Caracterización temática das cantigas satíricas galegas medievais
Caracterización temática das cantigas satíricas
Caracterización temática das cantigas satíricas Segundo os temas que tratan, podemos establecer a seguinte clasificación das cantigas de escarnio e de maldicir: sátira política, sátira moral-relixiosa, sátira social e sátira persoal.
a. Sátira política
1. As poesías referidas á guerra entre Sancho II e o conde de Boloña polo trono de Portugal a mediados do século XIII, e na que triunfara o boloñés, critican os cabaleiros que entregaron os seus castelos a Afonso III o boloñés na guerra portuguesa de 1246, rompendo as obrigas vasalláticas que os unían co rei Sancho II. No ciclo de composicións que tratan este tema, resaltan a corrupción da Igrexa e da nobreza, que tomaron partido polo que máis lles convińa e non polo que en dereito debía ser.
2. Poemas relacionados coa guerra de Granada. Afonso X foi abandonado por moitos nobres na primeira toma de Granada en 1264. O propio rei, xunto con outros trobadores, arremete contra a covardía e a deslealdade de moitos cabaleiros.
b. Sátira moral-relixiosa
Estas cantigas son un prezoso documento para o estudo da decadencia dalgunhas clases nobres.
c. Sátira social
Sátira de colectivos ou grupos sociais moi concretos, como son as soldadeiras, os homosexuais, os médicos, os xuíces, os avogados, os valís, os cargos públicos corrompidos e os clérigos e abades menores. Destacan as dedicadas a María Pérez a Balteira, presente en nove cantigas. Esta muller, de gran formosura na súa mocidade, foi obxecto de burla de poetas da corte de Afonso X, como García Urgales, Pero da Ponte ou Fernão Vaío.
d. Sátira persoal
Son moi variadas as temáticas que aparecen dentro deste grupo de máis de 400 cantigas de escarnio e maldicir:
1. Sátira xograresca. Son moi frecuentes os escarnios que lles dirixen os trobadores aos xograres e segreis, e tamén entre eles mesmos. Ás veces critican a falta de habilidade na interpretación. Outras veces critican composicións aleas.
Como dixemos, multitude de cantigas burlescas teñen como motivo a propia literatura e os seus autores. Esta circunstancia é comprensible se nos situamos no ambiente cortesán en que convivían diariamente moitos trobadores e xograres: os enfrontamentos eran unha especie de xogo de enxeño para demostrar as habilidades literarias e dar saída ás rivalidades persoais. Distinguimos tres ciclos fundamentais.
a) Os enfrontamentos entre xograres e trobadores, que reclamaban os xograres o rol de compositores e suxeitos, polo tanto, do amor cortés, privilexio reservado aos nobres. Neste ciclo entrarían tamén as airadas burlas a xograres pola falta de calidade artística.
b) As parodias do código do amor cortés, en que ridiculizan os motivos temáticos (o morrer de amor, por exemplo) ou a linguaxe das cantigas de amor. Tamén podemos encontrar parodias doutros tipos de cantigas serias.
c) O "ciclo das a+ e tcdiras" (as aias e tacdeiras), composto por un nutrido grupo de poetas motivados polo capricho do nobre portugués Joán Soares Coelho de dirixir a cantiga de amor a unha aia de cría. Esta grave alteración do código do amor cortés —a señora debía ser sempre de condición social elevada— provocou a burla de trobadores como Fernán García Esgaravunha, Airas Pérez Vuitón ou os xograres Lourenzo e Xoán Bolseiro, entre outros.
2. Sátira doutros colectivos ou grupos sociais moi concretos, como son as soldadeiras, os homosexuais, os médicos, os xuíces, os avogados, os valís, os cargos públicos corrompidos e os clérigos e abades menores.