As causas e consecuencias do imperialismo europeo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,99 KB
Por que se produciu a expansión imperialista?
Os intereses económicos
Os países industrializados de Europa necesitaban buscar novos mercados onde vender o excedente da súa produción industrial. Tamén aspiraban a comprar materias primas e produtos coloniais, e querían investir os seus excedentes de capital en lugares fóra de Europa.
Unha poboación en ascenso
Os cambios económicos deron como resultado un gran aumento da poboación europea; esta expansión demográfica xerou emigracións cara a outros continentes.
A rivalidade entre as potencias
A expansión imperialista estivo provocada polo desexo de ampliar as zonas de influencia. Todo isto promoveu unha carreira por controlar novos territorios.
O mito da raza superior
As causas do imperialismo son incomprensibles sen as concepcións racistas e nacionalistas. A idea dunha raza branca superior, cuxos atributos de intelixencia e laboriosidade a lexitimaban para impoñerse sobre o resto.
O triunfo do capitalismo industrial
A segunda revolución industrial (1880-1914)
A partir do último terzo do século XIX apareceron e desenvolvéronse novas fontes de enerxía, inventos e novas industrias:
- A electricidade
- O petróleo
- O motor de explosión
- A química
- A metalurxia
- Os automóbiles e a aeronáutica
- As industrias tradicionais
Unha nova organización da produción
En 1903 creouse o taylorismo, o cal fixo que a produción se orientase cara á fabricación en serie como a mellor maneira de aumentar a produtividade, diminuír o tempo empregado e reducir custos de fabricación. Estes novos métodos de traballo baseáronse na cadea de produción.
A banca e a concentración empresarial
As elevadas investimentos de capital que requirían as innovacións tecnolóxicas estimularon a relación entre a banca e a industria. Tamén se produciu unha progresiva concentración industrial; así naceron o cartel, o trust, o holding e o monopolio.
O dominio do comercio e as finanzas internacionais
O aumento do volume comercial foi posible grazas aos progresos do transporte (ferrocarrís transcontinentais, apertura das canles de Suez en 1869 e Panamá en 1914, e as innovacións nas formas de venda).
Os emigrantes europeos do século XIX
A explosión demográfica europea
Ao longo do século XIX, as reformas na agricultura, a industrialización e os avances médicos e hixiénicos provocaran un enorme descenso da mortalidade en Europa. O saldo entre nacementos e defuncións provocou o aumento de poboación. A poboación europea dobrouse e parte desa poboación emigrou a outros continentes.
Os viaxes transoceánicos
As migracións foron posibles pola existencia de novos medios de transporte (barcos de vapor). Miles de persoas de todas as clases sociais embarcaban neles.
Emigrantes pobres e élites coloniais
A maior parte eran campesiños pobres, traballadores sen ocupación ou clases medias en busca de mellores oportunidades. Existía diferenza entre a emigración de países con amplas colonias, como no caso do Reino Unido, en que os inmigrantes se instalaban nas novas terras como granxeiros ou para formar parte da administración colonial, e a daqueles países sen estas posesións, onde os emigrantes arribaban ás novas terras en peores condicións e moitos deles pasaban a ser simples asalariados.
Europa á conquista do mundo
Os enfrontamentos entre potencias coloniais
O reparto de África impulsou a convocatoria da Conferencia de Berlín. Nela decidíronse as normas para repartirse o territorio e as zonas que ocuparía cada potencia.
Os distintos tipos de colonias
As grandes potencias lanzáronse á loita polo reparto do mundo e chegaron a controlar parte de América, a maioría das illas do Pacífico, case toda Asia e África e, finalmente, a partir do ano 1919, a totalidade de Oriente Medio. Os principais imperios coloniais europeos foron o francés e o británico.
O imperio británico
A finais do século XIX, o Reino Unido posuía o maior imperio colonial e controlaba as rutas comerciais marítimas con bases no Atlántico, o Índico, o Pacífico e o Mediterráneo. En África, os británicos formaron un imperio de norte a sur, que se estendía desde O Cairo ata Cidade do Cabo. A principal colonia británica foi a India.
O imperio francés
O segundo gran imperio colonial era o de Francia. Os franceses instaláronse en diversas zonas, pero especialmente en África do Norte e no sueste asiático. O proxecto francés de ocupar África chocou cos intereses británicos en Sudán. Con todo, Francia consolidou o seu dominio nunha ampla zona que se estendía por Marrocos, Alxeria e Tunisia e, máis ao sur, nas chamadas África Occidental Francesa e África Ecuatorial Francesa. A presenza francesa no sueste asiático ampliouse co establecemento dunha serie de protectorados que formaron a Indochina francesa.
Os imperios extraeuropeos: EEUU e Xapón
Dúas potencias de industrialización máis tardía participaron no reparto colonial: EEUU e Xapón. En EEUU, tras a Guerra de Secesión, impúxose o modelo industrial do norte e os seus enormes recursos enerxéticos e de materias primas, unidos á utilización da tecnoloxía e os avances xa desenvolvidos en Europa, convertérona en poucas décadas nunha gran potencia. A expansión colonial de EEUU foi cara ao Pacífico e o Caribe. En Xapón, a industrialización foi un proxecto de modernización do país.
A herdanza do colonialismo
A modificación do territorio
Os europeos crearon novos países e trazaron as súas fronteiras, talaron bosques e puxeron en cultivo inmensas áreas virxes. Todo isto conlevou unha modificación da estrutura económica e política africana que non tivo en conta as diferenzas tribais, lingüísticas ou relixiosas e que formou países con graves problemas de cohesión interna.