Axentes e Procesos Xeolóxicos: Enerxía e Ecosistemas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,84 KB
Axentes Xeolóxicos Externos
Axentes Pasivos
Producen a disgregación da rocha, pero non mobilizan eses fragmentos. Son os axentes atmosféricos: temperatura, humidade, osíxeno, etc.
Axentes Activos
Capaces de fragmentar unha rocha e mobilizar os fragmentos. Son:
- Auga. Actúa de diversas maneiras:
- Chuvia: desgasta o chan e arrinca pequenos anacos, que son arrastrados.
- Augas continentais superficiais que, en forma de torrentes, ríos, etc. actúan con distinta intensidade.
- Xeo nas zonas glaciares e periglaciares.
- Augas mariñas, pola acción das ondas e as correntes, é a abrasión.
- Augas subterráneas procedentes da auga de chuvia que se filtra ao interior.
Procesos Xeolóxicos Externos
Meteorización
Destrución das rochas superficiais dos continentes pola acción da atmosfera. Realízase mediante procesos físicos e químicos.
- Meteorización física ou mecánica: consiste na rotura das rochas sen modificar a súa composición química.
- Dilatación-contracción da rocha, pola acción en cuña da auga ao conxelarse nas fendas.
- Crecemento de cristais de sales disoltos na auga en fendas das rochas.
- Acción dos seres vivos.
Erosión
Desgaste e rotura das rochas superficiais pola acción dos axentes xeolóxicos externos.
Transporte
Proceso mediante o que os fragmentos erosionados se transportan cara a zonas máis baixas. Pódeo realizar o mesmo axente que erosionou ou outro distinto. Pola natureza dos axentes responsables, o transporte sempre leva consigo erosión.
Sedimentación
Depósito dos fragmentos e dos produtos resultantes da súa alteración en zonas baixas dos continentes e, sobre todo, nos océanos.
Axentes Xeolóxicos Internos
- Terremotos ou sismos.
- Volcáns. Fendas na codia terrestre que alcanzan zonas profundas, polas que se expulsan ao exterior unha mestura de materiais fundidos que denominamos magma.
- Outros fenómenos asociados á tectónica de placas. Como a formación das cordilleiras e das fosas mariñas.
Ecosistemas
Un ecosistema está formado por unha comunidade de seres vivos (biocenose) e polo medio físico onde viven (biótopo), ademais inclúe as relacións entre todos eles.
Biocenose
A biocenose está formada por todos os seres vivos de diferentes especies que viven nunha zona ao mesmo tempo e en interacción.
Biótopo
É o espazo físico natural ocupado pola biocenose xunto cos factores fisicoquímicos ou abióticos (humidade, contido en osíxeno, salinidade, temperatura, etc.) que son característicos do medio.
Cadea Trófica
Está formada por organismos de distintos niveis tróficos, entre os que se produce o fluxo de materia e enerxía desde os produtores ata os descompoñedores.
Rede Trófica
É o conxunto de cadeas tróficas interconectadas dunha biocenose.
Pirámide Trófica
É unha representación gráfica da biocenose onde cada nivel trófico se representa mediante barras horizontais superpostas. A superficie da barra é proporcional á magnitude considerada, xeralmente número de individuos, enerxía ou biomasa (cantidade de materia orgánica fabricada e acumulada polos organismos).
Fósiles e Paleontoloxía
Os fósiles son restos de seres vivos que viviron en épocas xeolóxicas pasadas. A ciencia que se dedica ao seu estudo é a paleontoloxía.
Fontes de Enerxía
As fontes de enerxía son os recursos naturais que empregamos para obtermos deles enerxía utilizable.