Análise da Inmigración Española: Perfil, Impacto e Xestión
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,75 KB
A Inmigración Estranxeira
Características
Desde mediados dos anos 1980 e 1955, España estaba a recibir un elevado volume de inmigrantes e en 2008 superaba os 5 millóns de persoas entre os nacionalizados, legais e ilegais. As causas, por parte española, son a necesidade de man de obra e certas medidas que atraen a novos inmigrantes, como a regularización de ilegais. Por parte dos inmigrantes estranxeiros, inflúen motivos económicos e políticos.
A procedencia dos inmigrantes foi maioritariamente europea, pero desde entón predominan de África, Iberoamérica e Asia. O perfil depende da súa procedencia: poden ser comunitarios xubilados cun nivel medio alto e boas condicións ou extracomunitarios mozos que veñen a España por motivos económicos ou políticos e realizan traballos de baixo servizo.
As Consecuencias da Inmigración
As consecuencias da inmigración poden ser:
- Demográficas: Os inmigrantes contribuíron decisivamente ao crecemento demográfico de España nos últimos anos, grazas a iso evitouse o decrecemento demográfico.
- Económicas: A inmigración achega poboación activa que desempeña as tarefas máis duras e peor remuneradas e colabora co PIB. A inmigración tamén se relaciona con algúns problemas como a perda de competitividade e a presión á baixa sobre os salarios.
- Sociais: Xurdiron actitudes racistas entre algúns sectores que consideran a emigración como unha invasión. Moitos inmigrantes sofren duras condicións laborais e malas condicións de vida e por iso son responsabilizados de xeito inxusto e abusivo de certos delitos e de formas de vida pouco edificantes. As dificultades de integración debidas a certas diferenzas poden suscitar tensións coa poboación autóctona.
A Política de Inmigración Española
A política de inmigración española ten como fin que a inmigración resulte beneficiosa para todas as partes implicadas. O marco da política inmigratoria está constituído pola política de asilo e inmigración da UE e pola Lei de Estranxeiría.
A política sobre asilo e inmigración estableceuse en 1999 e supón a creación dun sistema común de asilo e de visados e a cooperación dos países membros contra a inmigración clandestina mediante o intercambio de información e control das fronteiras da UE. A Lei de Estranxeiría regula todos os aspectos da inmigración.
As medidas da política de inmigración española son: a colaboración cos países emisores, a ordenación dos fluxos migratorios seleccionando o tipo de inmigrantes e organizando a súa chegada, o impulso da integración promovendo a súa promoción social e a loita contra a emigración clandestina mediante a colaboración cos países de orixe.
A Estrutura por Sexo e Idade
Estrutura por Sexo
A estrutura por sexo é a relación entre o número de homes e mulleres que compoñen unha poboación. Esta relación mídese mediante as taxas de masculinidade ou feminidade; canto máis se afaste o índice de 100, maior será o desequilibrio entre sexos.
Os factores que inflúen na estrutura por sexo son: o nacemento (sempre dun maior número de nenos), a maior esperanza de vida das mulleres e as migracións (dado que adoitan emigrar máis varóns).
En España, estes factores fan que nas idades novas predominen os homes e na idade adulta os efectivos se igualen, pero ao final predominan as anciás pola súa maior esperanza de vida.
Estrutura por Idade
A estrutura por idade é a composición da poboación por grupos de idade: mozos (de 0 a 14 anos), adultos (de 15 a 64 anos) e anciáns (máis de 65 anos).
Os factores que inflúen son a natalidade (no número de mozos), a esperanza de vida (no número de anciáns) e as migracións (dado que os migrantes son habitualmente novos).
En España, a estrutura por idade atópase envellecida. As causas disto son o forte descenso da natalidade, que reduciu o número de mozos, e o aumento da esperanza de vida. As comunidades con maior porcentaxe de mozos son as que mostran as maiores taxas de natalidade e esperanza de vida baixa ou gran inmigración. As comunidades máis envellecidas son as que no pasado se viron moi afectadas pola emigración e contan actualmente con baixas taxas de natalidade, alta esperanza de vida e un sobreenvellecemento polo retorno de antigos emigrantes.
As consecuencias do envellecemento son a desaceleración económica e a elevación dos gastos en pensións, que procede de que o seu financiamento non dependa das cotizacións efectuadas polas persoas xubiladas durante a súa etapa laboral, o incremento dos gastos sanitarios debido ao consumo maior dos anciáns e os coidados e atencións destes.