Anatomía e Fisioloxía do Oído Humano: Funcionamento da Audición e o Equilibrio
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,52 KB
PUNTO 4: O Oído Humano
Oído Externo
O oído externo inclúe:
- Pavillón auricular ou orella: formado por cartilaxe e pel. Capta as ondas sonoras e diríxeas ao interior do oído.
- Conduto auditivo externo: con glándulas sudoríparas modificadas que xeran o cerume. Finaliza na membrana timpánica ou tímpano.
Oído Medio ou Caixa do Tímpano
Situado no óso temporal, contén tres ósos finos: martelo, bigornia e estribo, e a membrana do tímpano, conectados entre si para transmitirse as vibracións. Hai dúas fiestras cara ao oído interno e unha comunicación coa farinxe pola trompa de Eustaquio, para igualar as presións a ambos os lados do tímpano.
Oído Interno ou Labirinto
Cunha parte ósea e outra membranosa:
- Zona externa ou labirinto óseo: con tres áreas: caracol, vestíbulo e canles semicirculares. Está reenchido de perilinfa, un líquido parecido ao cefalorraquídeo.
- Zona interna ou labirinto membranoso: con utrículo e sáculo (dentro do vestíbulo óseo), conduto coclear (dentro do caracol ou cóclea) e canles semicirculares membranosas (dentro dos óseos). As estruturas membranosas do labirinto conteñen un líquido chamado endolinfa.
A Mecánica da Audición
As vibracións ou ondas sonoras que transmite o aire son captadas nas orellas e dirixidas polo conduto externo ata o tímpano, ao que fan vibrar. Esta vibración segue pola cadea de ósos finos do oído medio, enlazados entre si e co tímpano, e chega á endolinfa do interior do conduto coclear, situado dentro do caracol, no oído interno.
A Mecánica do Equilibrio
Hai dous tipos de sensacións de equilibrio:
Equilibrio Estático
Informa sobre a posición da cabeza e a aceleración lineal. Percíbese no utrículo e o sáculo do vestíbulo óseo, onde unhas células ciliadas detectan a situación dunhas partículas sólidas (otólitos) nunha matriz xelatinosa. Os cambios de posición son o estímulo que se transmite como impulso nervioso.
Equilibrio Dinámico
Informa acerca da rotación ou xiro. Percíbese nas canles semicirculares que posúen as tres direccións do espazo. O xiro move a endolinfa dentro das canles, o que é percibido polos cilios das células sensoriais da base das canles (ampolas).