Las clases sociales y el gobierno en la antigua Roma: patricios, plebeyos y el Senado
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Latín
Escrito el en
español con un tamaño de 3,15 KB
As clases sociais
Os patricios (nobreza) eran membros das cen primeiras familias que se instalaron en Roma.
Os plebeos (pobo chairo) eran os estranxeiros de orixe itálica que se establecerón en Roma. A partir do século II a. C., todo home libre que visitase Italia...
A sociedade dividiuse en cidadáns e non cidadáns.
Cidadáns (cives)
Tiñan dereitos como poder votar, ter casa e presentarse ás eleccións, pero tamén tiñan obrigas como rexistrarse no censo, presentar o servizo militar e pagar impostos.
- Os nobres (nobiles): descendían dos antigos patricios e dedicábanse á política.
- Os cabaleiros (equites): ao principio eran homes adiñeirados que combatían a cabalo, pero despois pasaron a ser unha clase alta dedicada aos negocios.
- Os clientes: era unha clase arruinada polas guerras e as débedas, que buscaba a xente das clases altas que os protexese.
Non cidadáns
Estes carecían de dereitos.
- Os libertos: antigos escravos que conseguían comprar a súa liberdade. Aínda que quedaban ligados de por vida ao seu antigo dono, podían traballar pola súa conta e os seus fillos podían chegar a ser homes totalmente libres.
- Os peregrinos: eran estranxeiros aos que se lles permitía vivir en Roma, pero sen dereitos políticos.
- Os escravos: eran habitantes de Roma privados de liberdade; o trato que recibían variaba en función dos seus donos.
O goberno
Os romanos intentaron alcanzar o equilibrio político por medio do Senado, as magistraturas e as asembleas populares.
O Senado
Foi o órgano institucional máis importante da época republicana, aínda que na época imperial perdeu as súas funcións e o seu poder. Estaba constituído por 600 antigos maxistrados que se reunían na Cúria (edificio rectangular situado no foro). No Senado tratabase todo tipo de cuestións antes de tomar decisións ou aprobar as leis públicas; tamén controlaba as finanzas públicas, dirixía a política exterior, designaba e recibía embaixadores e podía decretar medidas excepcionais para garantir a seguridade nacional.
As magistraturas
Eran os cargos do poder executivo. En Roma, non comprendía só o poder político, senón tamén o relixioso.
As asembleas
Os cidadáns participaban no goberno de Roma intervindo nas asembleas:
- Asemblea curiada (comitia curiata): formada só por nobres, era unha especie de tribunal supremo.
- Asemblea centuriada (comitia centuriata): nela os cidadáns, agrupados por centenas ou centurias, elixían os cónsules, os censores e os pretores; xulgábanse as causas que comportaban a pena de morte dos cidadáns romanos e decidíase sobre a paz e a guerra.
- Asemblea tributa (comitia tributa): os plebeos defendían os seus intereses, ademais de elixir os edís, os cuestores e os tribunos militares.