Os biosbardos eduardo blanco amor resumen

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,16 KB

LITERATUTRA DE POSGUERRA

Tras o brillante panorama acadado pola literatura galega no primeiro terzo do século XX, quedou truncado co inicio da Guerra Civil. Durante a década de 1940-1950, a única produción literaria galega ´`e a que se leva a cabo no exilio americano (fundamentalmente na Arxentina). Nestes países créanse revistas culturais e literarias como “Galicia Emigrante” e novas editoriais como “Nova Citania”, continuando así a produción literaria galega. Entre os exiliados destacan Blanco Amor, Luís Seoane, Castelao, Rafael Dieste…. Castelao chega a Bos Aires en 1950 e a través da súa figura reivindícanse os dereitos de Galicia e a defensa da República. Nesta época escribe os seus libros máis importantes: “Os vellos non deben namorarse” (1941), “Sempre en Galiza” (1944) e “Cruces de pedra na Galiza” (1950). A partir dos anos cincuenta nacen en Galicia iniciativas culturais que levan a cabo a recuperación da lingua e da cultura galega. Tamén xorden unha serie de editoriais, entre as que destaca Galaxia, que inician a recuperación das letras galegas.

NARRATIVA DE POSGUERRA

No xénero narrativo, os escritores máis importantes dos anos cincuenta son Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole, que continuaran a súa produción literaria nos anos décadas seguintes. Nos anos sesenta, nace unha nova xeración coñecida como Nova Narrativa Galega, que leva a cabo a renovación da literatura galega coa introdución de novos temas e técnicas. Destaca Carlos Casares, Méndez Ferrín, María Xosé Queizán…. A partir dos anos sesenta aparecen unha serie de escritores que consolidaron a importancia da narrativa galega (Paco Marín, Alfredo Conde).

EDUARDO BLANCO AMOR:

Biografía

Nace no 1897 nunha familia humilde en Ourense, cidade que será referencia ó longo da súa obra.
Alí estuda bacharelato e maxisterio. En 1919 emigra a Arxentina, onde comeza a súa actividade como xornalista e o seu labor literario, tanto na prensa arxentina como en xornais e revistas galegas.Participa no proxecto galeguista e crea a Irmandade Nazonalista Galega.Durante a Guerra Civil, Blanco Amor defendeu dende América a causa republicana. Ó rematar a guerra, colaborou cos exiliados en actividades de oposición ó réxime franquista. Máis tarde fundou o Teatro Galego de Bos Aires. A partir dos anos cincuenta inicia a creación da súa obra máis significativa. A principios dos anos sesenta, regresa a Galicia e instálase en Ourense. Tamén pasa tempadas en Vigo. Tras o seu regreso a Galicia non atopará apoio nin collida e terá que soportar unha precaria situación económica. Pouco a pouco, irá recibindo recoñecementos (foi nomeado membro da Real Academia Galega, na que non chegou a ingresar) e éxitos literarios. Morreu en Vigo no 1979 e hoxe está considerado como un dos escritores máis importantes da literatura galega.

Obra

A obra de Eduardo Blanco Amor abrangue todos os xéneros.

  • Narrativa: as tres obras principais da narrativa de Blanco Amor localízanse na Auria, que é o trasunto literario de Ourense. A súa obra narrativa presenta unha serie de características comúns:

  • Localización espacial en Auria, trasunto literario de Ourense.

  • Localización temporal nas dúas primeiras décadas do século XX.

  • Protagonismo infantil e xuvenil, excepto “A Esmorga”.

  • Preferencia polo narrador subxectivo que narra en 1º persoa.

  • Interese por facer literatura realista.

“A Esmorga”é a primeira novela de Eduardo Blanco Amor. Nela desenvolve unha historia tráxica que transcorre por escenarios do ambiente urbano e suburbial da Auria. Estrutúrase en tres partes:

  • 1º Parte (documentación): un narrador-autor expresa como obtivo a documentación necesaria para escribir a historia que despois presenta.

  • 2º parte: conta a historia a través de 5 capítulos que recollen a declaración de Cibrán ante o xuíz. Mediante este interrogatorio reconstrúese as 24 horas de esmorga dos tres personaxes: o Bocas, o Milhomes e o Castizo. Tras o remate tráxico da mesma, Cibrán, único supervivente, narra os sucesos acontecidos, o itinerario seguido e as causas da morte dos seus compañeiros.

  • 3º parte: reaparece o narrador-autor para dar conta da morte de Cibrán, deixando en dúbida a verdadeira causa da súa morte.

“Os biosbardos” reúne un conxunto de sete relatos localizados en Ourense e protagonizados por nenos e adolescentes, situados temporalmente nas dúas primeiras décadas do século XX.

“Xente ó lonxe”, que é un novela longa que permite tres lecturas:

  • A biografía infantil e xuvenil de Suso, protagonista e narrador principal que narra a súa historia persoal e a súa madurez dende a infancia ata a mocidade.

  • A historia da familia de Suso (familia Vilar), vinculada a organizacións de carácter obreiro e sindical.

  • A crónica da sociedade ourensá de comezos do século XX, centrándose nas clases traballadores, ó tempo que recolle os principais acontecementos de España do momento.

Debido ó elevado número de personaxes, considérase unha novela de protagonista colectivo.

  • Poesía: destaca Romances Galegos (1928), Poema en catro tempos (1931) e Cancioneiro (1956).

  • Teatro: deixounos un volume que reúne varias pezas teatrais: “Farsas para títeres” e “Teatro para xentre”, amais da obra “Proceso en Jacobusland”.



Entradas relacionadas: