Ascenso e Historia do Partido Nazi: O Réxime de Hitler e o Totalitarismo Alemán

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,12 KB

A Formación do Partido Nazi e o Ascenso de Hitler

Adolf Hitler iniciou a súa carreira política nun pequeno grupo extremista, racista e agresivo, dando lugar ao denominado NSDAP (Partido Nacionalsocialista dos Traballadores Alemáns). Hitler creou as SS, escuadróns paramilitares, e tamén lle deu ao partido un carácter antixudeu.

En 1923, logo do intento de golpe de estado contra a República de Weimar, Hitler foi detido e cumpriu seis meses de cadea, onde escribiu "Mi lucha" (Mein Kampf). Na obra expoñíase o seu pensamento e programa político, caracterizado polo:

  • Desprezo pola democracia parlamentaria.
  • Defensa do antisemitismo.
  • Creencia na superioridade da raza aria.
  • Necesidade de forzar un Gran Reich.

Ao saír da cadea, a posición dentro do partido e mais o seu liderado político reforzaronse, sendo coñecido como o Führer.

A Chegada do Nazismo ao Poder

Nas eleccións de 1932 saíron escollidos 196 deputados nazis. En 1933, Hitler foi nomeado chanceler, contando co apoio de importantes personalidades da industria e das finanzas (Thyssen, Krupp).

A Construción dun Réxime Totalitario

Unha vez no poder, producíronse profundas transformacións institucionais e sociais:

  • Seguridade e represión: A policía foi substituída nas súas funcións polas SS e creouse a Gestapo (policía secreta).
  • A noite dos coitelos longos (1934): Asasinato de máis de 300 dirixentes nazis que se opoñían a algunhas directrices de Hitler. A partir dese momento, o control do ditador foi absoluto.
  • Autarquía económica e rearmamento: En Alemaña implantouse unha autarquía económica que lle deu prioridade á industria pesada e, sobre todo, á de armamento.
  • Control ideolóxico e social: A sociedade alemá debía ter unha absoluta unidade ideolóxica. Creouse o Ministerio de Cultura e Propaganda, fomentáronse as Xuventudes Hitlerianas e o papel da muller resumiuse en tres palabras: fillos, igrexa e cociña (en alemán, Kinder, Küche, Kirche).

Pureza Racial e Persecución

Un elemento central para conseguir a total cohesión ideolóxica e social do pobo alemán foi asegurar a pureza racial:

  • Creáronse as Leis de Nuremberg, que impedían os matrimonios mixtos.
  • Na Noite dos Cristais Rotos (1938) foron detidos millóns de xudeus.
  • Existía a concepción expansionista do espazo vital (Lebensraum).

Vocabulario Histórico do Nazismo

  • Nazismo: Ideoloxía do partido nazi que se basea na superioridade da raza aria e no odio aos xudeus.
  • Eutanasia: No contexto do nazismo, era o programa sistemático para eliminar os enfermos mentais e discapacitados.
  • Pactos de Letrán: Acordos entre a Igrexa italiana e Mussolini; a cambio de apoio político, este outorgáballe recoñecemento e poder ao Vaticano.

Entradas relacionadas: