Caracteristicas da poesia de Álvaro cunqueiro

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,02 KB

A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.


O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento agrario que iniciouse en 1912 cando Basilio Alvarez ponse a fronte da Acción Gallega, levou adiante unha denuncia contra o caciquismo, os foros e todos os males do agro pero o acoso das autoridades e a actitude negativa da Igrexa fixeron que a Acción Gallega fracasase.

O 14 de Abril de 1931 proclamase a II República. En febreiro de 1936 tiveron lugar eleccións en España onde resultou vencedora a Fronte Popular que incluía o Partido Galeguista.

o Novo goberno convocou o referendo estatutario. O 15 de xullo unha comisión entrega nas Cortes o texto aprobado polo pobo galego. Tres dias mais tarde comezou a Guerra Civil e en plena contenda o Estatuto tomou estado parlamentario.

É o Grupo "Nós" quen abre as portas á incorporación das vangardas á literatura galega. A vangarda é un conxunto de movementos artísticos europeos (1910-1930), con afán de ruptura con todo o anterior, unha actitude provocativa que se aplica a todos os campos estéticos. En poesía prescinden dos moldes tradicionais, ordenando os versos a xeito de caligramas, o poema baséase en imaxes vangardistas. Os vangardistas galegos nacen cara ao ano 1900 , supoñen unha ruptura e actitude crítica coa poesía anterior: coa tradición de sentimentalismo, folclorismo e paisaxismo do s. XIX, e por primeira vez hai unha integración na poesía europea.

Liñas principais nas vangardas galegas:


* Surrealismo: Álvaro Cunqueiro.Poemas do si e non: interpretación moi persoal, co fluír da asociación de ideas e a influencia dos soños pero cun pouso sentimental, sen a carga dramática que soen ter os textos surrealistas. Hai algo de Cubismo en Mar ao norde (1932).

* Creacionismo: Manuel Antonio. Personalidade rebelde que representa o mellor expoñente vangardista en Galicia. A súa obra principal é De catro a catro, 19 poemas estruturados como viaxe marítima,, simboliza a súa concepción pesimista da vida: monótona, repetitiva, en completa soidade, e continua despedida. Estrutura superficial: viaxe marítima monótona, repetitiva e contraditoria: o tempo pasa pero está parado, só existe o presente. Estrutura profunda: viaxe interior, iniciática; visión desilusionada, negativa, da vida desde a soidade.

* Hilozoísmo: movemento de máis éxito na época,multitude de seguidores. Baixo unha forma tradicional (non é vangarda plena) preséntanos a base de imaxes vangardistas, natureza viva, aberta ás sensacións, ao auditivo e visual, fronte ao sentimentalismo e a anécdota. O poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. O seu iniciador e representante máis destacado é Luís Amado Carballo: Proel e O galo. Entre os seguidores destaca Eduardo Blanco Amor.

* Neotrobadorismo:  non é propiamente vangarda, é unha reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Liñas:

- Unha máis innovadora, con Bouza Brey, iniciador: Nao senlleira; Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira.

- Outra máis imitadora das cantigas medievais, que remata con Xosé María Álvarez Blázquez cando fai pasar o seu Cancioneiro de Monfero por un verdadeiro cancioneiro medieval.


Entradas relacionadas: