As Cantigas de Santa María: estrutura, autoría, manuscritos e contexto medieval

Enviado por Anónimo y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,43 KB

As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María

Clasificación e estrutura

  • Cantigas narrativas: narran presuntos milagres da Virxe.
  • Cantigas de loor: louván as calidades da Virxe en termos moi parecidos aos que usaban os poetas para loar ás súas súas damas. O rei preséntase a si mesmo como vasalo.
  • Unha serie de cantigas: dous prólogos en verso e, ao final, un cantar de saúdo á primavera e unha petición final.

Agrúpanse de tal xeito que as nove primeiras son narrativas e a décima é de loor.

Elementos formais das cantigas

  • Epígrafe ou razón: resume o contido da cantiga cunha estrofa que serve para detallar o que vai ser contado ou mesmo para demandar a atención do público.
  • Refrán: condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir.
  • Cobras ou estrofas: con o refrán ao final de cada unha, que desenvolven con maior ou menor extensión o relato do milagre.

Modelo narrativo básico

  • Un resumo do que narra a cantiga, expresado no epígrafe ou razón.
  • Unha breve presentación do protagonista e, algunhas veces, do seu contexto (orixe, idade...).
  • Unha formulación do problema.
  • Unha intervención milagreira da Virxe que resolve o problema ou conflito e que responde, basicamente, á seguinte casuística:
    • Socorre a alguén que está en perigo, cativo ou enfermo.
    • Castiga delincuentes, pagáns, mouros, xudeus, viciosos e pecadores.
    • Intervén para premiar a fidelidade, a devoción, o rezo e a virtude.
    • Defende algún santuario ou igrexa da súa advocación.
  • Unha lección moralizante final, acompañada por xeral de agradecementos e loas á Virxe.

As cantigas presentan unha expresión de devoción á Virxe. Entre os motivos que abordan figuran o contraste entre o amor mundano e o amor divino e o contraste simbólico entre Eva (o pecado) e María (a salvación).

Autoría das cantigas

  • A influencia da lírica profana galaico-portuguesa.
  • A chamada Escola de Tradutores de Toledo.
  • A prosa histórica e xurídica en castelán.

Na obra interviñeron como máximo seis trobadores distintos. É pois unha obra colectiva.

  • Só hai dez cantigas escritas de puño e letra polo rei, precisamente aquelas que narran algún acontecemento autobiográfico seu ou aquelas en que aparecen frases do tipo que eu fiz, eu fige ou que fiz.
  • O artífice da maior parte dos textos foi o clérico e trobador compostelán Airas Nunes.

Fontes e motivacións

O equipo dirixido polo rei valeuse de fontes moi diversas, tanto orais como escritas e tanto populares como cultas.

  • Milagres marianos divulgados por todo o Occidente por medio de obras escritas en latín. Abundan os milagres relativos aos santuarios franceses.
  • Milagres marianos relacionados cos santuarios peninsulares.
  • Milagres marianos presuntamente sucedidos ao propio rei ou a membros do seu entorno.

De índole política

  • Buscaba prestixiar a corte castelá como cetro cultural.
  • Soster a súa candidatura para emperador do Sacro Imperio (fracasada).
  • Reforzar a ideoloxía e o modelo social feudal-cristián na península fronte a mouros e xudeus.
  • Restarlle influencia á cidade de Compostela ao desviar potenciais peregrinos cara aos santuarios marianos.

De índole relixiosa

  • Destácase a devoción sincera do rei cara á figura da Virxe.
  • O afán de contribuír coas cantigas ao auxe do culto mariano.

A tradición manuscrita

As Cantigas de Santa María, elaboradas entre 1257 e 1283, chegaron a nós por medio de catro códices diferentes. A condición rexial do seu promotor explica o luxo dos códices, a súa complexidade artística e a amplitude da colección. Eses catro códices representan os diversos estadios na composición da obra: unha primeira recompilación de cen cantigas; unha ampliación da colección ata duplicala; e un intento de chegar a cincocentas cantigas, interrompido, non obstante, pola morte do rei e a conseguinte desfeita do seu scriptorium.

  • Códice de Toledo (To): representa unha primeira redacción da obra. Contén cantigas con notación musical pero sen miniaturas.
  • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): contén cantigas sen notación musical pero con ilustracións acabadas, inacabadas ou só enmarcadas. Parece ser unha continuación do códice To.
  • Códice T da Biblioteca do Escorial: tamén coñecido como “Códice rico”, contén cantigas con notación musical, miniaturas e prosificacións castelás das primeiras cantigas.
  • Códice E da Biblioteca do Escorial: tamén chamado “Códice dos Músicos”, contén cantigas con notación musical e miniaturas.

A prosa medieval

A prosa literaria galego-portuguesa é máis escasa e menos orixinal ca lírica. Os primeiros textos foron versións de textos bíblicos e documentos de tipo notarial.

A prosa propiamente literaria aparecería máis tarde. A imposición do castelán puxo fin, entre outros, a este emprego do galego.

Tipos de prosa

  • Prosa tabeliónica: escritos de índole diversa elaborados con fins utilitarios:
    • Ordenamentos xurídicos.
    • Escritos notariais.
    • Regulamentos de confrarías e gremios.
    • Manuais ou tratados para aprender oficios ou actividades.
    • Libros de contas.
  • Prosa haxiográfica ou xacobea: textos centrados na vida, obra e milagres de apóstolos, santos ou personaxes relacionados co mundo do catolicismo e co fenómeno xacobeo.
  • Prosa historiográfica: destacan os Livros de Linhagens (catro catálogos de xenealoxías nobiliarias). Foron elaborados para evitar os casamentos consanguíneos e para coñecer mellor os dereitos patrimoniais e de herdanza; inclúen algúns fragmentos narrativos de temática artúrica, épica, histórica e mítica. Tamén se conservan as traducións galegas de dúas obras: General Estoria (que aspiraba a ser unha historia universal) e Crónica Geral (que pretendía recoller a historia peninsular ibérica). Trátase dunha prosa de finalidade propagandística e lexitimadora, que adoita intercalar elementos bíblicos e fantásticos.
  • Prosa propiamente literaria: agrúpase por ciclos temáticos:
    • Ciclo bretón ou artúrico: desenvolve en clave caballeresca e cristiá as lendas de orixe probablemente céltica relacionadas coa figura do rei Arturo e o seu entorno.
    • Ciclo clásico ou troiano: corresponden a este ciclo temático a Crónica Troiana e a incompleta e bilingüe Historia Troiana. Ofrecen unha visión fantasiosa do mundo clásico (viaxes de Ulises, guerra de Troia, amores de París e Helena...).
    • Ciclo carolinxio: conservamos fragmentos dunha obra coñecida como Pseudo-Turpin incluídos nos Miragres de Santiago, que relatan aspectos da historia lendaria do emperador Carlomagno.

Entradas relacionadas: