Categorías de Aristóteles
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,65 KB
En que consiste a virtude?
Segundo Aristóteles a virtude consiste nun hábito selectivo da razón que elixe o termo medio entre dous extremos viciosos. As paixóns lévannos cara o exceso ou cara o defecto, a razón decide o termo medio. Precisamente a este dominio racional das paixóns Aristóteles denomínao prudencia.
Nacemos ou facémonos virtuosos?
Nin o un nin o outro abondan. Cómpre o exercicio da virtude. A virtude é un hábito ou costume que imos creando co uso da razón ata convertilo en modo de ser e vivir.
Que tipos de virtudes distingue o estaxirita
Existen virtudes éticas ou do carácter (xenerosidade, amizade, etc) e virtudes dianoéticas ou do entendemento a virtude moral máis importante para Aristóteles é a xustiza.
Por que o Estado é anterior ao individuo
A cidade é a comunidade perfecta, por isto é por natureza anterior a calquera outra, xa que posúe autosuficiencia total e a súa finalidade é vivir ben. Esta anterioridade non é temporal, senón natural: todas as demais formas de convivencia tenden por natureza á cidade . O estado ten unha finalidade moral o ben, a perfección e a felicidade dos individuos.
“a substancia é a unidade da analoxía do ser
A filosofía de Aristóteles supón a total superación da filosofía eleática ó considerar que o ser é múltiple e dinámico. O ser non é algo único, nin unívoco senón que ten múltiples significados. Pero todos os significados do ser fan referencia a algo único: a substancia; ou son substancia ou son accidente da substancia. Non se trata dunha simple homonimia senón dunha analoxía do ser, porque todos os modos de ser se refiren á substancia, por iso a substancia é a unidade da analoxía do ser.
Tipos de cambio
Aristóteles define o movemento ou cambio como o paso do ser en potencia a ser en acto. En termos de materia e forma define o cambio como o paso de estar privado dunha forma a posuír esa forma que se dá nun suxeito (materia) . Existen catro tipos de movemento ou cambio: ▪ Segundo a substancia : xeneración e corrupción ▪ Segundo a calidade: alteración ▪ Segundo a cantidade: aumento e diminución A felicidade non é un estado senón un modo de vida que esixe certos hábitos de comportamento: as virtudes. Non pode ser unha vida de praceres, porque estés nos semellan ós animáis é unha vida humana. Tampouco pode ser unha vida de éxito social .Para Aristóteles a felicidade consiste no exercicio perfecto da actividade propia do home: a vida contemplativa ou sabedoría