Bloques dialectais do galego

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,83 KB

A fonética estuda A produción, as calidades físicas e a percepción dos sons dunha lingua, en Canto realidades físicas concretas.
A Fonoloxía estuda a función da materia fónica como constituínte dun sistema Lingüístico.
O fonema é a unidade Abstracta que posúe as propiedades común a undeterminado son pronunciado polos Distintos falantes e distintos contextos . As súas características son que é una Unidade lingüística mínima, é una unidade fónica abstracta, determínanse por Conmutación e teñen carácter distintivo, cada fonema presenta características Propias que nos permiten identificalo como distinto a outros, o número de Fonemas que posúe una lingua é limitado no caso do galego
26, para a Representación exacta de cada fonema sempre cun mesmo e único símbolo creouse  o alfabeto fonético internacional.
Os trazos distintivos son a sonoridade Que consiste na vibración ou non das cordas vocais e permite distinguir fonemas Sonoros e xordos, o punto de articulación que é olugar concreto da cavidade Bucal onde se produce a última parte do son; por este trazo distinguimos Fonemas bilabiais, alveolares e velares, modo de articulación que é a posición Que adoptan os órganos no momento de expulsar o ar; podemos distinguir nasais, Fricativos.
O sistema vocálico Diferénciase entre si polo punto de articulación(Palatais: na súa realización a Lingua elévase na parte anterior da boca e aproxímase ao padal duro. Velares: a Lingua elévase na parte posterior da boca e aproxímase ao veo do padal. Central: a lingua está baixa e case en repouso situándose o punto de Articulación entre o padal e o veo) e modo de articulación (Aberta:realízase co Máximo de abertura bucal e mínima elvación da lingua. Fechadas: realízase con Mínima abertura da boca e máxima elevación da lingua. Medias: están a medio camino Entre os dous tipos anteriores, poden ser semifechadas ou semiabertas).
O sistema consonántico diferéncianse Polo modo de articulación(Bilabiais: prodúcense entre os labios inferior e Superior. Dentais: a lingua aproxímase á parte interna dos dentes superiores. Interdental: a punta da lingua colócase entre os dentes superiores e Inferiores. Alveolares: a parte central da lingua achégase aos alvéolos. Palatais: a parte central da lingua achégase ao padal duro. Velares: a parte Posterior da lingua achégase ao veo do padal brando.
O acento é a maior intensidade coa que se pronuncia una sílaba Fronte ás demais da mesma palabra. Distinguimos: Dentro da palabra, una sílaba Tónica e outras átonas ; e dentro do grupo fónico, unas palabras tónicas e Outras átonas.

Variedades do galego:

Variedades históricas(Teñen que ver coas diferenzas que se van dando nunha Lingua ao longo das sucesivas etapas da súa historia, adóitase considerar a Existencia de tres grandes variedades:
Galego antigo “VII-XV”, Galego medio “XVI-XVIII”, Galego contemporáneo “XIX,XX e comezos do XXI” hai que ter en conta que é Posible distinguir dentro de cada una delas diferentes subvariedades que Reflicten períodos temporais mais curtos).-Variedades funcionais(Rexitro Coloquial: utilízase en actos de fala marcados por necesidades inmediatas Subxectivas, da vida cotiá con escaso contido intelectual, emprégase nel un Vocabulario usual que inclúe vulgarismos, castellanismos.. Rexistro formal: é o Empregado en actos de comunicación motivados por una actividade máis ou menos Planificada, cun claro contido intelectual e cun propósito obxectivo, presenta Riqueza léxica).-Variedades sociais(Correspóndense cos diferentes grupos, Segmentos e clases sociais que existen dentro dunha comunidade falante. Dentro Das variedades sociais teñen importancia as chamadas linguaxes específicas, Especiais ou subcódigos. Dentro deles podemos distinguir as linguaxes técinas Que recollen a terminoloxía especializada propia dun grupo profesional, as Linguaxes médica, xurídica,administritiva e tamen podemos distinguir xergas que é una linguaxe empregada na comunicación oral por un grupo profesional, social Ou idade que a utiliza para se afirmar como tal grupo e para evitar ser Comprendido polos demais)- Variedades xeográficas(As diferenciacións que se dan Na lingua atendendo ao criterio espacial, o mapa dialectal do galego actual Presenta una división do dominio en tres grandes bloques: Oriental, Central e Occidental. Os límites que presentan xeograficamente os fenómenos linguisticos Márcanse con iglosas)
Fenómenos Linguisticos que presentan variedades territoriais(A.Fonética- o resultado Dos grupos latinos ult, utc: A variante maioritaria oit aparece a carón de uit, Propia do Occidente da provincia da coruña e do sur de Pontevedra e de uit, ut E uti propias do galego oriental. –os grupos latinos qua, gua redúecense na Maior parte do territorio galego orixinando formas como catro e gardar.-Gheada Que é a realización da consoante oclusiva velar sonora g como aspirada Farínxea, é un fenomeo propio do galego que afecta aos territorios que Abranguen coruña e outras zonas. –Seseo que é a ausencia da oposición entre o Fonema fricativo interdental xordo e o alveolar fricativo xordo que se Neutraliza ne s.- Rotacismo. B-.Mofosintaxe- a evolución das terminacións Latinas anum, anam presenta dunas solución maioritarias-án para o masculino e –á Para o feminino, o resultado das terminacions latinas inum, inam contrapón a Solución maioritaria –iño coa solución –ín, o plural dos nomes rematados en –l presenta Distintas variantes segundo as zonas, o plural dos nomes rematados en –n presenta Res variantes ladron ladros ladrois, a forma masculina singular do artigo é Mais na xeneralidade do galego de Asturias é el, os demostrativos presentan Tres modelos, o pronome suxeito de 2ª persoa dosingular presenta variantes ti na Coruña e pontevedra e tu no resto do territorio, o pronome suxeito de 3ª persoa Do singular presenta as variantes el, e il propia dosur da provincia de lugo e Boa parte de Ourense,os pronomes átonos te e che na maior parte do dominio galego Distinguense pola función t cd e che ci non obstante isto cambia nalgunhas Zonas)
Bloques dialectais da lingua Galega (dividimos o dominio linguistico galego en tres grandes zonas, que Denominamos bloques dialectais: Oriental, Central e occidental. Cada bloque Inclúe no seu interior diferentes falas dialectais cunha serie de Características común,que a súa vez as diferencian das falas dos outros Bloques. A distinción entre os tres grandes bloques dialectais do galego Baséase fundamentalmente na diferente solución que selle da ao plural dos nomes Rematados en –n.)

Entradas relacionadas: