Carbalho calero elaborou a gramática

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,78 KB

A  situación lingüística galega é complexa, trátase dunha comunidade na que conviven dúas linguas en situación desigual. O galego, lingua minorizada que a partir da década dos oitenta inicia un proceso de recuperación de ámbitos de uso e que acada o estatus de lingua oficial. Por outra banda, o castelán é a lingua de prestixio, a lingua que foi durante moitos anos a exclusiva da administración, da Igrexa e dos medios de comunicació; o que é o mesmo a variante lingüística dos usos formais. O conflito prodúcese no momento en que os galegofalantes inician o proceso de normalización dos seus usos e o castelán comeza a ver ameazados os seus ámbitos de uso. Se o proceso de normalización chega ao seu fin, e o galego convértese en lingua de uso en todos os ámbitos sociais, o castelán perdería o seu estatus de lingua formal e quedaría relegada a lingua de relación cos falantes ou entidades do resto do Estado. Así pois, nas comunidades con lingua propia diferente ao castelán esta última acadaría o estatus de lingua franca. Estaríamos pois diante do proceso lingüístico coñecido como inmersión lingüística. En Galicia a nosa língua está moi marcada pola existencia de estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que o galego non é válida para os usos formais. É o caso de prexuízos tales como: ‘o galego é unha língua propia do rural’, ‘é unha língua que non serve para as ciencias’, ‘non serve fóra de Galicia’, ‘é unha língua inventada que non se corresponde coa fala’ ou ‘é a lingua dos nacionalistas’. En caso de non completarse a normalización lingüística o galego corre o risco de converterse en lingua ritual e non en lingua viva de uso cotiá. 



 comezos do século a situación da lingua sofre cambios importantes coa fundación de entidades importantes para a lingua: Real Academia Galega (1905), Irmandades da Fala (1916) e o Seminario de Estudos Galegos, a creación de Céltiga e Lar, e a fundación do Partido Galeguista.

Durante este período continúan as iniciativas encamiñadas á elaboración dunha gramática. As primeras propostas serán das Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos (Vocabulario castellano-gallego e Algunhas normas pra unificazón do idioma galego  e posteriormente a Engádega a algunhas normas pra unificazón do idioma galego) As normas do Seminario propoñen o rexeitamento o  i grego (y) e o uso exclusivo do i latino, a adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral e nasal palatal, a elección do x para o fonema fricativo palatal; o emprego do h segundo a etimoloxía, o mantemento dos grupos consonánticos cultos, o abandono do apóstrofo e a redución do guión e o plural en -s para as palabras polisílabas agudas rematadas en -l. Estas normas foron rapidamente aplicadas polo xornal A Nosa Terra. Antes da publicación destas normas apareceron dúas gramáticas, o Compendio de gramática galega  de Carré Alvarellos e a Gramatica do idioma galego de Lugrís Freire. O alzamento militar de 1936 supuxo unha ruptura co rexurdir da cultura e da lingua galega da man de Castelao, Pedrayo, Risco, Bóveda e moitos outros que morreron ou se viron obrigados a exiliarse ou calar a súa voz pola defensa da lingua e da cultura galega. 

No ano 36 prodúcese o alzamento militar e o freo á normalización no uso do galego nos ámbitos público e literario co traballo das Irmandades da Fala, do Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos… non sendo ata a década dos 50 cando se inicio un proceso lento de recuperación de ámbitos de uso e de prestixio para a lingua. A inciativa máis sobranceira vai ser a fundación da Editorial Galaxia.
Esta editorial recupera autores xa consagrados e dá a coñecer a novos autores na colección Illa Nova. Este labor compleméntase coa edición da revista cultural Grial. A reaparición de obras editadas en galego condiciona a necesidade dunha norma. Galaxia imporá unha tendencia marcada pola simplificación do galego escrito, eliminando os apóstrofos e simplificando os guións e os diferentes tipos de acento. Tamén se impón a necesidade de eliminar arcaísmos e hiperenxebrismos e a adaptación da lingua ao ámbito urbano.
A xeración de posguerra dá ao prelo obras significativas como: Historia da Literatura Galega Contemporánea, Gramática Elemental del Gallego común, de Carballo Calero; o Dicionario Enciclopédico gallego-castellano de Eladio Rodríguez e o Diccionario galego-castelán de Xosé Luís Franco Grande. A Gramática de Calero recolle o traballo feito por Saco e Arce e mellórao grazas á súa formación lingüística. Os dicionarios seguen carecendo do rigor científico dos do século anterior.
A década dos sesenta supón a revitalización da actividade cultural. Aparecen asociacións culturais en toda Galiza (O Galo —Santiago—, O Facho —A Coruña—, Auriense —Ourense—). Do mesmo xeito comezan a xurdir organizacións políticas clandestinas —Partido Socialista Galego, Unión do Pobo Galego—, que empregan o galego como lingua de panfletos, manifestacións….
A fins da década dos setenta o galego entra nunha nova etapa ao gozar de recoñecemento legal a través da Constitución Española e na década seguinte do Estatuto de Autonomía.

A partir do ano 1978 coa aprobación da Constitución Española, o galego acada a cooficialidade co castelán e a protección por parte do Estado. No ano 81 coa aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia os dereitos recollidos na Constitución convéntense xa nunha realidade. O Estatuto establece que o galego é a lingua propia de Galicia e a obriga dos poderes públicos do cumprimento da cooficialidade, da promoción do galego e a non discriminación por cuestións lingüísticas.
No ano 1983 o Parlamento de Galicia desenvolve a lei que regula o proceso de nomalización lingüística do noso idioma, é a Lei de Normalización Lingüística. Esta lei establece o dereito dos cidadáns ao uso do galego coa administración pública, que a única toponimia oficial é a galega e regula o nacemento de medios de comunicación públicos en galego. O galego é a lingua oficial nas administracións autonómica, local e nas entidades públicas dependentes da Comunidade Autónoma (Parlamento) e a promoción do uso da lingua tanto oral como por escrito nas relacións da administración cos administrados. Tamén se regula a introdución do galego no ensino e a igualdade co castelán.
Esta nova situación para o galego non consegue frear a perda constante de falantes que se pasan ao castelán. O galego segue a ser a lingua maioritaria en Galicia entre a poboación máis vella, mentres o seu número de falantes se reduce canto máis novos son. Pola contra a competencia lingüística en galego, dende a súa introdución no ensino, é moito maior. Pódese afirmar que en Galicia os falantes teñen moita maior competencia lingüística en galego pero non se corresponde co aumento no número de falantes. O máis preocupante é a ruptura xeracional que se produce entre os
falantes, os rapaces non reciben a lingua a través da familia senón que a adquiren na escola como se fose unha lingua allea. 

Entradas relacionadas: