Ascenso do Fascismo en Italia e Impacto Económico: Historia e Claves do Réxime

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,55 KB

A Marcha sobre Roma

Na folga de 1922, convocada polas forzas de esquerda, as escuadras fascistas mantiveron en funcionamento os servizos de autobús e tren. Así gañaron as simpatías das clases medias. Pero o golpe definitivo para facerse co poder chegou coa marcha sobre Roma.

Os fascistas anunciaron que, se o goberno era incapaz de restablecer a orde e a autoridade, eles marcharían sobre Roma e reclamarían o poder. Milleiros de camisas negras ocuparon os edificios públicos da capital. O goberno quixo proclamar o estado de excepción, pero o rei negouse e o goberno dimitiu. Víctor Manuel III pediulle a Mussolini que formase goberno.

Neste proceso de entrega do poder ao fascismo, dúas institucións tiveron un papel decisivo: a monarquía e o exército. Os militares aconsellaron ao rei que non puxese ao exército na situación de ter que reprimir aos fascistas porque moitos mandos militares eran afins a Mussolini.

O Fascismo no Terreio Económico

No terreo económico, o fascismo caracterizouse por unha forte intervención do Estado, o proteccionismo, o apoio á industria nacional e a autarquía económica. O Estado axudou as empresas con dificultades, comprando as súas accións e así pasou a controlar sectores importantes da economía, como a electricidade.

Tamén se adoptaron políticas proteccionistas, autorizando soamente aquelas importacións consideradas indispensables. Esta política xerou unha produción industrial de elevados custos e baixa calidade. O fascismo investiu en obras públicas, deseñou un programa agrario para fomentar a produción e un plan para incentivar a natalidade.

Apoios ao Fascismo

O partido fascista foi ben visto entre os industriais, grandes propietarios de terras, sectores do exército e o propio goberno. Recibiu axuda financeira da organización patronal italiana.

Vantaxes das Fontes de Enerxía

A electricidade presenta numerosas vantaxes como:

  • A súa limpeza e flexibilidade para se adaptar ás necesidades da produción.
  • A súa doada e eficiente conversión en luz, calor ou movemento.
  • A súa adaptación individual á máquina.
  • Coa invención do transformador, a posibilidade de trasladala a puntos distantes.

Aplicacións principais

  • Comunicacións
  • Transporte
  • Iluminación

As Escuadras Fascistas

Protagonizaron actos de violencia contra políticos, concellos e xornais de esquerda, contando coa complicidade da policía e da xustiza.

Entradas relacionadas: