno).
- Forma: Moitas veces violenta e tormentosa, erosionando fortemente as zonas sen vexetación.
- Temperaturas: Varían coa latitude e a distancia ao mar.
2.1. Clima Mediterráneo Marítimo
- Área: Costa sudatlántica, mediterránea (non SE), Baleares, Ceuta e Melilla.
- Precipitacións: Escasas ou Moderadas, 300
- Temperaturas: Oscilación térmica moderada. Veráns calorosos. Invernos suaves.
2.2. Clima Mediterráneo Continentalizado
- Área: Interior peninsular (non val do Ebro).
- Precipitacións: Escasas ou moderadas, 300
- Temperaturas: Amplitude térmica alta.
- Submeseta norte: veráns frescos. Invernos fríos.
- Submeseta sur e bordos do Ebro: veráns calorosos. Invernos fríos.
- Estremadura e Interior andaluz: veráns moi calorosos. Invernos moderados.
2.3. Clima Mediterráneo Subárido
- Área: Cabo de Gata – Cabo da Nave e Val do Ebro.
- Precipitacións: Moi escasas, 150
- Temperaturas: Varían coa latitude e a distancia ao mar.
- Costa: Estepa cálida. Invernos suaves.
- Interior e val do Ebro: Estepa fría. Invernos moderados ou fríos.
3. Clima de Montaña
- Área: Territorios >1000 m de altitude (+ altitude = + precipitacións, - temperatura).
- Precipitacións: Moi abundantes, >1000 mm anuais.
- Temperaturas: Media anual baixa. Invernos moi fríos (a miúdo neve).
- Montañas da zona Atlántica: veráns frescos. Ningún mes seco.
- Montañas da zona Mediterránea: veráns máis cálidos. Un/dous meses secos.
4. Clima de Canarias (Subtropical)
A influencia dos alisios e o anticiclón das Azores suavizan as temperaturas. A corrente fría entre as illas e o continente arrefría a auga, estabilizando a temperatura no verán. O relevo diminúe as temperaturas e aumenta as precipitacións e a néboa.
- Zonas Baixas:
- Precipitacións: Moi escasas, 150
- Temperaturas: Cálidas todo o ano. Oscilación térmica moi baixa.
- Zonas Medias e Altas: + Precipitacións (1000 mm nalgunhas zonas), - Temperatura.
Factores do Clima
Factores Xeográficos
- Latitude: Determina a existencia de 2 estacións ben marcadas (verán e inverno) e 2 de transición (primavera e outono).
- Situación: Entre 2 masas de auga de características distintas e entre 2 continentes, converténdoa nun lugar de encrucillada de masas de aire distintas.
- Influencia do mar: Escasa no interior, debida á anchura, ás costas pouco recortadas e á existencia de relevos montañosos paralelos á costa. Isto supón diferenza climática entre periferia e interior.
- Disposición do relevo: Os sistemas montañosos, frean a influencia do mar, só penetra polo Guadalquivir. A disposición Oeste-Leste da maioría do relevo dificulta a entrada de masas de aire do Norte ou Sur. En cambio, favorece aos ventos do oeste pero o carácter macizo fai que perdan humidade. As concas cerradas por montañas reciben escasas precipitacións caen nos sistemas montañosos que a rodean.
- Altitude do relevo: Diminúe as temperaturas 0.5 ou 0.6 graos por cada 100 m. Tamén provoca precipitacións orográficas, precipitacións ocultas e horizontais.
- Orientación do relevo: Contrastes climáticos locais, solainas e umbrías.
Factores Termodinámicos
Determinan o tipo de clima e tempo atmosférico.
Circulación en Altura
Corrente en chorro: Dáse na zona temperada en que está España, hai circulación en altura por corrente en chorro ou jet stream. É unha forte corrente de vento, de estrutura tubular, que circula en dirección O-E entre 9 e 11 km. Separa baixas presións sobre o polo de altas presións tropicais.
A corrente en chorro é responsable do tempo en superficie. Depende das variacións que experimenta a velocidade da corrente e os desprazamentos estacionais.
A velocidade da corrente é variable. Cando circula rápido ten un trazado case zonal, con suaves ondulacións. Cando diminúe, describe profundas ondulacións, dando lugar a cristas (altas presións) e vales (baixas presións), dan lugar aos A e as B.
Desprazamentos estacionais do chorro afectan á península principalmente en inverno. En verán trasládase máis ao N.
Circulación en Superficie
Centros de acción: Áreas de altas e baixas presións. A presión atmosférica é o peso do aire, mídese en mb e represéntase con isóbaras. As isóbaras van de 4 en 4 mb.
Os anticiclóns son ventos en sentido destróxiro. Tempo estable.
As borrascas son ventos en sentido levóxiro. Tempo inestable. A orixe dos centros de acción pode ser térmica ou dinámica:
- Térmica: por quentamento ou arrefriamento do aire.
- Dinámica: a partir das cristas e vales da corrente en chorro, reflíctense en superficie.
As masas de aire son unha porción de aire cunhas características concretas. España recibe masas de aire frías árticas ou polares e cálidas tropicais. As 3 poden ser marítimas húmidas ou continentais secas.
As frontes separan 2 masas de aire de características distintas. A máis importante en España é a fronte polar, que separa as masas tropical e polar.