Celso Emilio Ferreiro: poeta comprometido e crítico
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2 KB
POEMAS DA PROMOCIÓN DE ENLACE
Denomínase un grupo de escritores nados nos anos 20 que supuxeron a unión entre os poetas anteriores e os máis novos:
Antonio Tovar
Manuel Cuña Novas
Luz Pozo Garza
Celso Emilio Ferreiro
Biografía
Naceu en Celanova en 1912. Estudou Dereito, sentíase atraído pola poesía e a política, foi cofundador das Mocidades Galeguistas de Celanova. Durante a Guerra Civil foi recrutado forzoso para loitar no bando franquista. Nun permiso, e causa dunha denuncia calumniosa, foi encarcerado, experiencia da que xorde Longa noite de pedra. En 1966 marchou a Venezuela, onde sofreu un gran desencanto ao ver que os dirixentes das sociedades galegas estaban totalmente desideoloxizados e dedicábanse exclusivamente a enriquecerse, o que se recolle en Viaxe ao País dos Ananos. Despois desta experiencia viveu en Madrid e Vigo. Morreu en Vigo en 1979.
Obra de Celso Emilio Ferreiro
Sólida tradición de poesía cívica, como Curros Enríquez e Ramón Cabanillas. Tenta conxugar unha mensaxe comprometida. Celso Emilio pensaba que a misión do poeta era reflectir a época que lle tocou vivir. Predomina o ton coloquial directo e claro. A métrica é moi variada e predomina o verso libre. Non se axusta aos esquemas rítmicos e estroficos tradicionais.
Temas principais nas obras
Unha liña social, solidaria cos oprimidos e denunciadora dos males sociais. É unha poesía revolucionaria que pretende a transformación da sociedade.
Unha liña intimista na que manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou o amor. O poeta evoca un tempo pasado e feliz.
- Unha liña irónica, fortemente corrosiva e crítica, se pode observar en Cantigas de escarnio e maldecir ou no Antipoemas. Celso Emilio denuncia a mesquindade humana con ton acedo, cheo de humor sarcástico.