A Cidade Industrial: Obreiros e Condicións de Traballo no Século XIX
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB
A Cidade Como Centro da Nova Sociedade
Ao longo do século XIX, as fábricas e a burguesía dos negocios tiveron o seu escenario na cidade. O mundo industrializado foi un mundo de cidades que creceron a un ritmo vertixinoso, ata hoxe. O primeiro país en coñecer este cambio foi o Reino Unido. Londres foi un claro exemplo desta transformación: en 50 anos pasou de 700 mil a máis de 1 millón de habitantes, sendo a cidade máis poboada de todo o mundo. Este inmenso crecemento foi debido ao éxodo rural e á alta natalidade. O mesmo comportamento podémolo ver noutras cidades europeas: Bruxelas, Milán, Austria ou Viena. Os obreiros, xeralmente acabados de chegar do campo, amoreábanse en barrios construídos na periferia xunto ás industrias que carecían de servizos básicos. Estas carencias aumentaron a creación de asociacións obreiras.
A Formación da Clase Obreira
Os obreiros (proletariado) eran un novo grupo social. De onde procedían os seus membros? Uns eran campesiños incapaces de asegurar o seu propio sustento tras a perda das terras comunais. Outros eran empregados de traballo a domicilio que tiveron que adaptarse ás novas demandas da economía industrial. Tamén artesáns provenientes dos gremios nas cidades, que pecharan os seus obradoiros. A introdución das máquinas supuxo a orixe da formación da clase obreira.
Condicións de Traballo
As condicións de traballo eran moi duras e iguais en case todos os países industrializados:
- Longas xornadas de traballo (do amencer ao anoitecer).
- Disciplina estricta con castigos corporais ou sancións económicas.
- Supresión dos descansos dominicais e festivos.
- Despedimentos frecuentes e inexistencia de pensións ante a enfermidade e o paro.
- Ausencia de dereitos laborais ou sindicais.
A primeira regulación do dereito de asociación deuse no Reino Unido e a súa eficacia foi escasa. Enfermidades como o raquitismo ou a tuberculose minaban a saúde dos obreiros. O novo traballo era mecánico, cun ritmo marcado polas máquinas, rutineiro.
O Traballo Infantil e Feminino
Antes da revolución industrial, as mulleres e os nenos traballaban en todo tipo de tarefas no campo, no obradoiro familiar ou na casa. A escolarización era pouco común e a maior parte dos fogares necesitaban pronto man de obra infantil para sacar adiante a familia. Algunhas tarefas estaban destinadas ás mulleres: modista, fiadora, criada. Os soldos eran moi baixos e viñan completar a economía de subsistencia da unidade familiar. Coa industrialización, as mulleres dedicábanse a outros traballos: servizo doméstico, industria téxtil, as minas (superficie)... pero non na siderurxia ou metalurxia. O traballo infantil formaba parte esencial da economía familiar e había unha opinión favorable á súa existencia. Os nenos traballaban de 14 a 18 horas diarias e os seus salarios eran máis baixos ca os dos maiores. A lexislación protectora da infancia foi escasa e aplicouse sen demasiado interese. A prohibición do traballo a menores de 9 anos foi establecida polo Reino Unido pero apenas se cumpriu. Só a partir de 1844 a situación comezou a mellorar.