Axentes xeolóxicos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,47 KB

OS SALES MINERAIS: atópanse nos seres vivos en cantidades comprendidas entre o 1% e o 5%. Poden atoparse: 

-En forma sólida ou precipitada: orixinan estruturas esqueléticas e de suxeición. Exemplo: CaCO3 à constitúe esqueleto de moluscos

-En disolución: Actúan como sistemas tampón, controlando as variacións do pH. Manteñen o equilibrio osmótico.
Regulan accións específicas: activación de enzimas, transmisión do impulso nervioso, contracción muscular, coagulación sanguínea, etc.

Sales minerais disoltos: mantemento do equilibrio osmótico

Ósmose: fenómeno no que se produce o paso ou difusión dun disolvente a través dunha membrana semipermeable (permite o paso de disolventes, pero non de solutos) dende unha disolución máis diluida a outra máis concentrada, coa finalidade de equilibrar as concentracións.

A membrana plasmática da célula pode considerarse semipermeable, e por isto as células deben permanecer en equilibrio osmótico cos líquidos que as rodean. Se non fose así:

problemas de turxencia ou plasmólisis e  morte celular!!

Poden ser


-Cando as concentracións dos fluidos extracelulares e intracelulares é igual, ambas disolucións son isotónicas. 

-Se os líquidos extracelulares aumentan a súa concentración de solutos voltanse hipertónicos respecto á célula e ésta perde auga, deshidrátase e pode chegar a morrer (plamólise: proceso de saída de auga das células debido a fenómenos osmóticos desfavorables).

-Se pola contra os medios extracelulares se dilúen, voltanse hipotónicos respecto á célula, a auga tende a entrar e as células hinchan, voltanse turxentes, chegando incluso a estoupar (turxencia ou turxescencia: proceso de entrada de auga nas células debido a fenómenos osmóticos desfavorables).

BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS. Propiedades:

-Son moléculas exclusivas da materia viva, formadas por cadeas hidrocarbonadas (C-H)

-Son moléculas lineais, ramificadas ou cíclicas unidas por enlaces covalentes e un ou varios grupos funcionais

-A maioría son macromoléculas (polímeros), formadas pola unión de moléculas máis sinxelas (monómeros).

-Todas realizan unha función importante dentro dos organismos vivos

LÍPIDOS. Son moléculas orgánicas formadas por  C, O e H (e ás veces P e S).

Propiedades físicas:Insolubles en auga (e disolventes polares), Relativamente untuosos ó tacto, Solubles en disolventes orgánicos (cloroformo, éter, benceno,... )

Funcións fundamentais:

-Función estrutural: forman parte das membranas.

-Reserva : almacenan gran cantidade de enerxía  almacenamento enerxético a longo prazo, tanto en animais (adipocitos) como en vexetais (semente, froito)  proporcionan o doble de enerxía por gramo que os glícidos

-Protectora : son axentes protectores de superficies limitantes co medio externo.

-Accións específicas: en procesos do metabolismo, vitamínicas, hormonais

-Aillantes térmicos



Entradas relacionadas: