Biografía y Obras Principales de Rosalía de Castro
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 135,93 KB
Biografía de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1834. Filla dunha fidalga e dun crego, criouse na aldea de Ortoño, onde coñeceu a vida rural galega. En 1850 foi vivir a Santiago coa súa nai, onde estudou e participou en actividades culturais, coñecendo a Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre.
En 1856 trasladouse a Madrid, onde comezou a publicar e casou con Manuel Murguía, co que tivo oito fillos. Tras vivir en varios lugares, asentouse en Padrón en 1875. Morreu de cancro en 1885 e foi enterrada en Iria Flavia; en 1891 os seus restos foron levados ao Panteón dos Galegos Ilustres. Antes de morrer, ordenou destruír os seus textos non publicados.
Estilo e lingua
Rosalía de Castro combina recursos da literatura popular (paralelismos, comparacións, aliteracións e onomatopeas) con elementos da poesía culta, como símbolos (a sombra, a espiña ou o cravo), que lle dan gran forza expresiva. Emprega ademais unha lingua próxima á fala popular da zona de Santiago, cun rexistro coloquial e un léxico e sintaxe sinxelos.
Uso dos pronomes
- Con: Hoxe, Onte e Mañá sempre vai detrás (Hoxe pasámolo xenial).
- Cando vai unha oración negativa: (Non cho dixo).
- Cando vai despois de interrogativas e exclamativas: (que, onde, cando, como...) (Quen cho dixo? / Regalei ese cadros que che prometera).
- Cando ten: (varios, alguén, aínda, case, -mente, xa...) (Alguén cho dixo).
Obras fundamentais
Cantares gallegos
A publicación de Cantares gallegos o 17 de maio de 1863 supuxo un fito na historia de Galicia, pois inaugurou a literatura galega contemporánea; por iso, hoxe celébrase como o Día das Letras Galegas.
A obra está formada por 36 poemas, nos que unha voz poética, xeralmente feminina, desenvolve un cantar popular. Presenta unha estrutura circular: comeza cunha voz feminina á que se lle pide que cante en galego en representación do pobo e remata con esa voz desculpándose por non saber cantar mellor a beleza de Galicia.
Ten un carácter reivindicativo e inclúe varias temáticas:
- Costumista: Vida labrega e crenzas, buscando dignificalas.
- Amorosa: Conflitos entre namorados.
- Intimista: Visión pesimista do amor, dor ou saudade.
- Social: Denuncia da emigración, o caciquismo e a miseria dos labregos.
Follas novas
Publicado na Habana en 1880, é unha obra máis pesimista ca anterior, afastada do ton vitalista, centrada nunha visión triste da vida, aínda que tamén trata os problemas do pobo. Inclúe unha poesía intimista (desacougo, angustia existencial, dor, saudade, paso do tempo e morte) e social, na que se denuncia a pobreza, a emigración e a situación das mulleres no rural.