Características e Consecuencias da Segunda Revolución Industrial e o Imperialismo
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,25 KB
A Segunda Revolución Industrial (1873-1890)
Europa coñeceu unha etapa de recesión económica cun descenso dos prezos dos produtos (a Gran Depresión) que acabou por producir unha crise de sobreprodución. A segunda fase da Revolución Industrial caracterízase polo progreso tecnolóxico, a concentración da produción, o taylorismo (cadea) e a ampliación dos mercados.
Aumento Demográfico e Migracións
Grazas aos progresos médicos, a mortalidade polas epidemias desapareceu en Europa, o que aumentou a esperanza de vida e o mantemento da natalidade provocou unha explosión demográfica.
Migracións
- Os británicos e irlandeses emigraban cara a EUA e Australia.
- Os ingleses cara a Canadá e Australia.
- Os españois e portugueses cara a América Latina.
As principais causas económicas foron a superpoboación rural, os baixos salarios e o paro.
Fontes de Enerxía e Avances no Transporte
A electricidade e o petróleo substituíron ao carbón e creáronse potentes industrias.
Transporte
- Motores de explosión (1886)
- Dunlop: pneumático (1888)
- Diesel: motor con combustible máis barato (1892)
- Henry Ford: produciu automóbiles utilitarios masivamente (1903)
Sectores Industriais Clave
- Industria química de explosivos.
- Sector metalúrxico: comezou a produción industrial de novos metais.
- Cemento armado: enxeñaría e edificacións.
O Taylorismo: Un Novo Método de Traballo
O Taylorismo (Henry Ford): método de traballo que pretendía eliminar movementos inútiles dos traballadores e no que cada operario sempre facía o mesmo traballo na cadea produtiva, para aforrar tempo e reducir custos.
Concentracións Empresariais
Tipos de Concentracións Empresariais
- Cartel: Asociación de empresas que querían eliminar a competencia dun produto para obter máis beneficios.
- Trust: Fusión de diversas empresas para crear outra nova.
- Grupo empresarial: Sociedade financeira que posúe participacións de empresas e controla a súa actividade.
- Monopolio: Un fabricante ou distribuidor ten a exclusiva sobre a elaboración ou distribución dun produto.
O Imperialismo: Causas e Tipos de Colonias
Causas Impulsoras do Imperialismo
Causas Demográficas do Imperialismo
- Enorme crecemento da poboación.
- Os gobernos querían crear imperios coloniais, xa que daban "prestixio".
- Sentimento nacionalista de tipo conservador (a "misión civilizadora").
- Responsabilidade do home branco de civilizar aos pobos "inferiores".
Causas Económicas do Imperialismo
- Procura de mercados susceptibles de recibiren produtos da metrópole e abastecemento de materias primas necesarias para as industrias.
- Cada potencia tendía a garantir o seu dominio imperialista e asegurarse un mercado sen intromisións nin competencias.
- Necesidade de buscar novos territorios onde investir os excedentes de capital.
Fases da Conquista Colonial
- Exploración e conquista.
- Organización da colonia.
- Explotación económica.
Tipos de Colonias no Imperialismo
- Colonias: Sen goberno propio, dependentes da administración da metrópole, rexidas por un gobernador.
- Protectorado: Goberno indíxena e administración propia, colonias que foran estados estruturados anteriormente.
- Dominios: Territorios con minoría branca e sistema parlamentario propio.
- Mandatos: Despois da Primeira Guerra Mundial, administración das potencias perdedoras na contenda.