Aristoteles teoria ontologica

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 3,39 KB

METAFÍSICA
TEORÍA ONTOLÓGICA:
A ontoloxía é a ciencia que estuda o ser do real en canto existente. Para Aristóteles posuímos coñecemento científico dunha cousa cando sabemos :
1.Qué é esa cousa (existe)?
2.O que é ( esencia da cousa)?
3.O porqué de 1 e 2.
Así , a ciencia é o coñecemento necesario, verdadeiro e certo do Universal: coñecemos unha cousa cando coñecemos a súa causa e cando coñecemos que o efecto non pode ser doutro modo. Este tipo de coñecemento conséguese por demostración ( lóxica), e a través de siloxismos ( a partires dunha premisas verdadeiras chegamos a unhas conclusións verdadeiras)
O proceso de coñecemento lóxico do autor é distinto da dialéctica platónica, non se trata de ascender ao mundo das Ideas, trátase dun coñecemento universal e necesario alcanzado a traveso de siloxismos como procedemento , posto que permite introducir o particular no universal . o seu obxectivo é a realidade posto que pretende explicar a súa estrutura.
Para Aristóteles a metafísica é un conxunto de pequenos tratados cuxo nome orixinal é “ filosofía primeira”, xa que trata do máis universal que existe : O SER en canto ser e os seus atributos esenciais ( as demais ciencias tratan do ser dende un determinado punto de vista, polo que serían chamadas ciencias particulares). Por todo isto a filosofía primeira é tamén ontoloxía.
Entre todas as cousas que se chaman Ser existe unha unidade de ser, xa que todas as formas de “Ser” se refiren a unha forma primordial , ao Ser propiamente dito ou Sustancia.
A sustancia non é única existen moitos tipos de sustancia ( clases de seres). Así, todas as demais formas de Ser son modificacións ou accidentes das sustancias ( cantidade, calidade, relación , lugar etc) unificados por unha común referencia á sustancia.
O ser o é todo e a sustancia é o ser. Para Aristóteles as sustancias son os individuos concretos ( non as Ideas como dicía Platón) , que dan realidade ao concepto en si.
Distingue dous tipos de sustancias:
1.As sustancias primeiras ou o individuo concreto ( Ex: Sócrates).
2.As sustancias segundas ou a especie / xénero ( Ex: home).
Para o autor as sustancias segundas non existen separadamente das primeiras, senón unicamente nelas. A sustancia primeira é o verdadeiramente real, a sustancia en senso estricto: ela é o suxeito último na que ten a súa existencia a especie ou xénero ( tamén a esencia e a forma). Pero, debemos ter en conta que a preferencia a ten a sustancia segunda xa que si perecen os individuos ( Sócrates ) esta permanece noutros individuos coma especie.
TEOLOGÍA
Aristóteles afirma la primacía de la forma sobre la materia estableciendo que existen formas inmateriales que tienen como instancia suprema a Dios.
Como consecuencia afirma la primacía del acto sobre la potencia llegando a la afirmación de una realidad que es el acto puro y perfecto sin potencia y ajeno a todo tipo de cambio o movimiento( solo donde hay potencia). Es Dios, motor inmóvil del universo, principio de todo movimiento que no está sometido a ningún movimiento. Con todo esto llegamos a las fronteras de la Física para meternos en las fronteras de la teología( ciencia que estudia la suprema realidad inmóvil, Dios).

Entradas relacionadas: