Claves para elixir contos infantís: Características e criterios por idades

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,96 KB

Características do conto infantil

  • Permite o libre xogo da imaxinación infantil e deixa oportunidade de dar renda solta á creatividade.
  • Esperta nos nenos e nenas emocións e sentimentos de respecto, admiración, xustiza, etc.
  • Posibilita a solución de conflitos e a diminución de temores.
  • O argumento desenvólvese de forma gradual ata chegar ao punto culminante, e dende ese punto, proxéctase o desenlace.
  • Debe ser breve e claro na linguaxe, sempre adaptado á etapa evolutiva dos nenos e nenas.
  • As características que os nenos e as nenas máis aprecian nos contos son: a rapidez da acción, a sinxeleza e a presenza de elementos reiterativos.

Criterios para a selección de contos

1. A idade

Hai que buscar historias que faciliten a participación do neno e a nena. Deben ser historias acordes co desenvolvemento cognitivo dos nenos e nenas, onde a temática responda aos seus intereses.

De 0 a 3 anos: non lectores

O neno e a nena van gozar escoitando contos, resultándolles tamén estimulante a ilustración. As principais recomendacións son:

  • Textos rimados que os nenos e nenas poden repetir.
  • Historias sinxelas de temáticas próximas á súa realidade.
  • Contos que non provoquen medo e que conten con poucos personaxes.
  • O formato do libro debe adecuarse ao seu uso, polo que deberá estar feito con materiais resistentes como cartón, plásticos ou teas.
  • Pode incorporar outros recursos como adhesivos, cores, sons e outros elementos interactivos.

De 3 a 5 anos: prelectores

Nesta etapa prima a fantasía e os personaxes fantásticos. Os contos de animais poden ser moi efectivos se están protagonizados por personaxes humanizados que fan tarefas cotiás similares ás súas. Máis tarde, incorpóranse temas de princesas, castelos, etc. A ilustración continúa sendo esencial.

A partir dos 5 anos: primeiros lectores

A súa capacidade de comprensión e expresión permítelles unha maior complexidade argumental e temática. A trama adquire maior importancia e prodúcese a identificación cos personaxes. Ao final deste período, os nenos e nenas son capaces de mirar contos en solitario. A imaxe segue sendo importante.

2. O formato

  • Libros sensoriais: Libros que poden escoitarse e cheirarse.
  • Pop-up: Libros nos que o papel encerra sorpresas como solapas, cortinas, relevos, etc.
  • Libros-xogo: Libros-puzzle, libros-acordeón, entre outros.
  • Living books: Libros con páxinas en branco nos que se ven os personaxes ao usar unha lanterna, permitindo que os nenos interactúen co libro.

Entradas relacionadas: