Antigo Réxime e Ilustración no Século XVIII
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Historia
Escrito el en gallego con un tamaño de 42,97 KB
O Século XVIII, o Antigo Réxime
As pegadas do Antigo Réxime
No século XVIII existía a mesma estrutura social e económica que nos séculos anteriores, pero estaban a producirse grandes cambios.
A que lle chamamos Antigo Réxime?
Antigo Réxime: Conxunto de relacións sociais, económicas e políticas que caracterizaban as monarquías europeas do século XVIII. As súas características son:
- O mantemento da sociedade estamental.
- Un sistema económico baseado no sector primario. O comercio ía gañando importancia.
- O sistema político era a monarquía absoluta, baseada na concentración de poderes do rei e a centralización da administración. Os monarcas influiranse polas ideas da Ilustración e crearan o despotismo ilustrado.
Mantemento da sociedade estamental
A sociedade estamental era a forma de organización social do Antigo Réxime. A sociedade dividíase en tres estamentos: clero, nobreza e xente do común.
A sociedade estamental tiña dúas características xerais:
- Inmobilismo vertical: a xente do común non podía ascender á nobreza, excepto excepcións.
- O privilexio que se lles daba aos estamentos privilexiados, como non pagar impostos, ter leis particulares e recibir dereitos señoriais nos seus territorios.
As transformacións da sociedade
Nobreza: Había alta e baixa nobreza. A alta recibía diñeiro polas propiedades que posuía no campo, e a baixa tiña unha situación económica delicada, polo que adoitaba casar coa burguesía adiñeirada.
Clero: Había alto e baixo clero. O alto clero estaba formado por fillos de nobres que concentraban os poderes eclesiásticos, e o baixo clero estaba formado por xente do común que, en ocasións, pasaba miserias.
Xente do común
Campesiñado: Eran os máis numerosos (85% da poboación). Só un 10% posuía terras, e o resto sometíase ao réxime señorial.
Burguesía: Era cada vez máis importante, estaban libres do réxime señorial e tiñan maior riqueza que os campesiños. Non podían acceder ao poder político, pero a medida que a súa riqueza aumentaba foron reclamando poder, mentres os privilexiados querían manter a sociedade tradicional. Isto deu lugar ás revolucións burguesas.
O goberno a comezos do século XVIII
O mantemento do absolutismo en Europa
O absolutismo era o sistema político polo que se rexía case toda Europa no século XVIII. O rei concentraba todos os poderes, a monarquía érao todo.
O absolutismo naceu en Francia no século XVIII, na época de Luís XIV. Apoiábase nas teorías de Bossuet, que defendía a orixe divina da monarquía, polo que ninguén estaba por riba do rei.
No terreo económico apoiábase no mercantilismo (Jean Colhert), que defendía que:
- O Estado máis rico era o que máis prata e ouro tivese.
- Para conseguir metais, desenvolveuse o comercio exterior e, para que estes non saísen do país, establecéronse impostos aos produtos estranxeiros (proteccionismo económico).
- O Estado debía, entre outras cousas, desenvolver a industria.
Debido ao triunfo do absolutismo, os reis de Francia non dependían da aristocracia. Mantivéronse os privilexios e os señoríos. O diñeiro para os gastos do reino pagábase cos impostos sobre o campesiñado e a burguesía.
A Ilustración e o despotismo ilustrado
A Ilustración desenvolveuse no século XVIII. Os reis aplicaron algunhas das ideas da Ilustración, o que deu orixe ao despotismo ilustrado.
A Ilustración, cambio de mentalidade
A Ilustración foi un movemento intelectual que se desenvolveu en Europa no século XVIII. Os pensadores ilustrados partían de tres principios:
- Analizaban a sociedade aplicando a razón. O goberno debía rexerse polo que era máis razoable, non pola tradición. Pensaban que a razón levaría ao progreso continuo da humanidade.
- Defendían que as persoas tiñan uns dereitos naturais.
- Afirmaban que a tolerancia debía ser a base da convivencia humana.
A crítica do Antigo Réxime
Os ilustrados opuxéronse á sociedade estamental e defendían un sistema de igualdade social e legal no que o progreso social estivese aberto a todos, respondendo ás capacidades das persoas. Pensaban que os privilexios dalgúns grupos e institucións eran un obstáculo para o crecemento económico, por iso estes criticaron duramente á Ilustración.
En Francia publicouse a Enciclopedia, que recollía o saber do momento. Moitos dos seus artigos criticaban tradicións e crenzas, o que supuxo máis críticas por parte dos privilexiados.
O despotismo ilustrado
O despotismo ilustrado é o sistema político que nace da aplicación das ideas ilustradas por parte da monarquía. Os reis querían que a sociedade evolucionase, pero que a monarquía o dirixise todo, polo que se mantivo o absolutismo. Os reis realizaron reformas para mellorar a vida da poboación, como a educación, mellorar o abastecemento de auga e alimentos…
A Ilustración axudou aos reis a avanzar na concentración de poderes.
O despotismo ilustrado apoiouse na fisiocracia (Quesnay), que dicía que a economía se baseaba na agricultura, xa que o comercio e a industria procedían desta. Aplicaron a desamortización, que consistía en privar da propiedade da terra a aqueles que non as explotasen.
O despotismo podía cambiar a sociedade só ata un punto, xa que as reformas chocaban cos privilexios da nobreza e do clero, e os reis non desexaban poñer en perigo as posicións destes estamentos, que se consideraban necesarios para o mantemento da orde social.
O liberalismo e a creba do Antigo Réxime
Criticábase o absolutismo e a sociedade estamental, e os descontentos apoiáronse no liberalismo para propoñer novas formas de organización política, social e económica.
O liberalismo revolucionario
A burguesía decatouse de que os reis absolutos non ían cambiar o sistema político, económico e social, e producíronse as revolucións burguesas (proceso de conquista do poder por parte da burguesía). O exemplo máis claro foi a Revolución Francesa (1789).
O liberalismo económico foi o pensamento no que se apoiaban as revolucións burguesas. Foi formulado por Montesquieu e Rousseau. Partiron de dous conceptos:
- A separación de poderes (Montesquieu). Defendía a existencia de tres poderes e a necesidade de evitar a concentración de poderes nunha mesma persoa ou institución.
- A soberanía nacional (Rousseau). Di que o poder corresponde á nación, ao conxunto de cidadáns. Os cidadáns establecen un pacto co Estado reflectido na Constitución. Neste pacto, os cidadáns permítenlle exercer o poder ao Estado no seu nome, polo que o rei se converte nun simple representante.
Este liberalismo aspira tamén a suprimir os antigos privilexios.
O liberalismo económico
É a doutrina económica que vai unida ás revolucións burguesas. Os liberais desexaban que a economía se rexese pola liberdade económica. Este principio tivo dúas consecuencias:
- Suprimíronse os gremios, así calquera podía abrir un negocio.
- O estado non debía intervir na economía; só debía protexela. Tamén se implanta o librecambismo, que consiste en que o Estado non inflúa na venda duns produtos duns países a outros. Pensábase que o comercio se podía regular a través da lei da oferta e da demanda.
O reformismo borbónico
A guerra de sucesión: chega unha nova dinastía
Cando morreu Carlos II, ao non ter descendencia, propuxéronse dous candidatos ao trono español: Filipe de Anjou e o Arquiduque Carlos. No seu testamento, Carlos II cedeu o trono a Filipe de Anjou e, como o Arquiduque non o aceptou, produciuse a guerra de sucesión, na que houbo dous escenarios: o de Europa (Francia contra Austria, Países Baixos e Inglaterra) e outro español (Filipe de Anjou, apoiado por Castela, contra o Arquiduque Carlos, apoiado por Aragón). A guerra rematou en 1714 co tratado de Utrecht, no que España cede posesións en Flandres e Italia a Austria e dereitos a Inglaterra sobre Xibraltar e Menorca a cambio de que Filipe de Anjou fose declarado rei de España. Isto fixo que España deixase de ser unha gran potencia.
Carlos III e o despotismo ilustrado
Carlos III foi o máximo expoñente do despotismo ilustrado en España. Intentou facer reformas nomeando ministros italianos, o que provocou o Motín de Esquilache.
Levou ao poder a Campomanes, Floridablanca e Jovellanos. Estes intentaron sacar da decadencia a España e fixeron as seguintes reformas:
- Intentaron establecer a fisiocracia con reformas na agricultura e noutros sectores.
- Reformaron a educación, xeneralizando a educación, e intentaron combater a Inquisición, que consideraban unha barreira para o progreso.
- Difundiron as ideas da Ilustración a través das Sociedades Económicas de Amigos do País.
- Intentaron acabar cos privilexios da nobreza e do clero. O rei impuxo a súa autoridade sobre a Igrexa.
- Declaráronse honradas todas as profesións.
Carlos IV, o seu sucesor, freou as reformas. A Ilustración española foi un movemento minoritario e non se xeneralizou entre a sociedade.
As revolucións políticas
Supresión do Antigo Réxime
A obra da Asemblea Constituínte
A Asemblea Constituínte tiña como obxectivo desmontar o Antigo Réxime en Francia e redactar unha Constitución.
Para acabar co Antigo Réxime, o 4 de agosto de 1789 aprobouse o Decreto de abolición dos dereitos feudais, que suprimía o décimo, a xurisdición dos privilexiados e permitíalle o acceso a calquera cargo a todo o mundo. O 26 de agosto de 1789 redactouse a Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, que recoñece as liberdades das persoas, a igualdade ante a lei e a propiedade. Estes decretos supoñen o fin do absolutismo e o triunfo da revolución liberal.
En setembro de 1791 promulgouse a Constitución de 1791, que deseñou un sistema con estas características:
- Monarquía parlamentaria. Recoñecíase a soberanía nacional e os dereitos fundamentais. A monarquía perdeu poder.
- División de poderes: Asemblea Nacional (poder lexislativo), rei (poder executivo) e tribunais (xudicial). O rei tiña capacidade de veto sobre as leis que a Asemblea aprobase.
- A Asemblea elixíase por sufraxio censitario; os votantes debían ter 25 anos e ter propiedades.
- Descentralización da administración: Francia dividiuse en 83 departamentos e aumentou a importancia dos concellos.
A radicalización da Revolución Francesa
A Convención Montañesa e o Terror (1793-1794)
O temor á derrota da Revolución provocou un golpe de Estado dos sans-culottes contra os xirondinos en xuño de 1793. Os montañeses (Robespierre) fixéronse co poder.
Os montañeses elaboraron unha nova constitución democrática que recoñecía a soberanía popular e o sufraxio universal masculino. A división de poderes quedou debilitada e Robespierre implantou unha ditadura.
O asasinato de Marat por unha realista e o ataque inglés a Toulon provocaron o comezo do Terror. Suspendeuse a Constitución e aprobáronse as leis dos sospeitosos, polas que o Comité de Salvación Pública podía xulgar e executar a calquera sen probas.
Robespierre intentou frear a crise económica limitando os prezos máximos, pero tamén se limitaron os salarios, polo que tivo que enfrontarse aos sans-culottes.
Robespierre foi perdendo apoios e, cando intentou unha nova serie de arrestos, produciuse o golpe de estado do 9 de Termidor (27 de xullo de 1794), tras o que foi xulgado e executado.
O imperio napoleónico
Obra de Napoleón en Francia
O Consulado era un réxime personalista baseado na capacidade política de Napoleón, que acaparou o poder e o protagonismo. Isto reflectiuse na Constitución do ano VIII, na que non había declaración de dereitos nin separación de poderes.
Para facer fronte á Segunda Coalición, Napoleón desprazouse a Italia, onde venceu en Marengo (1800), e aproveitou a vitoria para nomearse cónsul vitalicio.
Iniciou unha serie de reformas, como: modernizou as leis, elaborou o código civil, reformou a economía francesa creando o Banco de Francia e o código de comercio, promoveu a educación pública e estableceu unha nobreza baseada en méritos civís e militares.
A Restauración
A volta do absolutismo
Durante a Restauración, volveron ao poder os monarcas do Antigo Réxime. Nalgúns casos, os reis promulgaron cartas outorgadas nas que recoñecían algúns dereitos á poboación. Foi o caso de Luís XVIII en Francia, que reinou despois de Napoleón.
Congreso de Viena: reorganización do mapa europeo
Tras a derrota de Napoleón, as potencias buscaron unha nova distribución territorial que garantise a paz duradeira e evitase novas revolucións. No Congreso de Viena (1815) modelouse o mapa europeo (Metternich = ministro Austria, Alexandre I = tsar de Rusia, Talleyrand = ministro exterior francés).
Os cambios principais foron:
- Francia volveu ás fronteiras de antes da Revolución.
- Creáronse dous Estados tapón para dificultar unha posible expansión francesa: Holanda, que asimilou Bélxica, e Piemonte, que recibiu Savoia e Xénova.
- Austria, Prusia e Rusia gañaron territorios de forma equilibrada, para que ningunha adquirise hexemonía sobre outra.
O Congreso de Viena iniciou o sistema de congresos. A partir de entón, as potencias decidiron reunirse para discutir os problemas internacionais e solucionalos mediante o diálogo.
Pero o Congreso creou novos problemas, como falsas unións (Bélxica e Holanda, Suecia e Noruega) e non resolveu os nacionalismos non tidos en conta de Polonia, Italia ou Alemaña.
Unha nova onda revolucionaria
Liberalismo e nacionalismo
En 1820, 1830 e 1848 producíronse revolucións baseadas en:
- Liberalismo. Rexeitaba o absolutismo e buscaba recuperar os dereitos e as liberdades da Revolución Francesa.
- Nacionalismo: Ten a súa orixe na expansión napoleónica, que exacerbara os sentimentos de pertenza a unha nación. A reorganización do Congreso de Viena ignora a identidade cultural e os costumes dalgúns pobos, e hai imperios formados por pobos moi diferentes. Algúns destes pobos reivindican a súa independencia.
As revolucións en Francia baseáronse no liberalismo, e as de fóra de Francia, no nacionalismo.
Revolucións de 1820 e 1830
En 1820:
- O movemento iniciouse en España, onde, en 1820, Riego pronunciouse contra a monarquía absoluta de Fernando VII, o que deu lugar ao Trienio Liberal, no que os liberais conseguiron que o rei xurase a Constitución de Cádiz. O movemento terminou en 1823, cando a Santa Alianza restaurou o absolutismo.
- En 1821, os gregos subleváronse. En 1829 Grecia conseguiu a independencia.
En 1830:
- O seu centro foi Francia. O rei Carlos X de Borbón intentou acabar coa carta outorgada de Luís XVIII. Produciuse unha revolución que o expulsou do país e levou ao trono a Luís Filipe de Orleáns.
- En Bruxelas produciuse un levantamento contra o rei de Holanda que acabou coa independencia de Bélxica (1831).
Noutros lugares os movementos fracasaron (Italia, Alemaña e Polonia).
Revolucións de 1848
Ademais do nacionalismo e liberalismo, tivo un compoñente de revolución social e obreira.
Comezou en Francia. O réxime de Luís Filipe sufriu unha revolución en febreiro que o expulsou de Francia, e proclamouse a II República. O novo réxime non satisfixo aos obreiros, que se sublevaron nas revolucións de xuño, pero foron derrotados.
Venceu a burguesía, que elaborou a Constitución de 1848, e nas eleccións gañou Napoleón, que puxo fin á República e proclamou o II Imperio (1852).
Fóra de Francia producíronse revolucións no imperio austríaco, Polonia, Prusia, Alemaña, pero non tiveron éxito.
A pesar do fracaso, as revolucións de 1848 abriron unha nova etapa política por tres razóns:
- Foron o punto de partida das unificacións de Italia e Alemaña.
- Supuxeron o avance da democracia.
- Foi o punto de partida para unha organización do movemento obreiro máis moderna e eficaz (sindicatos, partidos...).
A Revolución Industrial
Factores da primeira revolución industrial
Revolución demográfica: Ata o século XVIII, a poboación aumentou moi pouco en Europa, xa que, aínda que os nacementos aumentaron, morría moita xente de fame, por epidemias... A partir do século XVIII, a poboación comezou a medrar, xa que se reduciu a mortalidade debido á aparición de vacinas, había menos fame… O crecemento da poboación deu lugar á revolución demográfica, que supón un crecemento económico, do consumo e o desenvolvemento das novas técnicas da industria.
Expansión agrícola: Danse novos avances como:
Reformas de las técnicas agrarias. O sistema de barbeito é substituído polo sistema de rotación cuaternal ou trienal. Cambiase o arado de madeira polo de ferro e aparecen novos sistemas de riego, o que permite introducir novos cultivos como millo, patacas, remolacha..
Aparecen novas máquinas e fertilizantes
Cultívase o forraxe para alimentar o ganado. Desenvolvese a estabulación e aumentan as cabezas de ganado.
Desaparecen as terras señoriais e aparece a propiedade privada.
A revolución agraria:
Aumenta as materias primas
Aparecen novos mercados para vender produtos
Os campesiños marchan á cidade e traballan nas fábricas(éxodo rural)
Nova mentalidade:O liberalismo defende a iniciativa privada (toda persoa pode montar o seu propio negocio e obter os máximos beneficios posibles). Ademais para obter mellores produtos e máis baratos as empresas deben introducir melloras tecnolóxicas.é una mentalidade aberta a: novas innovacións, investimentos,risco laboral e sobre todo obter beneficios.Nova mentalidade
A primerira revolución industrial
Industrialización.Fábrica e mecanización: Ata o século XVIII os produtos facíanse en obradoiros sen tempo fixo. Os obradoiros foron substituídos por fabricas onde o obreiro fabrica os produtos utilizando maquinas. A primeira fonte de enerxía das maquinas foi o vapor. A aparición da fábrica trae como consecuencia:
A industria localizase en lugares determinados
Especialización e división do traballo, cada obreiro realiza una tarefa determinada
A división do traballo aumenta a produción xa que se fan as cousas máis rapidamente e rebaixando os prezos.
Sector textil e siderurxico:A industria téxtil do algodón foi moi importante, o algodón chegou a Bretaña a través das súas colonias e traballan nestas fabricas téxtiles miles de persoas que venden tecidos a todo o mundo.A siderurxia tivo un gran desenvolvemento, o carbón mineral utilizábase en altos fornos onde fundían o ferro para elaborar diferentes produtos ( maquinarias, redes de ferrocarris…)
A segunda revolucion industrial
Novas industrias e potencias industriais:Aparecen novas fontes de enerxía como a eléctrica e o petróleo. As industrias desenvoltas son:
Siderurxia: Novos fornos especializados, funden grandes cantidades de aceiro que resulta máis barato para fabricar barcos, armas…
Eléctrica: A electricidade move máquinas permitindo o desenvolvemento de novos transportes, de novos medios de comunicación e para iluminar casas.
Química: Utilizan o petróleo e o caucho para fabricar goma,celulosa, colorantes…
El transporte tivo un gran desenvolvemento porque o petróleo utilizouse como combustible en novos medios de transporte (avión e coche).Gran Bretaña deixa de ser la 1ª potencia y pasa a selo EEUU y Alemaña
Nacemento de grandes empresas e banca:Ata a Revolución industrial, as empresas eran pequenas e familiares. Ao aparecer as fábricas, nacen as Sociedades Anónimas cuxo capital se divide en accións e aqueles que as compran convértense en socios das empresas. A banca é un elemento importante xa que presta diñeiro ás empresas e serve para gardar o diñeiro dos particulares.
Novos sistemas de produccion
Taylorismo: Divide o traballo en pequenas tarefas dunha duración determinada que permite a especialización do obreiro e o cobro dun salario segundo a tarefa realizada
Fordismo: Os produtos pasan dun obreiro a outro a través dunha cadea de montaxe para evitar perder tempo e producir maior cantidade de pezas con menor coste.
Concentración empresarial:As empresas fusiónanse para os investimentos e o control do mercado.Hai tres tipos de concentración:
Cartel: Asociación de empresas dedicadas a mesma actividade que controlan a distribución, prezos e reparten beneficios.
Hólding: Corporación de compañías controladas por unha empresa que é a propietaria e a que ten máis accións
Trust: Agrupación de diferentes empresas de forma voluntaria que controla a produción do produto, o mercado e elimina a competencia.
A aparicion do movemento obreiro
Inicios do movemento obreiro
O movemento obreiro é o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo polos obreiros para defender os seus dereitos. Ao principio protestan destruíndo maquinas (ludismo). Máis tarde aprobase o dereito de asociación e fórmanse asociacións e sindicatos.O principal dereito que defende é o dereito à folga e piden una redución da xornada laboral a 8 horas, aumento salarial,para, supresión do traballo dos nenos e o dereito a voto.O goberno e os empresarios loitan contra a folga por medio do exército e da policía.
Marxismo e anarquismo
Son as dúas ideoloxías do movemento obreiro.
O marxismo ( Carl Marx) basease na loita de clases (burguesía e obreiros);na ditadura do proletario ( sociedade comunista, sen clases,sen propiedade privada e sen estado) e a defensa da intervención dos partidos obreiros na política ( orixe do partido socialista).
O anarquismo: ideoloxía que se opón ao Estado. Este sería substituído por unha asociación voluntaria e rexeita a política, os partidos políticos e as eleccións. (Bakunin,Kropotkin e Proudhon)
As internacionais obreiras:
En 1864 crease a asociación internacional dos traballadores (AIT), desaparecendo anos máis tarde por desacordos entre socialistas e anarquistas. Logo crease a II Internacional, de carácter socialista que dirixe as organizacións obreiras de ideoloxía socialista.Crea símbolos importantes para o socialismo como o Himno da Internacional e a festa do 1º de Maio.O movemento obreiro consegue que o goberno aprobe leis que benefician ao traballador como: permiso de maternidade, seguro de accidente, redución da xornada laboral…
Tema 4
O nacemento do nacionalismo
Na Idade Media e Moderna a palabra nación definía a un grupo de persoas nacidas nun mesmo lugar baixo un mesmo poder. No século XIX moitos pobos comezaron a reivindicar que as fronteiras dos Estados coincidisen coas fronteiras raciais, culturais.. Había dúas concepción do nacionalismo:
Os alemáns defendían a concepción cultural da nación. Para eles a nación estaba formada por persoas cunha cultura,lingua e historia en común que teñen o dereito de organizarse en Estados.
Os franceses defendían unha concepción política do nacionalismo. A nación formábase pola decisión dun grupo de persoas. O que caracterizaba aos seus cidadáns era compartir unhas mesmas leis, deberes e dereitos.
A política nacionalizadora dos Estados
Os estados do século XIX pretendían desenvolver o sentimento nacional, e o orgullo patriótico. Apareceron as tradicións, bandeiras, himnos.. ( símbolos da nación).En ocasións este patriotismo exarcebado ía acompañado do odio a outros países polo que comezou a verse coma unha ameaza para a paz e o benestar.
Os movementos nacionalistas disgregadores
Parte dos movementos nacionalistas deron lugar a procesos disgregadores dos Estados existentes. Exemplo: Bélxica, os imperios austrohúngaro e turco.O imperio austrohúngaro resistiu todo o século XIX pero o imperio turco fragmentouse: primeiro Grecia e logo Montenegro, Albania, Bulgaria.. Isto tamén pasou en Irlanda pero esta non conseguiu a independencia ata 1922.
Os movementos unificadores
Outros movementos deron lugar a unión de poboacións divididas. Ocorreu en Italia e Alemaña. En Italia a unificación foi liderada por Piemonte e culminou en 1861. En Alemaña a unificación foi liderada por Prusia. Primeiro establecéronse mecanismos de cooperación económica entres os diferentes Estados. Guillerme I de Prusia e Bismarck aceleraron o proceso por vía militar. O imperio alemán naceu en 1871.
Imperialismo
É a extensión do dominio dun país sobre outros. O país conquistador é a metrópole e as colonias son os territorios conquistados. A expansión imperialista do século XIX tivo novos protagonistas:Gran Bretaña e Francia pero tamén crearon outros países europeos (Alemaña, Italia) e extraeuropeos(EEUU e Xapón). España perdeu algunhas das súas colonias. A expansión do XIX foi rápida, podíase dicir que Europa era a dona do mundo , isto debeuse a súa superioridade militar.
Factores polos que as grandes potencias se expandiron:
Económicos: As colonias eran mercados nas que se pagaban impostos aduaneiros,eran espazos onde investir os seus capitais e territorios onde encontrar materias primas baratas.
Políticos: Conquistábanse lugares estratéxicos para controlar rutas terrestres e marítimas. A expansión tamén servía para aumentar o prestixio dun país e fortalecer o orgullo nacional.
Demográficos: As metrópoles tiñan moita poboación, por iso, moitas persoas emigraban ás colonias.
Ideolóxicos: Había ideoloxías racistas polas cales os occidentais consideraban que a raza branca era superior e que isto lles daba dereito a dominar a outros pobos que consideraban atrasados ou inferiores. Pensaban que tiñan a misión de civilizar os demais pobos. As conquistas tamén foron impulsadas pola curiosidade científica. A partir de 1870 creáronse sociedades xeográficas que realizaron expedicións científicas por todo o planeta.
Os grandes imperios
O imperio maior foi o británico e o seu momento de maior esplendor foi coa raíña Vitoria I. A India era a súa colonia máis importante. Controlaban rutas marítimas
A segunda potencia foi o imperio francés que ocupaba o norte de África e a península de Indochina.
Outros imperios foron o belga (Congo),alemán(sur de África),italiano(Somalia,Trípoli,Eritrea), Rusia(Siberia e cara o sur ata a fronteira coa india), EEUU(Filipinas,Porto Rico e Cuba) e Xapón( Corea, Formosa e protectorado en Manchuria).
Administracións das colonias
Había tres formas de dominio:
As colonias sometidas á soberanía da potencia colonizadora.
Os protectorados, as potencias coloniais controlaban a política exterior e a explotación das riquezas do país.
As concesións eran territorios que pertencían a un país independente pero as potencias occidentais tiñan vantaxes comerciais.
Os colonizadores introduciron as bases dunha administración moderna nas súas colonias que sigue vixente pero delimitaron os territorios sen ter en conta as diferenzas tribais, relixiosas ou lingüísticas o que produciu conflitos durante a descolonización.
A explotación económica
Os colonizadores apropiábanse das terras e convertíanas en grandes plantacións, explotaban os minerais do subsolo, conseguían man de obra barata proporcionada pola poboación nativa en condicións próximas á escravitude. Non fomentaban a industrialización nas colonias xa que buscaban nelas materias primas baratas e un lugar onde vender os seus produtos.
Unha sociedade racista
Os indíxenas foron desposuídos das súas terras e convertéronse nunha minoría marxinal x que a poboación branca creceu enormemente. Nalgúns casos coma Australia ou Nova Zelanda a poboación indíxena foi exterminada. Os colonos e colonizados vivían dúas realidades moi diferentes, os matrimonios entre colonos e indíxenas estaban prohibidos:
A poboación occidental era un grupo pequeno pero ocupaba os principais cargos e controlaba a economía. Vivían en barrios propios,apartados e luxosos.
A poboación nativa vivía na pobreza e non tiñan dereitos excepto os que colaboraban cos colonos.
A expansión colonial impuxo a civilización occidental.
Tema 5: España e Galicia no século XIX
A invasión francesa e a Guerra da Independencia iniciaron a Idade Contemporánea en España.
A Guerra da Independencia
Carlos IV opúxose ás ideas da Revolución Francesa e entrou en guerra contra Francia (1793-1795). España foi derrotada e tivo que asinar un tratado que a convertía en aliada de Francia.
En 1807 España e Francia asinaron o Tratado de Fontainebleau polo que acordaron invadir Portugal que se aliara con Inglaterra. As tropas francesas debían atravesar España pero aproveitaron a situación e ocuparon algunhas cidades españolas o que creou malestar na poboación. O fillo de Carlos IV aproveitou a situación e instigou o Motín de Aranjuez (1808) que provocou que Carlos IV abdicase e o seu fillo converteuse no rei Fernando VII.
Napoleón aproveitou os problemas da familia real e secuestrouna en Bayonne , obrigando a abdicar a favor de Xosé Bonaparte que se converteu en rei de España. Ante o secuestro o 2 de maio de 1808 producíronse sublevacións en Madrid e noutras cidades. Foi o comeza da Guerra da Independencia .
A guerra foi unha liberación contra os franceses e unha loita civil,a poboación estaba dividida en afrancesados e fernandinos.
Cidades como Zaragoza e xirona sufriron importantes asedios. As guerillas fustrigaban ao exército francés.
Cando Napoleón retirou as tropas os españois aliados cos ingleses iniciaron unha contraofensiva. En 1813 asinouse o Tratado de Valençay que poñía fin á guerra e lle devolvía a coroa a Fernando VII.
Afrancesados: Ilustrados que recoñecían a Xosé Bonaparte como rei
Fernandinos: Españois fieis a Fernando VII
Guerrillas: Grupos de civís armados que fustrigaban as tropas francesas e entorpecían o seu control do territorio.
As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812
A Guerra da Independencia tivo consecuencias políticas. A ausencia da familia real deixou un baleiro de poder nas zonas sublevadas que crearon xuntas para organizar a loita. Logo creouse a Xunta Central Suprema.
En plena Guerra, a Xunta Central convocou as Cortes que se reuniron en Cádiz. A maioría dos deputados eran liberais pero había servís que querían o regreso de Fernando VII e o mantemento do Antigo Réxime.
As Cortes elaboran a Constitución de 1812 a primeira constitución da historia de España. Reflectía os principios do liberalismo político, recoñecía a soberanía nacional e a división de poderes, establecía unha declaración de dereitos moi completa e recoñecía o sufraxio universal masculino. A Constitución aprobouse o 19 de marzo de 1812 por iso se coñece como a Pepa.
Ademais as Cortes de Cádiz aprobaron reformas que puxeron fin ao Antigo Réxime: suprimíronse señoríos,aboliuse a Inquisición, prohibíronse os gremios e declarouse a igualdade ante a lei.
A restauración do absolutismo(1814-1820)
En marzo Fernando VII volveu a España. O rei apoiado polos servís derrogou a constitución e as reformas aprobadas durante a guerra. Restaurou os privilexios do clero e da nobreza e dispensounos de pagar impostos. Era unha volta ao Antigo Réxime.
Gobernou de forma absoluta durante seis anos. Os liberais foron perseguidos e moitos marcharon ao exilio para evitar o cárcere. Os liberais e parte do exército trataron de restaurar o liberalismo mediante pronunciamentos que fracasaron.
Pronunciamento: Sublevación militar típica do século XIX con obxectivo de cambiar o sistema político.
O Trienio Liberal(1820-1823)
En 1820 triunfou un pronunciamento liberal dirixido por Riego que proclamou a Constitución de 1812 en Cabezas de San Juan. O rei tivo que xurar a constitución, liberar os presos políticos e convocar eleccións para reunir as Cortes.
Entre 1820 e 1823 os liberais restauraron as reformas aprobadas en Cádiz e formaron a Milicia Nacional para defender o liberalismo.
Durante o goberno liberal producíronse tentativas golpistas por parte dos absolutistas e en 1823 a Santa Alianza enviou os Cen Mil Fillos de San Luís que restituíron a Fernando VII como rei absoluto
A fin do absolutismo e a guerra carlista
A volta ao poder de Fernando VII coincidiu cunha grave crise interna. A Facenda estaba sen fondos e a perda do imperio americano agravou a crise económica. O rei intentou modernizar o goberno creado un consello de ministros. Os liberais foron perseguidos polo réxime e protagonizaron pronunciamentos. A crise do absolutismo era evidente.
A esta situación uníuselle o problema dinástico xa que debido a Lei Sálica en España non podían gobernar mulleres. Como Fernando só tiña unha filla anulou a Lei Sálica mediante a Pragmática Sanción. Moitos absolutistas opuxéronse e apoiaron a don Carlos, irmán do rei.
Cando Fernando VII morreu (1833) a súa viúva, María Cristina, fíxose rexente xa que a súa filla Isabel só tiña 3 anos. Don Carlos proclamouse rei de España e estourou a Primeira Guerra Carlista.
A guerra non só foi un conflito dinástico senón tamén un enfrontamento entre: liberais que apoiaban a Isabel e carlistas que defendían o absolutismo,a volta ao absolutismo e o mantemento dos foros fronte á centralización do goberno.
A guerra durou sete anos (1833-1840) que terminou coa derrota carlista e o Abrazo de Vergara
A crise final do reinado de Isabel II
O reinado de Isabel II acabou coa revolución coñecida como La Gloriosa que abriu unha época democrática e republicana que fracasou. Nos últimos anos do reinado de Isabel II viviuse unha grave crise:
Producíronse revoltas no campo e nas cidades pola fame e os problemas económicos.
Os progresistas, republicanos e demócratas eran excluídos do poder. Tanto a burguesía como os militares distanciáronse do réxime debido ao exceso de autoritarismo do goberno.
A raíña era cada vez máis impopular xa que se dicía que levaba unha vida escandalosa e que se preocupaba pouco polo goberno.
En 1866 os progresistas, demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende para a expulsión dis Borbóns e a democratización da política.
As revolucións de 1868 e a monarquía de Amadeo I
En 1868 produciuse un pronunciamento para depoñer a Isabel II, dirixido por Serrano e Prim. Creáronse xuntas revolucionarias para controlar as provincias e cidades. A revolución triunfou rapidamente e a raíña viuse obrigada a deixar España.
Constituíuse un goberno provisional presidido por Serrano que convocou as Cortes constituíntes. As Cortes aprobaron a Constitución de 1869 que tiña unha ampla declaración de dereitos e instauraba o sufraxio universal masculino. Mantíñase a monarquía e nomeábase rexente a Serrano.
O xeneral Prim( presidente) nomeou rei a Amadeo de Saboia que era un rei moderno e demócrata. Pero a súa posición foi débil xa que contou coa oposición dos monárquicos( rei non democrático), da Igrexa (contra ideas progresistas), dos republicanos e de parte da poboación por ser estranxeiro.
No seu reinado estouraron dous conflitos: unha insurrección en Cuba e unha nova guerra carlista. Amadeo acabou por abdicar.
A primeira república
Ante a dificultade para encontrar un rei proclamouse a Primeira República (1873).
A república naceu con graves problemas. A maioría dos grupos políticos eran monárquicos e os republicanos estaban divididos entre os que querían república federal e unitaria. O reflexo desta división foi o estourido do movemento cantonalista que levou a creación de repúblicas independentes en Cataluña, Málaga e Cartaxena; movemento duramente reprimido.
A República tivo que enfrontarse ao estourido da terceira guerra carlista e da guerra en Cuba. O xeneral Pavía deu un golpe de Estado e disolveu as Cortes en xaneiro de 1874. A I república durara solo 11 meses.
Tras o golpe de Estado, o xeneral Serrano presidiu o goberno durante un ano. Mantivo as formas republicanas pero non o espírito de reforma e modernización por iso ninguén se opuxo cando un novo golpe de Estado en decembro de 1874 restaurou a dinastía dos Borbóns.
Cantonalismo: Movemento que tiña como obxectivo a creación de Estados soberanos e federados dentro de España.
A Restauración : a volta a monarquía constitucional
Tras a Restauración da monarquía dos Borbóns houbo unha etapa de estabilidade política.
A constitución de 1876 contentaba tanto aos moderados como aos progresistas, e estableceuse unha alternancia pacífica destes partidos no poder.
O Xeneral Martínez Campos proclamou rei a Alfonso XII,en 1874, co que daba comezo a Restauración. O novo rei , partidario da monarquía constitucional nomeou presidente a Cánovas del Castillo.
Cánovas púxolle fin a guerra de Cuba e á guerra carlista e creou un novo sistema político no que tiñan cabida todos os partidos que aceptasen a monarquía constitucional.para organizar este sistema político baseouse en : unha nova Constitución e a alternancia no poder.
A constitución de 1876
Tiña un carácter conciliador, incorporaba principios moderados e progresistas. Tiña unha ampla relación de dereitos e liberdades( demócratas e progresistas) e proclamada a confesionalidade do estado e a soberanía compartida entre as Cortes e o rei( moderados).
O sistema de quendas pacífico
O exercicio do poder quedou asignado a dous partidos que aceptaban a monarquía constitucional e que se alternaban no goberno de maneira pacífica(alternancia política). Estes partidos eran:
Conservadores dirixidos por Cánovas. Eran defensores da Igrexa e do orden social.
Liberais dirixidos por Sagasta. Desenvolveron importantes reformas sociais e aprobaron o sufraxio universal masculino (1890).
O monopolio do goberno por conservadores e liberais foi posible pola existencia da corrupción electoral. O rei decidía o partido que ía formar goberno e despois convocábanse eleccións que se amañaban para que gañase ese partido.
No campo os caciques forzaban a poboación rural a que votase ao partido que conviña. (Caciquismo)
Nas cidades manipulábanse os votos se os resultados non eran os esperados.(Pucheirazo)
Así fabrícanse resultados electorais que lles daban alternativamente a vitoria a conservadores e liberais. Durante un longo período de tempo este sistema proporcionoulle estabilidade á política española.
A oposición ao sistema
Este sistema político deixaba fora tres grupos: anarquistas, socialistas e nacionalistas.
Anarquistas: Xurdiron tras a revolución de 1878. Cataluña e Andalucía. Foron duramente perseguidos debido aos atentados que cometían. Tras algún tempo de desorganización fundaron a Confederación Nacional do Traballo(CNT).
Socialistas: Dirixidos por Pablo Iglesias que fundara en 1879 o PSOE. Anos despois creouse a UXT.
Nacionalistas: Reaccionaron contra a creación dun Estado centralizado. Cataluña, País Vasco e Galicia.