A Civilización Grega: De Polis a Colonización, Arte e Filosofía

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,13 KB

A Polis Grega

Unha polis era un recinto urbano xunto coa terra rural que controlaba ó seu redor. Cada polis posuía a súa propia forma de goberno e unha constitución que determinaba os elementos de goberno e as características que debía ter un cidadán.

Atenas: Un Exemplo de Polis

Atenas foi unha das polis máis importantes da historia de Grecia. Ó longo da súa historia, experimentou diversas reformas que cambiaron a súa forma de goberno. Comezou como unha monarquía oligárquica, onde o rei e a nobreza controlaban o goberno. Coa reforma de Dracón, eliminouse a monarquía e instalouse un goberno aristocrático. Posteriormente, Solón levou a cabo unha nova reforma na que, aínda que o peso da aristocracia seguía sendo importante, creáronse as maxistraturas (arcontes), cada unha cunha función específica no goberno da cidade.

A Colonización Grega

A colonización grega estendeu o marco xeográfico da cultura grega por tres motivos principais:

  • Falta de alimentos e fames: Para solucionar este problema, fundaron novas cidades en zonas fértiles.
  • Razóns políticas: As disputas entre faccións políticas podían levar a guerras civis, e os derrotados eran obrigados a abandonar a cidade e fundar outra noutro lugar.
  • Razóns económicas e comerciais: Moitas cidades gregas decidiron fundar cidades en lugares illados para obter materias primas a cambio de vender produtos manufacturados ós pobos indíxenas.

As Colonias

As colonias eran cidades fundadas por habitantes dunha metrópole, conservando lazos históricos, culturais e relixiosos con ela.

Lugares de Expansión das Colonias Gregas

Houbo tres ámbitos xeográficos principais para a implantación das colonias gregas:

  • A zona da costa oriental do Mar Exeo e Mar Negro.
  • Italia e Mar Adriático.
  • Costas mediterráneas de Francia e Península Ibérica.

Artes Plásticas e Arquitectura

Artes Plásticas

  • Escultura: Discóbolo de Mirón, Apoxíomeno de Praxíteles.

Arquitectura

  • Construción de templos:
    • Rectangulares: Partenón.
    • Circulares: Tholos de Apolo en Delfos.
  • Obras públicas: Stoas, teatros, palestras.

Figuras Destacadas da Grecia Antiga

Filósofos

  • Aristóteles: Destacado en ética, política, física, metafísica, lóxica, psicoloxía, poesía, retórica, zooloxía, bioloxía e historia natural. Naceu en Estaxira, fillo de Nicómaco. Casou con Pitias. Fundou un círculo filosófico en Assos e o Liceo en Atenas.
  • Platón: Fillo de Aristón e Perictione, naceu en Atenas. Discípulo de Crátilo. Fundou a primeira escola filosófica de Atenas. Obras destacadas: A República, As Leis.
  • Epicuro: Aspectos máis destacados da súa doutrina: hedonismo e atomismo. Fillo de Neocles e Queréstrates, naceu en Samos.
  • Pitágoras: Naceu en Samos. Filósofo e matemático grego, famoso polo Teorema de Pitágoras.
  • Dióxenes: Sabio cínico. Naceu en Sínope.

Artistas e Escritores

  • Mirón: Escultor grego que utilizou o bronce. Obra máis notable: o Discóbolo.
  • Ovidio: Poeta romano. Obras famosas: Arte de amar, As metamorfoses.
  • Policleto: Escultor en bronce. Obras: Doríforo, Discóforo, Diadumeno.
  • Fidias: Obras: Atenea Lemnia, Atenea Varvakeion.
  • Homero: Poeta grego. Autor da Ilíada e a Odisea.
  • Tucídides: Historiador e militar ateniense. Autor da Historia da Guerra do Peloponeso.

Obras Literarias

  • Ilíada: Epopea grega que narra os acontecementos da guerra de Troia.
  • Odisea: Poema épico grego que narra a volta á casa de Odiseo.

Entradas relacionadas: